Transformación Industrial e Impacto Social: Da Primeira Revolución á Era Dixital

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 4,17 KB

A Revolución Industrial: Orixes e Impacto

A maioría da poboación vivía no campo. As familias elaboraban os obxectos que precisaban ou os encargaban aos obradoiros artesáns.

Na segunda metade do século XVIII, en Inglaterra xorde o modo de produción industrial, realizado en fábricas e apoiado na mecanización e na división do traballo. Isto permitiu a produción a grande escala, é dicir, fabricar gran cantidade de produtos iguais en menos tempo e cun custo menor. Así, baixáronse os prezos de venda dos produtos e fixéronse máis accesibles.

As transformacións económicas e sociais foron tan profundas que se fala de Revolución Industrial. Esta foi a primeira, aínda que non alcanzou todos os países.

Conceptos Clave da Primeira Revolución Industrial

  • Débeda Externa: diñeiro que os países deben a outros países ou organismos internacionais.
  • ONG (Organizacións Non Gobernamentais): entidades privadas con fins non lucrativos que poñen en marcha proxectos humanitarios.

A Cuarta Revolución Industrial: A Era Dixital

Cos novos desenvolvementos tecnolóxicos e a hiperconectividade que caracteriza as sociedades máis avanzadas está conducindo ao que moitos chaman a 4ª Revolución Industrial.

Consiste na aparición de procesos de dixitalización en todas as fases produtivas das fábricas e no uso de sistemas de información capaces de analizar e procesar gran cantidade de datos que faciliten a toma de decisións para mellorar a eficiencia. As fábricas convértense en centros de produción automatizados e dixitalizados, que requiren menos man de obra e unha nova estrutura e organización do traballo nas empresas.

Automatización e Robótica de Procesos

A automatización industrial non só a realizan robots físicos. Tamén se introduce cada vez máis a robótica de procesos, software deseñado para aprender da experiencia e ser capaz de realizar as tarefas informáticas repetitivas dunha empresa de maneira rápida e fiable (contabilidade, financeiros, almacenaxe...).

A Terciarización na Industria Actual

Hoxe en día, as empresas industriais adoitan destinar unha porcentaxe do capital a investigación e innovación tecnolóxica. Só así poden manterse nun mercado mundial cada vez máis competitivo.

Un número crecente destas empresas desenvolven servizos periféricos, é dicir, non relacionados directamente co proceso de fabricación en si, pero que se consideran básicos para o bo funcionamento empresarial. Actividades como o marketing, a loxística, o deseño... que pertencen ao sector terciario, agora se integran no proceso industrial.

Definicións Clave: Desenvolvemento

  • Desenvolvemento: proceso de xerar cambios.
  • Desenvolvemento Sostible: satisfacer as necesidades sen comprometer as xeracións futuras.

Indicadores de Desenvolvemento Humano

  • IDH (Índice de Desenvolvemento Humano): indicador de factores económicos, políticos, sociais e culturais.
  • Carencia Material Severa: cando unha persoa non pode acceder polo menos a catro de nove conceptos estimados de consumo básico.

A Pobreza: Definición e Factores

É a falta de recursos económicos para poder levar un país adiante.

Factores que Indican a Pobreza

  • Fame e Malnutrición: inxesta de alimentos inferior á necesaria. Nos casos máis extremos, falamos de fame e desnutrición.
  • Falta de acceso a atención sanitaria.
  • Falta de acceso a auga potable.
  • Baixo nivel educativo (falta de acceso á educación).
  • Paro e calidade do emprego.
  • Traballo infantil.

Indicadores de Pobreza

  • Fame no país.
  • A xente ten menos fillos.
  • Emigración en busca dunha mellor economía.
  • Falta de liberdade de expresión.
  • Desnutrición e malnutrición.

Entradas relacionadas: