Topónimos galegos de orixe romana e prerromana
Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,77 KB
A Coruña
Para algún o topónimo é de orixe romana. Procede de acruniam que significaría península. Debido a unha mala interpretación considerouse un falso artigo é de ahí a crunia A Coruña. Outra explicación considera que probablemente procede do topónimo de raíz celta Cluniam. Esta explicación apoiase na existencia na hoxe de Coruña del Conde (Burgos), a cidade romana de Clunia Sulpicia. Hai quen explica este topónimo a partir da raíz preromana Cor- /car- que significa “pedra, rocha”.
Aciveiro
O ilex aquifolium (esixe una variante latina con aci- como primeiro elemento, acicŭla/acucŭla) recibe en galego as denominacións de acevo, acivo, acevro, acivro e outras formas derivadas. En castelán é acebo. Os derivados mediante o sufixo –ariu poden ter valor colectivo. Pode confluír na toponimía con zootopónimos derivados de *eciferu (< equu feru), cf. infra Cebreiro.
A Estrada
De (viam) stratam, nome alusivo aos diferentes “estratos, ou niveis” con que os soldados romanos construían as vías.
Armenteira
De armentariam e este de armentum “grea” ou “rabaño de gando maior.
Astorga
De Asturicam Augustam. Asturica era o nome da antiga capital dos astures. Augusta débese ao emperador Octavio Augusto. A cidade nace como campamento romano da Legio X Gemina a finais do a.C.
Bembibre
Hai quen considera que este topónimo ten unha orixe prerromana, Paemeiobris “fortaleza entre ríos”. Outra explicación defende que deriva de Bene vivere “ben vivir”, expresión latina medieval que faría referencia á “bondade do terreo”.
Bierzo
A orixe deste topónimo é prerromana. Procede de Bergidum, posiblemente do celta berg “montaña”. A diptongación do e breve tónico é un proceso extraño en galego e próximo ao astur-leonés.
Bonaval
Procede de bonam vallem “val bo”.
Braga
Procede do topónimo prerromano Bracara. O topónimo ten que ver cos Bracari, a tribu celta que habitaba esas terras. O lugar foi chammado despois das guerras cántabras Bracara Augusta.
Caldas
Deriva de (aquas) calidas mentres que o topónimo Caldelas deriva do diminutivo (aquas) calidellas. Ambos topónimos fan referencia a presenza de augas quentes, augas termais. Son dous hidrotopónimos.
Cartagena
A cidade cartaxinesa QUART-HADAST: ‘cidade nova’, foi refundada polos romanos e pasou a chamarse en latín CARTAGO NOVA. Este nome foi desposi arabizado dando lugar a QARTAGINA, do que deriva a actual Cartaxena.
Castrelo
Trátase do diminutivo de castrum que significa cidade fortificada. O plural deste sustantivo castra significa campamento.
Cordoba
O topónimo Corduba pode ser unha adaptación latina dun topónimo fenicio anterior, Kartatuba ‘cidade grande’. Hai quen considera que o topónimo é de orixe íbero. Sexa cal sexa a orixe na evolución do topónimo Corduba o esperable o resultado *Cuerva, por perda do u átono, Córdoba quizá sexa un semicultismo con intención eufemística.
Couto
Procede de cautum, lugar que se cercaba para poder defendelo mellor.
Donostia
Procede do vasco Dono Bastia pois a cidade medra arredor do mosterio de San Sebastián.
Feáns
Do plural latino fenales, derivado mediante o sufixo -ale de fenu "herba segada e seca para alimentar o gando". Presenta na toponimía as variantes Fiás, Feás, Fiais e Feán.
Filgueira
Derivado do colectivo filicaria “mata de fentos” e este de filix, -icis “fento, fieto” + sufixo abundancial -arium/a que dá lugar a -eiro/a(cf. cast. helechoe topónimos como La Felguera/Helguera).
Fisterra
De finis terrae“fin da terra”. A forma Finisterre non deixa de ser un neocultismo con pouca evolución fonética desde o nominativo-xenitivo do sintagma latino.
Fondevila
De fontem e villa, co apócope do –te de “fonte”.
Fonsagrada
De fontem sacratam “fonte sagrada”, con perda de vogal interior(e, polo tanto, sílaba) como en Fonfría, Fonmiña e outros como Monforte e Ponferrada.
Fontefría
De fontem frigidam. Tamén temos o topónimo Fonfría onde se produce o apócope, antes mencionado, da sílaba –te.
Fontoira
De fontem auream “fonte de ouro”,probablemente pola cor da limonita (mineral de óxido de ferro hidratado) no fondo da auga.
Foz
Do latín vulgar focem e este de faucem“gorxa, desembocadura, fauces”. Numerosos topónimos en castelán coa forma Hoz, La Hoz.
Frades
De fratres “irmáns”, seguramente no sentido relixioso de “monxes, frades”, que atopamos como Freires na súa evolución patrimonial.
Lavacolla
Pode derivar de lava colea“lava testículos” e estaría en relación coa tradición dos peregrinos de se lavaren antes da súa chegada á cidade, que o códice Calixtino (s. XII) por eufemismo chámalle Lava mentula. Hai quen suxire unha relación con Lavapés e Lavapiés.
León
De legionem“lexión do exército”,primeiramente a Legio VI Victrix e máis tarde como asentamento permanente da Legio VII Gemina Felix.
Louredo
Louredo/Lourido: < lauretum ,lugar onde hai moito loureiro , co sufixo colectivo –edo/-ido, de Laurus “loureiro”.
Lugo
< de lucum “fraga sagrada”. Algúns pensan que o topónimo pode ser prerromano en alusión ao deus céltico Lugus ou á tribo dos lougei. Os romanos denominaron ao lugar Lucus Augusti, na honra de Augusto.
Maceda
Procede de malam mattianam que era unha variedade de mazá. Mais está variedade rematou por dar nome a todo tipo de mazá. Isto foi así para evitar utilizar a palabra mala ( a longa)= mazá pois como a cantidade vocálica xa non se distinguía moi ben , se confundía con mala ( a breve) mala.
Mérida
De Emerĭta, cidade para colocar os soldados “licenciados” (emeriti) despois de diversas campañas en Hispania. A súa evolución fonética non deixa de ser un semicultismo, xa que evolución patrimonial daría *Mierda.
Milladoiro
De humiliatorium “lugar onde axeonllarse para dar grazas a deus” ou de *ad) miliatorium “lugar onde os peregrinos botaban unha pedra”, que deu lugar ao milladoiro.
Mondoñedo
Era na Idade media Mindunietum, co significado moi discutido.Posiblemente a primeira parte do topónimo procede do preindoeuropeo mun-n/ mun-d que significa monte. A segunda parte viría do termo celta onna co significado de fonte, río. ( O mesmo termo en Urueña, Oña).
Oleiros
Pode referirse nun principio aos labores artesanais e industriais de oleiros, pero tamén pode significar lugar de enterramentos antigos –Ollas Cinerarias–, segundo o P. Sarmiento.
Ortigueira
De urticaria “lugar onde hai ortigas”. Ortiga é a forma común) ao galego, portugués e castelán. Unha forma sinonímica é estruga sen exemplos na toponimia maior de Galicia.
Orxal
Derivado do latín hordeum “cebada”. A forma tradicional orxo foi substituída por “cebada”, derivada de cibus “alimento”. A forma co sufixo -ale equivale aos Urdial, Ordiales e Urdiales doutras áreas peninsulares. Cf. tamén formas como Orxais, Orxás.
Oseira
Remite a un antigo ursaria, derivado de ursus “oso”, e faría referencia a abundancia deste animal no lugar.
Ourantes
Hidrónimo de orixe prerromana, da raíz *awer- co significado de "mollar, humidecer, fluír" O étimo deriva, pois, de *Awrantis con terminación ide. en -ntis (cf. Serantes) e co significado de "(o río) que humidece, que molla, que flúe". É a mesma raíz da que proceden os hidrónimos Vara, Varón, Avia, Avión, Auria > Ouro e Ourense.
Ourense
Procedente con seguridade dun adxectivo Auriense que substituíu o nome da antiga Auria, relacionado para uns con explotacións auríferas en territorio galaico e para outros, máis recentemente, coa raíz de orixe hidronímica mencionada na voz anterior.
Outeiro
De altarium. O significado de “elevación do terreo, parte alta” é típica do latín falado no Noroeste peninsular, cf. Vilouta.
Padrón
Quizais de patronum “patrón”, pero é preferible asocialo a “pedróns ou marcos sinalizadores de división territoriais”, polo tanto de petram “pedra”, e que no caso da vila cerca de Santiago estaría relacionado con tradicións xacobeas e un penedo que existía no río Sar.
Pedrafita
De petram fictam “pedra fita ou fincada no chan”, vella tradición consistente en delimitar antigos territorios ou comunidades con pedras cravadas. Cf. Pedrafita do Cebreiro que delimita a zona galega da leonesa. Variante seu é Parafita, étimo usado como apelido e topónimo.