A Tradición Oral Galega: Literatura Popular, Xéneros e Homenaxe ás Cantareiras

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,08 KB

Que é a literatura popular?

  • Transmítese oralmente de xeración en xeración.
  • Preséntase de diferentes formas: falada, cantada, bailada e teatralizada.
  • Forma parte da cultura do pobo ao que pertence.

Características principais

Transmisión oral e recollida escrita

As composicións recóllense por escrito en libros, cancioneiros, antoloxías...

Carácter anónimo

Autoría descoñecida e recreacións colectivas.

Variabilidade

A partir dun texto orixinal, existen diferentes versións.

Función lúdica e didáctica

A súa función é entreter, divertir e tamén ensinar.

Público xeral (o pobo)

Os seus receptores son grupos de persoas numerosas.

Recursos para o ritmo e a memorización

Utilízanse retrousos, paralelismos... A expresión é sinxela e pouco artificiosa.

Temática variada

Normalmente os temas teñen que ver cos costumes propios do pobo: labores, historias da infancia, festas...

Xéneros variados

Contos, lendas, adiviñas, refráns, cantigas...

Xéneros principais da literatura popular

O Conto

  • Relato en prosa.
  • Emprega fórmulas de inicio e de peche.
  • Localízase nun espazo e tempo indeterminados.
  • Os personaxes son seres humanos e reais, ou animais e personaxes fantásticos.
  • A súa finalidade é lúdica.
  • Segundo o contido poden ser: marabillosos, de animais, de costumes ou humorísticos.

A Lenda

  • Narración sobre feitos reais ou sobrenaturais.
  • A historia preséntase como un feito real.
  • A acción sitúase nun tempo e lugar determinados.
  • A súa finalidade é explicar feitos naturais ou históricos.
  • Segundo a temática poden ser: etiolóxicas, haxiográficas, míticas e históricas.

A Cantiga

Composición breve destinada ao canto, con variedade de temas e formas.

Segundo os temas, son:

  • Cantigas infantís
  • Cantigas de labor
  • Cantigas de divertimento
  • Romances

Exemplo de Cantiga Infantil

Este é o dedo meniño, este é o seu sobriño, este é o pai de todos, este é o furabolos e este, o matapiollos.

Exemplo de Cantiga de Labor

A vida do arrieiro é unha vida apenada; nin oe misa o domingo nin dorme sono na cama.

Estrutura da Cantiga

A estrofa máis habitual é a copla (estrofa de 4 versos octosílabos con rima asoante nos pares).

Quen son as cantareiras homenaxeadas?

As cantareiras homenaxeadas son:

  • Adolfina e Rosa Casás (Cerceda)
  • Eva Castiñeira (Muxía)
  • As Pandereteiras de Mens (Malpica): Manuela Lema, Teresa García, Prudencia Garrido e Asunción Garrido.

Adolfina e Rosa Casás

  • Orixe: Vila da Igrexa, Cerceda.
  • Relación: Tía e sobriña.
  • Actividade: Cantaban a dúo de mozas.
  • Función: Eran contratadas moitas veces para amenizar festas e labores.
  • Descubrimento: Foron descubertas por Dorothé Schubart en 1983.

Eva Castiñeira

  • Orixe: San Martiño de Ozón, Muxía.
  • Actividade: Non forma parte de ningunha asociación nin agrupación, mais canta a dúo coa súa irmá Engracia.
  • Descubrimento: É descuberta por Martín Fernández Maceira, compoñente fundador da discográfica Ruada.
  • Fito: Participa nun concerto de Milladoiro, a primeira fusión entre a tradición oral e a música folk.

As Pandereteiras de Mens

  • Integrantes: Prudencia Garrido Ameijenda, Asunción Garrido Ameijenda, Manuela Lema Villar e Teresa García Prieto.
  • Descubrimento: Foron descubertas por Manuel Cajaraville.
  • Asociación: Integradas na Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña.
  • Importancia histórica: Primeira formación de mulleres que subiron aos escenarios con cantos tradicionais.
  • Traxectoria: Actuaron de maneira profesional en diferentes países, acudiron a estudos de televisión e gañaron concursos.

Entradas relacionadas: