Termos Xeopolíticos e Administrativos Fundamentais en Galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,61 KB
BRICS
Organización intergobernamental e bloque xeopolítico de países integrado orixinalmente por:
- Brasil
- Rusia
- A India
- A China
Ao que se engadiron posteriormente:
- Suráfrica (en 2011)
- Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía (en 2024)
COMUNIDADE AUTÓNOMA
División político-administrativa do territorio español que engloba varias provincias. Cada comunidade autónoma está composta por un goberno, parlamento e tribunais de xustiza propios.
ESPAZO SCHENGEN
Área de libre circulación integrada por 29 países europeos entre os cales non existen controis nas súas fronteiras compartidas.
FONDOS ESTRUTURAIS
Instrumentos financeiros da política rexional da Unión Europea destinados a promover o desenvolvemento do conxunto da Unión Europea, mediante a redución das diferenzas entre os niveis de desenvolvemento das diversas rexións e Estados membros. Os fondos contribúen a acadar o obxectivo de cohesión económica, social e territorial. Existen catro tipos principais de fondos estruturais:
- FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)
- FSE (Fondo Social Europeo)
- FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola - sección Orientación)
- IFOP (Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca)
G20
Foro intergobernamental formado por 19 Estados, a Unión Europea e a Unión Africana. Reúnense xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas para tratar temas de gran importancia en relación coa economía global.
MOVEMENTOS ANTIGLOBALIZACIÓN
Movementos sociais formados por activistas procedentes de distintas correntes políticas, que a finais do século XX converxeron na crítica social ao denominado pensamento único neoliberal e á globalización capitalista.
MUNICIPIO
Unidade territorial-administrativa máis básica recoñecida pola Constitución española de 1978. Está organizado por un Concello dirixido por un alcalde e unha corporación elixidos democraticamente.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS)
Conxunto de 17 obxectivos de desenvolvemento humano programados pola ONU para atallar unha serie de problemas mundiais.
ORTOFOTOGRAFÍA / ORTOFOTO
Termo que significa fotografía correcta. Representación fotográfica aérea ou satelital dunha zona da superficie terrestre, corrixida xeometricamente de forma que todos os elementos están á mesma escala, libre de erros e deformacións.
PARROQUIA
Unidade administrativa de base relixiosa católica, que organiza o territorio a partir dos membros pertencentes a unha mesma freguesía.
PROVINCIA
Entidade territorial administrativa formada pola agrupación de municipios, rexida por unha Deputación Provincial, á fronte da cal está o Presidente e os Deputados. As súas funcións son fomentar os intereses provinciais, prestar servizos de ámbito provincial, coordinar os servizos municipais e cooperar con eles.
SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (SIX)
Ferramenta informática que permite almacenar, xestionar, analizar, editar e amosar información xeográfica dunha rexión.