Terminoloxía Clave da Historia da Arte: Definicións de Arquitectura e Escultura (Prerrománico a Impresionismo)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
español con un tamaño de 7,13 KB
Arte Prerrománica e Románica: Vocabulario Fundamental
Prerrománico Visigodo
- Arco de ferradura
- Arco formado por unha sección maior que a semicircunferencia.
Arte Románica
- Ábsida
- Parte posterior dun altar maior dunha igrexa, saínte polo exterior, que pode ter planta poligonal, semicircular ou lobular. Está cuberto xeralmente con bóveda.
- Arco de faixa (Arco perpiaño)
- Elemento arquitectónico que sostén as bóvedas de canón. Emprégase nas naves das igrexas románicas.
- Arco formeiro
- Arco paralelo ao eixe lonxitudinal dunha nave e que comunica unha nave con outra, servindo de soporte das bóvedas.
- Arco peraltado
- O que ten unha altura maior có radio da circunferencia que o configura.
- Arquivolta
- Elemento frontal dun arco cando está decorado. Cada unha das roscas ou molduras que compoñen un arco cunha distribución concéntrica. Frecuente no Románico e Gótico.
- Baixorrelevo
- Ornamento, figura ou composición esculpida en relevo que sobresae do fondo menos da metade do vulto.
- Ciborio
- Construción elevada sobre o cruceiro da igrexa que ten forma de torre cadrada ou poligonal.
- Contraforte
- Construción maciza a modo de piastra que sobresae do muro exterior e serve para reforzalo nas zonas que soportan maiores empuxes. Os contrafortes serven de apoio aos arcobotantes nas construcións góticas.
- Parteluz
- Elemento vertical que serve para dividir en dúas partes a luz dunha fiestra ou porta.
- Perspectiva xerárquica
- Sistema visual no que as figuras son representadas mediante unha convención que fai variar o seu tamaño segundo a súa importancia. Propio do Románico.
- Planta cruz latina
- Deseño espacial empregado nas igrexas que está formado pola intersección dun brazo maior (nave) que vai dende os pés á cabeceira, con outro menor (transepto).
- Tribuna
- Galería aberta sobre a nave lateral dun templo románico que permite a iluminación da nave central e xera un espazo que amplía a capacidade do recinto relixioso.
- Trompa
- Bovedilla semiesférica, coa parte ancha cara a fóra, que serve para pasar da planta cadrada á octogonal da cuberta. Sobre ela é posible levantar unha cúpula, un tambor ou un ciborio.
Arte Clásica: Grecia
Arquitectura e Escultura Grega
- Capitel corintio
- Elemento arquitectónico que se caracteriza pola súa aparencia de campá invertida ou cesta, con follas de acanto, volutas e caulículos nas súas esquinas.
- Capitel dórico
- O máis antigo dos capiteis clásicos gregos, constituído por ábaco (peza prismática a modo de taboleiro cuadrangular), equino (moldura circular e convexa), e colarino (prolongación do fuste cunha fina acanaladura).
- Capitel xónico
- Capitel clásico grego formado por un bocel ou un toro, decorado con ovas e dúas grandes volutas en cada lado.
- Contraposto (ou Chiasmo)
- Fai referencia á oposición harmónica das distintas partes do corpo da figura humana, o que proporciona certo movemento e contribúe a romper a lei da frontalidade.
- Curva praxiteliana
- Contrabalanceo acusado do contraposto, ata adquirir trazo curvilíneo ou en S, que acentúa a sensación de dinamismo. Caracterizaba a composición das esculturas de Praxíteles, de quen toma o nome.
- Fuste
- Elemento arquitectónico que forma parte da columna, sitúase entre o capitel e a basa. O seu acabado pode ser liso ou con acanaladuras. Adopta formas diferentes: de soga, fasciculado, salomónico, etc.
- Métopa
- Elemento arquitectónico correspondente ao friso dórico de forma cadrada ou rectangular, situado entre os tríglifos e decorado con relevos.
- Técnica de panos mollados
- Técnica escultórica moi empregada que consiste en representar as transparencias do corpo humano producidas cando a roupa está mollada.
- Tríglifo
- Parte do friso da orde dórica. Elemento arquitectónico, con tres acanaladuras verticais (glifos), que se alterna no friso da orde dórica coas métopas.
Arte Clásica: Roma
Arquitectura e Relevo Romano
- Altorrelevo
- Aquel relevo que sobresae do seu fondo máis da metade do seu vulto.
- Arco de medio punto
- Elemento sustentante que descarga os empuxes, desviándoos lateralmente, e que está destinado a franquear ou salvar un espazo máis ou menos grande por medio dun traxecto curvo. A súa forma é semicircular.
- Bóveda de aresta
- Cuberta que se forma ao se cruzaren perpendicularmente dúas bóvedas de canón de igual frecha, resultando dese cruce catro arestas angulares.
- Bóveda de canón
- Trátase da bóveda xerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal. Xeralmente está reforzada por arcos de faixa.
- Capitel composto
- Capitel de creación romana por fusión de elementos dos capiteis gregos: as volutas do xónico e as follas de acanto do corintio.
- Cúpula
- Cuberta semiesférica, xerada pola rotación dun arco, que cobre un espazo de planta circular, poligonal ou cadrada. A transición entre o espazo cadrado e circular faise a través de pendentes (pechinas) ou trompas.
- Piar
- Elemento sustentante vertical, robusto, funcional e xeralmente exento, de sección poligonal que pode estar constituído por adobe, ladrillo ou pedra. Pode contar, como a columna, con base ou capitel.
Técnicas e Temas Transversais (Renacemento, Manierismo e Helenismo)
- Estatua ecuestre
- A que representa unha persoa a cabalo e frecuentemente conmemora a líderes militares e gobernantes. Son representativas da arte romana (destaca a estatua de Marco Aurelio) e do Renacemento e Barroco.
- Esfumado (Sfumato)
- Técnica pictórica que consiste en empregar o trazo do lapis ou pincel para rebaixar a contorna, suavizando os perfís das figuras. Foi empregado por Leonardo da Vinci.
- Liña serpentinata
- Fórmula compositiva caracterizada por marcar o movemento xiratorio da figura. Característica do Helenismo e Manierismo.
- Retrato
- Tema artístico que representa a unha persoa en concreto ou un grupo de persoas. Pode amosar tanto o aspecto físico como a personalidade dos retratados.
Arte Barroca
- Claroscuro
- Distribución das luces e das sombras nunha pintura, modelando as formas por gradación tonal para suxerir relevo e profundidade.
- Natureza morta (Bodegón)
- Xénero pictórico no que se representan como temas seres inanimados, animais mortos, vexetais ou obxectos. Aparece en diferentes estilos, destacando o seu desenvolvemento durante o Barroco.
Impresionismo
- Cor complementaria
- Cores do espectro visible dispostas diametralmente equidistantes no círculo cromático. Obtéñense mediante a contraposición dunha primaria cunha cor secundaria formada polas outras dúas primarias: azul e laranxa, vermello e verde, e amarelo e violeta.