Terminología Arquitectónica y Artística: Conceptos Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en español con un tamaño de 25,41 KB
75. Plan central: Edificio onde toda a arquitectura organízase en torno a un eixe central.
76. Planta basilical: Tipo de planta relacionada con edificios públicos romanos e que a Igrexa utiliza nos primeiros tempos paleocristiáns. Ten unha nave principal e outras dúas laterais máis baixas separadas por columnas e a súa forma é rectangular. Precede ó edificio un atrio ou patio porticado, un nártex ou pórtico exterior. Na cabeceira existe un ábside semicircular cuberto cunha bóveda de cuarto de esfera.
77. Planta de cruz grega: Planta dun edificio en forma de cruz onde os brazos teñen a mesma lonxitude.
78. Planta de cruz latina: Planta de igrexa característica do medievo europeo cun brazo menor e outro maior cruzándoo.
79. Plástico: Aquilo que se pode moldear. Aplícase principalmente á escultura e pintura. En xeral, designa a un estilo, linguaxe ou imaxe moi expresivo na que o artista pode expresarse visualmente ao seu gusto (ver Laooconte e os seus fillos na 42).
80. Presbiterio: Espazo que circunda ao altar maior ou o antecede. Normalmente está separado da nave por unhas escaleiras. É o espazo reservado ó clero.
81. Retrato: Representación dunha imaxe concreta, humana xeralmente, en escultura, pintura ou fotografía.
82. Rosetón: Vano ou ventá circular calado con tracería (debuxos xeométricos) característico do románico e sobre todo do gótico, aínda que se emprega no Renacemento.
83. Técnica de panos mollados: Técnica escultórica que consiste en tratar as teas que visten os corpos das figuras como se estivesen pegadas en pregues miúdos. Deste xeito conséguese marcar con enorme realismo as liñas do corpo, como se realmente estivesen vestindo roupa empapada. Moi empregado na escultura grega onde Fidias foi un mestre.
84. Tímpano: Na arte clásica grecorromana, renacentista, barroco e neoclásico, designa ó espazo interior dun frontón. No románico e gótico, é o espazo delimitado polo dintel e a primeira arquivolta. Normalmente, moi decorado con esculturas.
85. Torso: Escultura que só presenta o tronco do corpo humano, sen cabeza nin extremidades.
86. Tribuna: No foro romano, era unha plataforma dende onde o tribuno se dirixía ó pobo. Na igrexa cristiá, fai referencia a unha galería cuxa anchura coincide coa nave lateral sobre a que se constrúe. Cando coincide co triforio, a tribuna constitúe o segundo piso e o triforio o terceiro.
87. Triforio: Elemento arquitectónico das igrexas, situado xusto por riba dos arcos que dan ás naves laterais, consistente nunha liña de ventás abertas no muro da nave central, ornamentadas con maineles (con triforas, de aí o seu nome), que dan a un angosto pasadizo, situado no piso superior ao das tribunas.
88. Triglifo: Elemento arquitectónico con tres acanaladuras verticais que se alterna no friso da orde dórica coas metopas. Lembra a parte final das antigas vigas de madeira que formaban parte dos entaboamentos.
89. Trompa: Elemento arquitectónico a xeito de bovediña semicónica, coa parte ancha para afora, que serve para pasar da planta cadrada á octogonal ou circular para asentar unha cúpula ou un tambor. Menos elegante que a pechina.
90. Veladura: Capa fina de pintura transparente e fina que se aplica sobre a pintura xa seca, modificando o seu color e traslucindo as capas inferiores, outorgando brillo e luminosidade. Moi usada polos primitivos flamencos.
91. Xamba: Cada un dos elementos verticais que sosteñen un arco ou dintel dunha porta ou ventá.
8. Iconoloxía: Disciplina complementaria da iconografía (téñense en casos por sinónimos) pero que tenta afondar no significado último das imaxes (namentres que a iconografía é máis descriptiva), interrelacionando a obra de arte coa cultura xeral dun periodo histórico, axudando deste xeito a unha correcta interpretación da obra artística e do simbolismo que ten.
59. Imposta: Moldura de separación entre o arco e a parte recta dun van, ou dito doutra maneira, superficie da que arrinca, iniciando a súa curvatura, un arco. Tamén significa calquera moldura ou saledizo que separa diferentes pisos no exterior dun edificio.
60. Liña serpentinata: Forma característica da escultura do manierismo que consiste en dar ás figuras humanas un movemento xiratorio contorsionado, artificioso.
61. Ménsula: Repisa pequena situada nun muro para soster outro elemento como unha escultura, unha cornixa, un balcón, etc. De maior tamaño e funcionalidade que o canecillo, aínda que a ménsula pode ser usada decorativamente.
62. Metopa: Elemento característico da orde dórica situada no estaboamento (friso) ocupando o espazo entre dous triglifos. Ten forma cadrada ou rectangular e decórase normalmente con relevos.
63. Modelado: Técnica escultórica que consiste en dar forma artística a un anaco de barro, xeso, cera ou calquera material brando a base de engadir material. Tamén se lle aplica ó traballo en pintura e significaría utilizar luces e sombras ou cores para lograr un efecto tridimensional nos obxectos.
64. Nártice: Nave transversal á entrada dunha basílica ou igrexa. É a parte porticada do atrio que precede inmediatamente á basílica paleocristiá, reservada aos catecúmenos. Cando era dobre, recibía o nome de exonártex, ó exterior, e endonártex, ó interior.
65. Naturaleza Morta: Tamén chamado bodegón. Xénero pictórico que presenta unha composición a base de seres inanimados como animais mortos, vexetais, obxectos, etc.
66. Paisaxe: Obra artística pictórica que representa a natureza como tema principal e independente.
67. Parteluz: Chamado tamén mainel. Elemento vertical que divide un vano (ventá ou porta) en dúas partes.
68. Pendente: Inclinación do tellado para o desaugue. Pode ser a dúas augas, catro…
69. Perspectiva xerárquica: Aquel tipo de perspectiva na que o tamaño dos personaxes ven determinada pola súa importancia social, política ou relixiosa. A maior importancia, maior tamaño.
70. Perspectiva aérea: Recurso para simular a realidade e crear unha terceira dimensión (profundidade) tendo en conta á esfericidade do órgano visual e que lle outorga importancia especial ao aire na visión das cousas. Emprega a modificación de contornos e perfís (sfumato), perdéndose nitidez coa distancia e tamén palidecendo as cores coa profundidade, colocando alí moitas veces tonalidades azuis ou frías. Foi a grande aportación de Leonardo á pintura.
71. Perspectiva lineal: Recurso de simular a realidade conseguindo crear unha terceira dimensión por medio dun feixe de liñas que configuran unha pirámide cuxo vértice é o punto de fuga das mesmas. É característico do primeiro renacemento e está feito a base de cálculos matemáticos.
72. Pictórico: Axeitado para ser representado en pintura ou ben relativo ou pertencente a ela. Se a pintura é a arte das cores, enténdese como o pictórico como unha cualidade artística chea de colorido, matices e tonalidades, ben sexa un cadro, escultura ou calquera manifestación artística. Tamén expresa un dos pares de opostos de Wolfflin, referíndose ao barroco, en oposición ao lineal, propio do renacemento.
73. Pilar: Soporte vertical, robusto e funcional de sección poligonal (a diferencia da columna). Adoita ter basa e capitel e poden adoptar múltiples formas.
74. Pilastra: Pilar adosado a un muro, xeralmente non moi groso e ás veces con función decorativa.
44. Dovela: Peza en forma de cuña na que se divide a estrutura dun arco. A súa superficie interior recibe o nome de intradós e a superior trasdós ou extradós. As dovelas máis importantes nun arco son a clave (peza central) e os salmeres (dovelas dos extremos).
45. Espazo límite: Concepto vencellado á escultura románica e desenvolvido por Focillón no seu famoso libro A Vida das Formas e que fai referencia a que a escultura se mantén dentro do bloque no que está tallada, adaptándose ao espazo e sen integrarse no seu entorno. Un paso intermedio entre este espazo límite e o espazo medio sería o espazo medio limitado propio da escultura gótica onde xa se racha co bloque pero o seu desenvolvemento queda limitado aínda ao espazo entre a peana e o dosel.
46. Espazo medio: Concepto vencellado á escultura barroca e desenvolvido por Focillon no seu famoso libro A Vida das Formas que se opón ao de espazo límite. A escultura racha co bloque no que está tallada e se integra plenamente no entorno.
47. Entaboamento: Conxunto de pezas horizontais que rematan unha construcción ou establecen divisións. Na arquitectura grega consta de arquitrabe, friso e cornixa.
48. Éntasis: Chamado tamén galbo. Elemento clásico que outorga gracia e sensibilidade a unha columna e que consiste nun lixeiro abultamento ou curvatura no perfil do fuste.
49. Escultura de bulto redondo: É aquela que se pode contemplar dende calquera punto de vista. Tódalas esculturas de bulto redondo son, xa que logo, esculturas exentas.
50. Escultura exenta: Aquela escultura que non está adosada a un muro. É sinónimo de escultura en bulto redondo, pero concretamente este termo designa a esculturas que non están talladas completamente por todas partes e non se poden contemplar desde calquera punto de vista.
51. Esfumado: Recurso pictórico que busca a sensación de profundidade nun espazo bidimensional coa captación ambiental ao envolver o espazo nunha neboíña, abandonando a definición do contorno. É característica de Leonardo da Vinci e a súa contribución á creación da perspectiva aérea. Tamén se chama difuminado.
52. Escultura ecuestre: Aquela escultura onde aparece unha persoa a cabalo.
53. Estatua-columna: Aquel soporte que a xeito de columna ou pilar ten forma escultórica de persoa ou animal. Se son representacións masculinas, reciben o nome de atlantes e se son femininas, cariátides.
54. Estilo: Designa ó conxunto de rasgos comúns que permiten agrupar creacións dunha mesma época ou que presentan un mesmo sentido da evolución das formas e da expresión artística. A seriación de estilos máis común na arte occidental é a de clásico, posclásico, románico, gótico, renacentista, manierista, barroco, rococó e os ismos.
55. Friso: Nas ordes clásicas, franxa horizontal que se acha entre o arquitrabe e a cornixa e que forma parte do entaboamento. Na orde dórica, divídese en metopas e triglifos. Por extensión, designa calquera franxa decorativa en calquera zona da parede, por exemplo, o friso das Panateneas.
56. Fuste: Unha das tres partes da columna que ten forma cilíndrica e disposición vertical e que está situada entre a basa e o capitel. Pode estar liso, presentar estrías ou acanaladuras (ver Cripta da Igrexa da Colonia Guell na 327).
57. Iconografía: Disciplina que estudia e describe as imaxes conforme aos temas que desexa representar, identificando e clasificando esas imaxes no espazo e no tempo, axudándose maiormente de fontes literarias e precisar así a orixe e evolución das mesmas.
27. Capitel xónico: Remate dunha columna ou pilar pertencente á orde xónica. Orixinario de Asia Menor. Consta na súa parte inferior de ovas (elemento decorativo de formas ovales truncadas e separadas por frechas) e dun balteus ou coxinete que ten nos seus extremos o elemento máis característico: as volutas (rollos espirais no centro do cal está o óculo). Representa a unha muller.
28. Ciborio: Construcción elevada a xeito de torre sobre o cruceiro dunha igrexa que pode servir de base a unha cúpula. Habitualmente ten forma cadrada ou poligonal.
29. Claroscuro: Uso de contrastes acusados entre volúmenes iluminados e ensombrecidos para destacar algúns elementos e darlles aos obxectos ou figuras relevo e modelado. Se é moi esaxerado, denomínaselle tenebrismo.
30. Clave dun arco: Dovela central dun arco, situado na parte superior.
31. Cor plana: Son aquelas cores utilizadas sen matices nin mesturas, uniformes, distribuidas na superficie colocándoas de forma xustapostas unhas con outras.
32. Cor Primaria: Aquelas cores que non poden reducirse a outras porque non son produto de ningunha mestura e son o amarelo, o vermello e o azul. Tódalas demais cores derívanse deles.
33. Cor secundaria: Tamén chamada binaria. Son aquelas cores que xorden da combinación de dúas cores primarias: son o laranxa (amarelo + vermello), o verde (amarelo + azul) e o violeta (azul + vermello).
34. Cor complementaria: Son aquelas cores secundarias que contrastan plásticamente realzándose entre sí coa cor primaria que non entra na súa composición: azul e laranxa; vermello e verde; amarelo e violeta.
35. Columna salomónica: Soporte de planta circular (columna) que ten no seu fuste forma helicoidal. Moi empregada no barroco e rococó.
36. Contraforte: Reforzo vertical dun muro a xeito de pilastra adosada a el para reforzar o muro e contrarestar os empuxes. Chámase tamén estribo ou machón.
37. Contraposto: Oposición harmónica das diferentes partes do corpo humano, maiormente cando algunhas delas están en movemento ou tensión e as simétricas en repouso.
38. Cornixa: Elemento que sobresae do alto dun edificio e que forma parte do entablamento xunto co friso e o arquitrabe nas ordes clásicas. Por extensión, tódalas molduras que rematan algo.
39. Cadro de Historia: Aquel cadro que ten como temática principal un acontecemento do pasado que se quere exaltar, lembrar ou simplemente describir.
40. Cadro de Xénero: Chamado tamén costumbrista, ten como temática principal situacións propias da vida cotiá.
41. Cúpula: Bóveda enxendrada pola rotación dun arco. En xeral, toma o nome do arco que a enxendra, agás cando é o de medio punto que recibe o nome de media laranxa ou semiesférica. Cubre espazos cadrados xeralmente ou poligonais, pero tamén circulares ou elípticos.
42. Curva praxiteliana: Tipo de contrabalanceo acusado da figura humana nas esculturas de Praxíteles (escultor grego) na que o corpo se apoia nunha perna, chegando a adquirir a figura trazos curvilíneos en forma de “S”, acentuándose a sensación de dinamismo.
43. Deambulatorio: Nave curva ou poligonal, prolongación das laterais, que rodea a cabeceira dunha igrexa (ao presbiterio pola parte posterior). Chámase tamén xirola porque por alí ían peregrinos e fieis accedendo ás capelas radiais ubicadas nos absidiolos sen interromper os oficios.
1. Ábside: Parte da igrexa situada na cabeceira e que ten forma semicircular ou poligonal e sobresae da fachada posterior.
2. Altorelevo: Escultura non exenta na que o relevo sobresae máis da metade do bulto respecto ao plano do fondo.
3. Aparello almofadado: Forma na que se dispoñen os elementos na construcción dun muro consistente nun paramento constituído por sillares cuxos bordes ou xuntas están refundidos en relación ás caras.
4. Aparello cachotería: Aparello irregular na construcción dun muro a base de pedras sen labrar ou pouco labradas, toscas ou irregulares, colocados sen orden de tamaños e fiados e unidos con argamasa.
5. Aparello de cantería: Forma na que se dispoñen os elementos na construcción dun muro con sillares ben trabados e regulares. Denomínase de soga e tizón cando os sillares (pedra labrada en forma paralelepípeda) alternan os lados longo e curto.
6. Arcobotante: Segmento de arco que sobrevoa o tellado da nave lateral e que trasmite o empuxe lateral da bóveda central ao contraforte. Tamén serve para conducir a auga da chuvia a través dun canal excavado no seu extrados ata a gárgola. Será fundamental no gótico.
7. Arco apuntado: É o que consta de dous segmentos de arco que forman ángulo cóncavo. Chámaselle oxival porque ten forma de medio ollo.
8. Arco de ferradura: Arco ultrasemicircular, ou sexa, que ten unha curva que sobrepasa a circunferencia nunha metade ou nun tercio do radio. Utilizado polos hispanovisigodos e no estilo musulmán posteriormente.
9. Arco de medio punto: Aquel semicircular que ten a frecha igual á semiluz. A súa proxección lineal no espazo enxendra a bóveda de medio canón ou de canón. Empregado na arte romana e renacentista.
10. Arco faixón: Chamado tamén perpiaño. É aquel que se dispón trasversalmente ao eixe da nave, cinguindo a bóveda.
11. Arco formeiro: Aquel que é paralelo ao eixe lonxitudinal da nave e que a separa da nave contigua.
12. Arco peraltado: Aquel cuxa frecha é maior que a súa semiluz. Tamén se chama realzado.
13. Arco rebaixado: Aquel que ten a frecha menor que a súa semiluz.
14. Arquitrabe: Parte do entablamento onde descansa o friso. Colócase por riba da última parte do capitel.
15. Arquivolta: Cada un dos arcos abocinados dunha portada, normalmente románica ou gótica, que adoita estar decorada con estatuas ou figuras.
16. Baixorelevo: Escultura non exenta cuxa relevo sobresae do muro ó que está adosado menos da metade do bulto respecto ao plano do fondo.
17. Baldaquino: Dosel sobre columnas que normalmente cubre un altar e que pode estar feito de diversos materiais.
18. Baptisterio: Edificio exento, xeralmente de planta central, destinada á celebración dos bautismos.
19. Basa: Un dos tres elementos básicos da columna xunto co fuste e o capitel. Ocupe o lugar inferior da columna e consta de toro ou toros (moldura convexa) e de escocia (moldura cóncava).
20. Bóveda de aresta: Aquela bóveda formada pola intersección en ángulo recto de dúas bóvedas de cañón, resultando do seu encontro catro arestas regulares que forman unha cruz tipo a de San Andrés.
21. Bóveda de canón: Aquela xenerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixe lonxitudinal. Tamén chamada de medio canón.
22. Bóveda de crucería: Formada polo cruce ou intersección de dúas bóvedas apuntadas. A diferencia da bóveda de aresta, a bóveda de crucería está reforzada por dous ou máis nervios diagonais que se cruzan na clave. Diferéncianse os arcos que constitúen a armazón ou esqueleto e que poden faltar sen que a bóveda se veña abaixo, e a plementería. Típica do gótico, permite gañar altura e facer máis lixeiros os muros.
23. Canon: Regra baseada nunha observación racional da natureza e que segue un sistema abstracto de relacións e números que permite establecer as proporcións e formas ideais. Moi presente na arte grega, romana e renacentista.
24. Capitel composto: Remate da columna ou pilar pertencente á orde composta. Chámase composta porque consta do elemento típico do capitel corintio (follas de acanto) e do xónico (volutas). Foi creado polos romanos.
25. Capitel corintio: Remate da columna ou pilar pertencente á orde corintia, a máis tardía da Grecia clásica e o máis empregado na arquitectura helenística, romana e renacentista. A súa invención atribúese a un orfebre chamado Calímaco e ten forma de campá invertida adornada por dúas filas de follas de acanto superpostas (planta mediterránea de follas longas, rizadas e espiñentas) e por volutas angulares chamados caulículos. No centro adoita levan un elemento en forma de folla plana chamada rosa. Representa a unha rapaza nova.
26. Capitel dórico: Remate dunha columna ou pilar pertencente á orde dórica. É o máis antigo da Grecia clásica e dalle á columna aspecto severo e simple. Consta de collarino (anel de transición entre o fuste e o equino), equino (peza central a xeito de taboiña cos bordos curvilíneos entre o collariño e o ábaco) e ábaco (peza de sección rectangular sobre o que se apoia o entaboamento). Representa a un home.