Transformación Urbana en Galicia: Génesis y Evolución Medieval

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 14,22 KB

Transformacións do mundo urbano en Galicia

1. Un débil punto de partida

Salvo Lugo, hai unha feble herencia urbanística romana. Na época suevo-visigótica considéranse tamén enclaves urbanos as outras sés episcopais, con funcións moi limitadas. Na Alta Idade Media nace Compostela, un caso excepcional. Malia a súa singularidade, hai unha relativa debilidade desta cidade. Avatares de sés episcopais como Tui ou Ourense, ou o traslado de Dumio a Mondoñedo, inciden na debilidade do panorama urbano.

As cidades anteriores ao século XII, como o resto de hábitats, están moi alonxadas da costa. Algúns emprazamentos urbanos van quedándose obsoletos ante as novas realidades. Destacamos o caso de Mondoñedo, onde no 1117 abandonase San Martiño por Vilamaior de Vallibria. Tamén observamos traslados en Tui e en Betanzos.

Dende o século XII, aparecen mecanismos xerais de renovación da vida urbana do Occidente Medieval. Especial mención en Galicia, cunha promoción de vida urbana levada a cabo pola monarquía mediante a concesión de foros e cartas de pobramento. Isto foi unha estratexia de limitación do poder na nobreza e a Igrexa. Non todas as pobras acabarán sendo auténticos enclaves urbanos. A renovación urbana de Galicia foi definida como “rural e protourbana”.

Tendo en conta que boa parte das cidades medievais galegas deben pouco aos períodos anteriores... parece máis atinado falar de aparición da vida urbana en Galicia que de renovación.

2. A rede urbana costeira

A maior parte das fundacións costeiras prodúcense despois do ano 1200. O mar deixa de ser, pouco a pouco, orixe de perigos (normandos, piratería sarracena...). A revitalización do comercio por vía marítima maila posición estratéxica de Galicia, fan do control da costa un obxectivo das institucións señoriais e da monarquía.

Debemos destacar o caso da Coruña. Con Alfonso VII, atribúeselle a Pedro Froilaz a fundación de Burgo de Faro (actual O Burgo, en Culleredo). Situado no fondo da ría de Coruña, na desembocadura do río Mero, a certa distancia da torre e do antigo “porto” romano. Estaba controlado pola monarquía e, dende ben cedo, tamén pola Orde do Temple que tería aquí a cabeceira dunha das súas bailías máis poderosas, a fortaleza e a base da súa frota.

No ano 1161 o Arcebispo compostelán protesta ante Fernando II. Argumenta que Burgo de Faro é competencia para Padrón, daquela o principal porto arcebispal de Compostela. O rei acepta e concede a metade do Burgo de Faro a Igrexa de Santiago, quedando a outra metade para a Orde do Temple.

Alfonso IX, malia os acordos feitos polo seu pai, persiste en defender a presencia activa da Coroa na zona. Planea crear unha nova poboación na entrada da ría, preto do faro, a carón do vello emprazamento romano. Terá que compensar ao Temple, a Santiago e a Sobrado, as tres institucións con máis intereses en Burgo de Faro e na comarca, as cales se verían prexudicadas pola nova fundación.

A data de fundación da vila podería ser o 1208, por Alfonso IX, e no o ano 1210 concédeselle o foro de Benavente. A cidade nun inicio estaba situada nas inmediacións do Perrote. Orixinalmente só existía a cidade en si, mais co tempo vai ir xurdindo un novo núcleo, a “Pescadería”. A cidade de Coruña manterá o reguengo (vínculo ca monarquía) ao longo de toda a Idade Media.

Cabe mencionar a disputa entre Fernando II e Santiago polas cidades portuarias do Sur. A Igrexa compostelá tiña presenza en boa parte da costa atlántica galega. Ante isto, no 1168 Fernando II promove a fundación da vila de Noia para que os peregrinos por mar poidan evitar o portádego arcebispal de Torres de Oeste. Un ano despois, ante unha gran presión da Igrexa, o rei dóalle Noia á Igrexa.

Pontevedra fúndase por Fernando II no ano 1169, un ano despois da cesión de Noia a Santiago. A base de partida é unha vella ponte sobre o Lérez arredor do que había un pequeno enclave. Outra vez ante a presión de Santiago, logo de que o mosteiro de Poio se sentise atacado por esa fundación, no ano 1180 Fernando II cede a cidade ao arcebispado. Pontevedra vai ser un dos principais portos comerciais de Galicia, cun crecemento e sólida implantación nos séculos XIII-XIV-XV.

Con respecto á costa cantábrica, Fernando II fundará Ribadeo no 1182. Os bispos de Mondoñedo trasládanse a Ribadeo. Máis que velo como un novo exemplo de competencia entre os bispos e a coroa. Esta é unha fórmula de consolidación da vida urbana nun territorio pouco frecuentado pola monarquía. Alfonso IX, no 1198, volcado na promoción de cidades no litoral, impón señorío real exclusivo sobre Ribadeo. Por outra banda, Viveiro será fundado entre 1190-1210, e será, polo contrario, do señorío mindoniense.

Por último, debemos mencionar as vilas do litoral sur. No ano 1201, Alfonso IX funda Baiona. Faino nun dos poucos espazos das rías meridionais non monopolizados polo Arcebispo compostelán, sobre un emprazamento previo, Erizana, couto do mosteiro de Oia. A ubicación da nova vila foi buscando un punto de máximo cabotaxe para que puideran fondear barcos grandes. O historiador E. Ferreira cree que o nome elixido foi un xesto á Baiona francesa, buscando atraer barcos desa procedencia. A cidade foi eminentemente reguenga.

Deste modo, a monarquía controla tres portos estratexicamente distribuídos polo litoral galego: Ribadeo, A Coruña e Baiona.

O último enclave urbano é A Guarda, o cal existe como tal dende o 1195 polo menos. Descoñécese o momento exacto da fundación, mais polo seu nome e emprazamento, a razón principal tería que ser de carácter defensivo fronte a Portugal.

3. Os camiños de peregrinación como elemento de urbanización

A peregrinación actuou como elemento que atrae xentes de diversos lugares, foi activadora do comercio, xeradora de necesidades hospitalarias, etc. Tamén actuou como eixo vertebrador da urbanización, o Camiño Francés foi salpicado por cidades nacidas ou revitalizadas pola peregrinación, como Nájera, Carrión ou Sahagún. Tamén pequenos burgos xurdidos xunto a pontes, mosteiros do Camiño, hospitais...

O primeiro gran enclave urbano do Camiño de Santiago en Galicia foi Portomarín. O paso do Miño neste enclave fixo que, a comezos do XII, fora construída unha ponte polo que transitaran os peregrinos. A obra é atribuída a Pedro Peregrino. No ano 1126 a raíña Urraca ordena a construción do hospital para peregrinos “Domus Dei”.

Portomarín foi constituído como un dos fitos principais do Camiño en Galicia e cun perfil urbano agora dificil de adiviñar. No ano 1158, Fernando II concede a Portomarín a Orde de San Xoán de Xerusalén (hospitalarios). A importancia do enclave queda demostrada pola presenza do Temple e Santiago na outra orilla. Portomarín foi trasladado pedra a pedra pola construción dun embalse.

Outro gran enclave urbano do Camiño fundado nesta época é Sarria. A creación de Vilanova de Sarria e feita por Afonso IX a finais do século XII, lugar no que vai falecer no 1230. A ponte, os hospitais e os conventos xa apareceron na Idade Media.

4. As vilas do interior

As fundacións urbanas do interior comezaron moi cedo, xa con Alfonso VII. Ademais da consolidación das cidades episcopais, Allariz ou Monforte de Lemos son exemplos desta rede urbana de interior. Allariz debeu recibir o foro a principios do século XII. No ano 1122 consta que xa tiña dereito a organizar unha feira. Recibirá novos foros no 1154. En principio foi un vila real. A vila vai crecendo e gañando importancia nos séculos XII e XIV. Destacan a fundación dun gran proxecto monástico como o convento de Santa Clara, e a activa comunidade xudía que ten.

Monforte de Lemos xurde a partir do mosteiro benedictino de San Vicenzo do Pino e dun castelo anexo. No ano 1104, có consentimento do ceobio, os condes Froila e Estefanía deciden fundar unha pobra “ab radicem montium” que, inicialmente, leva o mesmo nome que o mosteiro. No ano 1199, Alfonso IX crea a nova vila nas orillas do Cabe e lle cambia o nome polo de Monforte.

Outro exemplo de vilas de interior é Castro Caldelas. O foro concedido por Fernando II no 1172, e confirmado por Alfonso IX no 1228. Este é o posible primeiro documento en galego.

Algunhas das fundacións reais no interior tiveron función eminentemente defensiva, en especial a raíz da independencia portuguesa. Verín, no 1223, é poboada por Alfonso IX para defender o val de Támega. Milmanda, malia non chegar a ser núcleo urbano, recibe o foro no 1228.

5. A vida nunha cidade medieval galega: o exemplo de Santiago

Compostela é unha cidade en permanente construción. A segunda muralla é construída en tempos de Cresconio (1037-1068), de 2kms de lonxitude, cubrindo unha superficie de 30 hectáreas. Dotada de sete portas que o LSI identifica cos principais camiños: Porta do Camiño (Camiño Francés), Porta da Mámoa (de Sussanis), Porta de Mazarelos, Porta Faxeira (Camiños portugueses e Padron), Porta da Trinidade ou de Santo Peregrino (cemiterio de peregrinos), Porta de Subfratibus (San Francisco) e a Porta da Peña (Camiño Inglés)

A muralla de construción máis ben endeble, cunha continúa necesidade de reparación, sendo un dos principais gastos do concello. A poboación desbordaba o recinto amurallado e o poder municipal vai decaendo e amuralla deixou de ser atendida.

A Catedral era inacabable, aínda máis que a muralla, era a principal obra construtiva da cidade. Comeza no 1075, pasou por diversas fases de obras aceleradas e outras de baixa intensidade: 1075-1088 con Pelaez; 1100-1144 con Xelmírez, 1168: encargo das obras ao mestre Mateo, 1211: consagración solemne con Alfonso IX e arcebispo Pedro Muñiz. Con Xoán Arias (1237-1266) comezan as obras dunha nova cabeceira gótica que suporía unha grande ampliación do templo (chegando as escaleiras da Quintana), Cénit construtivo medieval. Quedou nun simple proxecto.

A nova Catedral vai xerar novos espazos urbanos en forma de prazas e un novo deseño de rúas. Xelmírez promove unha auténtica política urbanística, cedendo terreos baleiros para a construción de novas vivendas. O solar tipo era de catro metros de ancho por oito de fondo.

Ademais da Catedral, en tempos de Xelmírez hai unha ouleada construtiva. Temos a construción de Igrexas e mosteiros na cidade e arrabaldes, como Santa Susana, Santa María de Conxo e Santa María de Sar, sumado a reconstrución de Igrexas xa existentes. Por todo isto pode dicirse que nos séculos XII e XIII unha das actividades laborais e económicas máis importantes da cidade era a construción.

Ademais da actividade construtiva, debemos destacar a importancia da peregrinación. Isto xerou a necesidade de hospitais e pousadas para peregrinos. Tamén artesanía de obxectos de luxo para os peregrinos e recordo da peregrinación. O centro neurálxico desa actividade coas peregrinos era a Praza do Paraíso, na Fachada Norte (Acibechería) onde temos rexistros de cunchas e emblemas xacobeos, calzados e produtos de coiro, especias e medicinas. Ao outro lado cambiadores e a Casa da Moeda.

Con respecto a outras prazas e as súas funcións económicas, cabe destacar a Praza do Campo (Cervantes) e a Praza de Mazarelos. A Praza do Campo (Cervantes), no século XII foi denominada Foro. Era una espazo público no que se comunicaban acordos co concello e as ordenanzas arcebispais. Co tempo vai adquirindo unha función mercantil.

A Praza de Mazarelos era un punto de entrada ao mercado, por onde entraba o viño, as verduras e os cereais. É considerado o primeiro mercado de abastos da cidade.

Extramuros debemos destacar a leprosería en San Lázaro, fundada no 1149 e tamén o Arrebalde de San Pedro, onde había postos de concheiros e albergues. Ao sur, predominancia do bosque: faias e fagueiras (Porta Faxeira) con Santa Susana e lazareto feminino de Santa Marta e dous arrabaldes nacidos xunto a sendos mosteiros fundados en tempos de Xelmírez, Sar e Conxo (monxas benedictinas).

Entradas relacionadas: