Teoría Tradicional vs. Teoría Crítica: Análise e Diferenzas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB

Teoría Tradicional vs. Teoría Crítica

1. Teoría Tradicional:

  • Positivismo: Considera que a ciencia é un saber obxectivo e neutral, a busca desinteresada da verdade.

Escola de Frankfurt:

  • O positivismo é unha ideoloxía ao servizo do poder establecido que lexitima as distintas formas de dominación do ser humano. Identifícase co status quo considerado como orde universal e inmodificable.
  • Razón positivista: Unha razón instrumental centrada nos medios e non nos fins, convertendo o ser humano nun medio.

2. Teoría Crítica:

  • Xorde da conxunción de Marx e Freud aplicados á análise crítico económico, político e cultural da sociedade de masas. Non acepta un status quo histórico no que o que é non debería ser.
  • Características:
    • A razón debe ser crítica fronte a todo tipo de ideoloxía manipuladora e alienante que, pretendendo dominar a natureza, acaba dominando ao ser humano, como nos totalitarismos.
    • Crítica dun sistema sociopolítico no que a ciencia e a técnica conduciran acriticamente á administración científica da morte.
  • Intersiciplinariedade: Para abordar a transformación social é necesario investigar desde unha perspectiva ampla a sociedade, incluíndo filosofía, socioloxía, psicoloxía e economía.
  • Obxectivo: Fundamentalmente emancipador. A razón debe liberar ao ser humano, non escravizalo. A meta é unha sociedade máis xusta, aunando teoría e praxe mediante a análise da sociedade desde unha perspectiva interdisciplinar.


Crítica do Marxismo

  • O proletariado xa non é unha clase revolucionaria que transformará a sociedade capitalista alienante, posto que está integrado nunha sociedade de consumo.
  • O colapso do capitalismo xa non se produciría porque as crises económicas poderían evitarse por medio da intervención política e económica.
  • Néganse a crenza de Marx de que unha sociedade xusta faría aos seres humanos libres.

Crítica da Ilustración

  • Ilustración: Crenza en que os problemas da humanidade terían solución cando os seres humanos fosen capaces de aplicar a razón a todas as esferas da vida, con optimismo e confianza no progreso humano.
  • Escola de Frankfurt: A experiencia vital e a historia da 1ª e 2ª Guerra Mundial, incluíndo o exterminio nazi e as bombas atómicas, amosan o poder mortífero e maquiavélico da razón, convertida en razón instrumental. Hai desconfianza na capacidade do home e da razón para construír sociedades xustas e igualitarias.

Crítica do Neocapitalismo

  • A razón ilustrada, convertida en razón instrumental, é causante do fenómeno dos totalitarismos e da crecente alienación das sociedades modernas, convertidas en sociedade de masas.
  • A teoría crítica critica a crecente despersonalización e cosificación das sociedades neocapitalistas provocadas pola sociedade de consumo e o control tecnolóxico. A sociedade neocapitalista implica maior control e burocracia, así como un exceso de normatividade, o que supón unha forma encuberta de totalitarismo.

Entradas relacionadas: