– Os territorios españois que máis poboación gañaron no s. XX foron

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,54 KB

O Neolítico é unha etapa da Prehistoria caracterizada polo inicio dunha serie de transformacións revolucionarias que permitiron superar o Paleolítico, de tal maneira que se denomina revolución neolítica. Durante este período o ser humano é quen de producir os seus alimentos polo que pasamos dunha economía depredadora a outra de tipo agrogandeira. Agora o ser humano é quen de seleccionar plantas e animais para domesticalos co fin de garantirse o seu sustento e así desenvolveuse a agricultura do trigo, cebada e leguminosas e a domesticación de gando bovino, caprino e porcino. Os cambios económicos permiten asentar ás comunidades humanas en poboados fixos abandonando o nomadismo.
Pasouse da pedra tallada do paleolítico á pedra puída , á creación de muíños de man para transformar o gran en fariña e a fabricación de recipientes para almacenar o excedente dando pé á aparición da cerámica. Ademais xurdiu a actividade téxtil para elaborar os primeiros tecidos. As primeiras comunidades neolíticas estarían estruturadas arredor de clans familiares, pero co tempo, xa na denominada Idade dos Metais os excedentes agrícolas permitirían unha especialización en determinados traballos aparecendo unha primeira división social
. A necesidade de defender os recursos implicaría a necesidade de crear unha casta guerreira que pola importancia da súa función comezaría a distinguirse dos demais membros da comunidade.
Os restos da súa actividade cultural teñen que ver coa pintura rupestre a coñecida como arte rupestre levantina que se desenvolveu na zona mediterránea nos inicios do Neolítico . Son pinturas de tipo esquemático, practicamente monocromas, con figuras humanas e animais formando escenas variadas cun claro sentido narrativo. Estas pinturas contrastan co Naturalismo da etapa anterior, no Paleolítico Superior da que se coñece como arte rupestre cantábrica, con figuras polícromas e illadas de animais pintadas no interior de covas como a de Altamira.
 Neolítico inicial Os principais asentamentos atópanse en covas da costa mediterránea.  Neolítico pleno Nesta etapa xurdiron verdadeiros poboados en zonas chás e axeitadas para o cultivo. Paralelamente, a estrutura social fíxose cada vez máis complexa e a aparición de obxectos de prestixio nalgunhas tumbas indica certa xerarquización social, rompéndose o igualitarismo asociado ao Paleolítico.








2-Na idade de ferro a chegada de . Os pobos colonizadores do Mediterráneo oriental , que viñeron buscando materias primas como o estaño, fundaron encraves comerciais costeiros e actuaron como transmisores de elementos culturais e tecnolóxicos máis avanzados dos que se gozaban na Península. Estes restos indican un elevado grao de riqueza e sofisticación social. Politicamente, Tartesos non constituíu unha unidade, senón que existiu unha pluralidade de centros de poder aínda que os textos gregos que fan referencia a reis como Argantonio.
C., unha combinación de elementos externos e internos provocaron a decadencia desta cultura. C. A cultura ibera que se formou polo impacto dos pobos colonizadores sobre o substrato indíxena. A súa organización política estaba bastante desenvolvida debido á influencia do modelo de cidade-estado, traído por fenicios e gregos. Cada estado podía comprender varias cidades cos seus territorios circundantes.
É xeralmente aceptado que a súa sociedade dividíase en tribos organizados en clans unidos por lazos familiares con certa xerarquización social na que predominaba unha caste guerreira, falaban linguas indoeuropeas e non coñecían a escritura. No noroeste atopamos a cultura castrexa, unha cultura indíxena influenciada polos celtas, que habita os castros, asentamentos fortificados prerromanos formados por casas de tipo circular ou elípticas que adoitan estar situadas nunha área de fácil defensa.












3-A conquista romana foi o proceso histórico de dominio e control militar do territorio da península
ibérica por parte de Roma. Este proceso foi bastante dilatado no tempo (desde o ano 218 a. C. Ata o
19 a. C.), e terminou coa total integración e asimilación do territorio hispánico no Imperio romano.
Este proceso foi bastante dilatado no tempo , e terminou coa total integración e asimilación do territorio hispánico no Imperio romano. C., feito que se converteu en casus belli da segunda guerra púnica. A presenza militar romana iniciouse no ano 218 a. C. o mapa provincial foi reformado e ás anteriores engadíronselles a Cartaginense, Gallaecia e, máis adiante, a Balearica.

Para isto era necesario dotar ao territorio dunha serie de núcleos urbanos reitores do territorio e unha rede de calzadas. Para o bo funcionamento do sistema era vital ter ben comunicado os diferentes territorios do Imperio con Roma para o que os romanos crearon unha excelente rede viaria baseada nas calzadas. O proceso da conquista polos romanos da Península Ibérica foi acompañado pola romanización destes territorios, é dicir, que se foi producindo a paulatina adopción polos pobos peninsulares do modo de vida e da cultura de Roma.
Respectáronse as crenzas locais, pero a relixión utilizouse como medio de integración política e era obrigado o culto ao emperador e aos deuses que simbolizaban o poder de Roma. A partir do s. As obras públicas como a ponte de Alcántara, acuedutos como o de Segovia, xunto con edificacións como os teatros e templos constitúen exemplos do patrimonio artístico herdado de Roma. A pervivencia de moitos destes elementos mostra a importancia determinante do legado cultural romano na historia da Península Ibérica.










4-A crise do século III provocou a debilidade da defensa do Imperio romano, o que levou á invasión de
pobos veciños Os emperadores víronse obrigados a dividir o Imperio e a pactar con estes pobos ou vinculalos como aliados . Para frealos, o Imperio romano pactou un destes acordos con outro pobo xermánico, os visigodos que remataron coa presenza de alanos e vándalos, quedando os suevos na Gallaecia. Ao caer o Imperio romano de Occidente, os visigodos asentáronse no sur de Francia onde crearon un reino con capital en Toulouse. A comezos do século VI , unha vez desaparecido o Imperio Romano, os visigodos foron derrotados polos francos, deberon abandonar Francia e asentáronse definitivamente na península, creando un reino independente con capital en Toledo.

Os visigodos en Hispania, a pesar de contar co poder político, eran unha minoría social de guerreiros conquistadores que dominaban a unha poboación hispano romana moito máis numerosa. Os sucesivos intentos de converter a monarquía nunha institución hereditaria para evitar esa febleza e consolidar unha dinastía fracasaron.  Unificación territorial , buscando situar baixo o seu dominio toda a península.  Unidade relixiosa, dado que os visigodos seguían a doutrina ariana considerada unha herexía polo catolicismo, coa conversión ao catolicismo do rei Recaredo no III Concilio de Toledo .
Favoreceu a integración da minoría dominante visigoda coa poboación hispano-romana ao establecer a igualdade entre ambas e permitir os matrimonios mixtos. Tiña carácter consultivo e xurdiu para auxiliar ao rei nas tarefas de goberno, elaborar as leis e impartir da xustiza. Nunha etapa na que a relixión era un importante instrumento ao servicio do poder político, este órgano de tipo eclesiástico servía para orientar as decisións políticas e lexislativas. Esta división interna favoreceu a inmediata chegada dos musulmáns no ano 711, xa que os fillos de Witiza solicitaron a Muza, gobernador musulmán do norte de África, axuda militar para derrotar a Rodrigo.
A chegada das forzas musulmás non sería circunstancial senón que aproveitaron este enfrontamento interno visigodo para iniciar unha campaña de conquista que abriría unha nova etapa histórica na Península Ibérica. 




Entradas relacionadas: