Transformación Educativa: Da Modernidade á Posmodernidade

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,65 KB

A Modernidade e o Paradigma do Estado

Implántase unha nova concepción do Estado: o paradigma do humano, civil e cidadán como ser autónomo e libre que se pode perfeccionar por medio da educación. A educación pasa a ser o medio necesario para converternos en seres autónomos, libres e iguais. No século XI podemos dicir que a educación queda reducida á educación instrumental; todo o demais é secundario. As luces da modernidade baséanse nos principios de: racionalidade, liberdade, igualdade, autonomía, progreso, universalismo, secularización e democracia.

A Ilustración Esquecida e as súas Sombras

Pero a modernidade tamén ten unha cara oculta: xorde un crebamento do universalismo e da igualdade, xa que a metade da humanidade quedaba fóra das luces da razón. O século XVIII é un período significativo polo que respecta á existencia das mulleres como colectivo e hai un cambio de mentalidade en Europa; os individuos pasan a ser considerados como cidadáns iguais ante a lei. Hai unha serie de autores que pertencen á ilustración esquecida, como son:

  • Poullain de la Barre: claridade e igualdade.
  • Condorcet: igualdade.
  • Olympe de Gouges: precursora dos dereitos da muller.
  • Madame Roland.
  • Mary Wollstonecraft: reivindica os dereitos da muller.
  • Claire Lacombe: formou a sociedade de republicanas e revolucionarias e foi capitá dos arrabaldes de París.
  • Josefa Amor y Borbón: defende o dereito á educación das mulleres.

En canto ás sombras, nos inicios da modernidade, ilustrados e ilustradas cuestionaron o principio da igualdade (o discurso). Pódese dicir que hai uns ilustradores que quedaron ocultos na modernidade, chamados filósofos da sospeita, como son: Freud, Nietzsche e Marx. Ambos sospeitan e cuestionan o credo da modernidade, criticando o concepto de verdade e racionalidade. Ademais, os mitos da modernidade (suxeito, razón, progreso...) sofren unha profunda crise.

A Escola de Frankfurt

No século XX xorde unha crítica á sociedade na que destacan dous autores:

  • Horkheimer: fai unha crítica da razón instrumental, contrapón a racionalidade crítica coa racionalización e defende que a racionalidade crítica debe ser histórica, dialéctica, racional e negativa.
  • Adorno: postula que a teoría crítica debe actuar desde un uso crítico da razón, rexeitando aquilo que sexa irreconciliable coa razón.

Na actualidade, o referente da escola de Frankfurt é Habermas, quen, a diferenza dos anteriores autores, defende a teoría da acción comunicativa, baseada na acción colectiva, no diálogo e na expresión das persoas.

POSMODERNIDADE

A posmodernidade supón unha ruptura coa modernidade, o cambio de época, o final do proxecto da modernidade, da ilustración europea e da civilización grega e occidental; é dicir, unha nova forma de ver o mundo. Na posmodernidade cuestiónase a modernidade e o fin do colonialismo; é unha época de cuestionamento e crebamento dos dogmas e principios da modernidade.

Filosofía da Diferenza e Deconstrución

O punto de partida da posmodernidade é Nietzsche, quen, pertencendo á modernidade no século XIX, xa a cuestionaba. Este filósofo di que a verdade non existe, que está contaminada por factores externos e que a verdade non é máis que unha ficción. O posmodernismo é un paradigma de teorías onde se subliña a diferenza e se enfatiza a diversidade, a heteroxeneidade e o recoñecemento, poñendo en valor a diferenza. Isto vai dar lugar a dúas interpretacións da educación: a interculturalidade e o multiculturalismo.

A posmodernidade parte da filosofía da diferenza, unha nova categoría de análise. Vai ser o citado dun método que é a deconstrución: que consiste en descompoñer o todo nas súas partes para analizalo e recompoñelo noutras perspectivas. Non existe a verdade, existen as interpretacións. Todo depende do contexto e da lectura que fagamos do texto.

Características e Caracterización da Posmodernidade

A posmodernidade ten as seguintes características:

  • Pluralidade e recoñecemento da diferenza.
  • Pluralidade fronte á individualidade.
  • Collage: debemos poñer en valor a diversidade.
  • Deconstrución: apóstase por unha relectura e revisión.
  • Atención ás minorías.
  • Rexeitamento aos metadiscursos e ao narcisismo.

A posmodernidade pódese definir en tres eixes: a morte do suxeito, da historia e do progreso. En canto á caracterización da posmodernidade, destacamos:

  • Rexeitamento das accións propagadas pola modernidade.
  • Crise da confianza na razón e no progreso.
  • Cuestionamento da supremacía do coñecemento científico.
  • Interese pola historia.
  • Primacía dos ideais de solidariedade, liberdade, emancipación e paz.
  • Rexeitamento do discurso universalizado.
  • Carácter antimetafísico: imposible alcanzar verdades absolutas.
  • Privilexia o pluralismo, a diferenza, a heteroxeneidade e a descontinuidade.
  • Compromiso coas minorías de sexo, étnicas e lingüísticas.

Multiculturalismo, Comunitarismo e Interculturalidade

En canto ao multiculturalismo, destacamos a necesidade de recoñecemento xurídico-político de culturas diferentes. Por culturas diferentes enténdense tanto as culturas minoritarias como as maioritarias existentes nunha cultura que foron excluídas ao longo da historia e aínda o son na actualidade. Dentro da posmodernidade tamén debemos solventar:

  • Comunitarismo: enténdese que, ademais dos dereitos do individuo, hai ou ten que haber dereitos colectivos como o dereito á autodeterminación de pobos, etnias ou culturas.
  • Contractualismo: defende a democracia liberal e, polo tanto, as políticas multiculturais débense cinguir a defender a todos os individuos (igualdade de oportunidades).
  • Interculturalidade: enfatiza a interacción entre os suxeitos e entidades culturalmente diferenciadas. Tamén é enfática no recoñecemento a partir dos puntos en común, sobre a aprendizaxe mutua, a cooperación e o intercambio.

Entradas relacionadas: