Teorías da Evolución: Lamarck, Darwin e a Orixe das Especies
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,49 KB
Hipótese de Lamarck: A Herdanza dos Caracteres Adquiridos
Lamarck propón unha hipótese científica sobre a evolución. Explica de forma bastante satisfactoria moitos dos datos relacionados cos fósiles e coa anatomía comparada.
Principios Fundamentais da Hipótese de Lamarck
- Importancia do ambiente. A modificación das condicións do medio é o motor que impulsa o cambio nos organismos.
- Lei do uso e desuso dos órganos. Cando un órgano se utiliza moito, tende a desenvolverse; pola contra, cando non se usa, tende a reducirse de tamaño, incluso a desaparecer.
- Herdanza dos caracteres adquiridos. Aquelas características adquiridas ao longo da vida dos individuos transmítense á descendencia.
Darwinismo e a Selección Natural
Charles Darwin e Alfred Wallace desenvolven dúas hipóteses hoxe en día de xeito independente. Pero preséntanas xuntos en 1858.
Principios da Teoría da Selección Natural
- Existen pequenas diferenzas ou variacións entre individuos da mesma especie.
- Establécese unha loita pola supervivencia. Os organismos tenden a ter unha gran capacidade de reprodución (nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, porque os recursos son limitados na zona que habitan).
- As variacións con máis éxito que outras. Os individuos con variacións exitosas sobreviven e, polo tanto, reprodúcense, sendo cada vez máis abundantes.
- A especie cambia. Se as condicións ambientais se manteñen, as variacións máis exitosas serán máis abundantes. De forma continua e gradual, a especie cambia.
A Especiación: Orixe de Novas Especies
Especie: grupo natural de organismos con características semellantes que poden reproducirse entre si e ter descendentes fértiles. Están caracterizados por ter un acervo xenético común.
Especiación: proceso de aparición de novas especies. É necesario un illamento reprodutivo entre dous grupos que permita que os acervos xenéticos de cada un deles vaia cambiando de maneira independente. Despois dun tempo, os cambios orixinarán dous grupos cuxos membros teñan os xenes o suficientemente diferentes como para que non poidan reproducirse entre eles.
Fases da Especiación
Aínda que hai diferentes mecanismos de especiación, o máis común conleva as seguintes fases:
Illamento das poboacións
A poboación inicial queda dividida en dous ou máis grupos. Ou por barreiras xeográficas (ríos, montañas...), cambios nas costumes alimenticias, presión dos depredadores, etc. Ao separarse, xa non hai intercambio de xenes.
Evolución en ambientes distintos
Se as poboacións separadas se encontran en ambientes diferentes, a selección natural actuará de forma diferente en cada unha, favorecendo mutacións e causando cambios diferentes.
Aparición de barreiras reprodutivas
Co tempo suficiente, os cambios poden ser tan importantes que faga imposible o cruce entre os individuos das dúas poboacións, incluso aínda que entren en contacto. Neste momento, obtéñense dúas especies diferentes.