Tipos de Estados e organización territorial: monarquías, repúblicas e sistemas políticos en España

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,95 KB

1) Rexímenes democráticos

Os rexímenes democráticos son aqueles que organizan a maior parte das sociedades desenvolvidas. Permiten aos seus cidadáns expresar libremente as súas opinións e defenden os seus dereitos fundamentais.

Poderes do Estado

  • Lexislativo: corpos como o Congreso, o Senado, as Cortes ou os parlamentos, encargados de elaborar as leis.
  • Executivo: fai cumprir as leis e tamén participa na elaboración normativa e na administración do Estado.
  • Poder xudicial: encárgase de impartir xustiza e aplicar a lei.

Existencia dunha Constitución: é a lei de leis e o marco de referencia das demais normas xurídicas.

2) Rexímenes non democráticos

Os rexímenes non democráticos fundaméntanse no exercicio do poder sen control democrático das institucións e sen ser sometidos á aprobación dos gobernados.

  • Ditadura: sistema no que unha persoa ou un grupo concentra o poder de forma non democrática. O ditador adoita presentarse como solución transitoria para restablecer a orde; un exemplo sería a ditadura de Franco (1939–1975).
  • Totalitarismo: sistema no que existe unha doutrina ideolóxica previa que articula e controla todas as dimensións da organización do Estado e da sociedade.

3) Monarquías

As monarquías son sistemas de goberno nos que a xefatura do Estado recae na figura dun rei, dun duque, dun emperador, dun emir ou dun sultán.

  • Monarquía herditaria: o cargo transmítese de pais aos fillos.
  • Monarquía electiva: o cargo transfírese entre membros dunha familia ou linaxe por decisión dun consello reducido ou por procedementos electorais especiais.

Segundo o alcance do seu poder

  • Monarquía absoluta: típica de séculos pasados (séc. XVI–XVIII), onde o rei concentra gran parte do poder político.
  • Monarquía constitucional: o rei ocupa a xefatura do Estado pero a súa actuación está regulada e limitada pola Constitución; pode ceder parte das funcións ao Executivo.
  • Monarquía parlamentaria: a autoridade do monarca está limitada polo Parlamento e pola Constitución; exemplo actual: España.

4) Repúblicas

A república é a forma de goberno na que o xefe do Estado é un presidente, cuxo mandato está limitado temporalmente. Cando remata o seu mandato, pode volver presentarse ás eleccións segundo o ordenamento xurídico do país.

  • Repúblicas parlamentarias: (ex.: Francia) na que o xefe do Estado e o presidente do Goberno son persoas diferentes; o papel do Parlamento é central.
  • Regimes presidencialistas: (ex.: Estados Unidos) onde o presidente é, en moitos casos, xefe do Estado e do goberno ou ten amplas competencias executivas.

5) Organización territorial do Estado

A) Estados unitarios: aqueles nos que existe un único poder soberano que exerce a dirección política e a elaboración das leis. Poden artellarse de xeito:

  • Centralizado: a administración central e o Parlamento teñen a capacidade principal de ditar normas (ex.: Francia).
  • Descentralizado: o goberno do Estado resérvase determinadas competencias e cede outras aos territorios ou entidades subcentrales; é o modelo do Estado autonómico en España.

B) Estados federais: formados por unidades políticas (estados ou provincias) que se unen para conformar unha unidade maior, cedendo parte da súa soberanía a esa unidade común.

6) O Estado español

A Constitución Española de 1978 establece, como forma política, a monarquía parlamentaria. Na organización territorial, España é un Estado unitario e descentralizado, denominado Estado autonómico.

Unha monarquía parlamentaria

O 6 de decembro de 1978 celebrouse o referendo para a aprobación da Constitución, obtendo un resultado positivo do 87% dos votos.

  • A Constitución define a España como un Estado social e democrático de dereito.
  • No texto constitucional recoñécense numerosos dereitos e liberdades individuais de carácter civil, político e social.

Estado autonómico

España é un Estado unitario que garante o dereito á autonomía das rexións que o integran, dando lugar ao que se coñece como Estado das autonomías. Este modelo é, ao mesmo tempo, unitario pero descentralizado política e administrativamente.

Entradas relacionadas: