Teoría do Contrato Social de Locke: Dereitos e Liberdade

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,21 KB

Teoría do Contrato/Pacto Social

Para Locke, a diferenza de Hobbes, os seres humanos estamos dotados de razón e conciencia. Movemonos guiados polas paixóns e os desexos, pero a través da razón somos capaces de establecer unhas normas ou unhas leis de convivencia: son tan certas como as demostracións matemáticas.
Como seres racionais, distinguimos os actos bos dos actos malos. Ademais, podemos elixir as normas de acordo coas cales imos actuar cunha dobre finalidade: que ninguén nos cause dano e poder gozar dos nosos bens/propiedades.
A única maneira de conseguilo é que todos os homes se poñan de acordo para establecer unhas normas de convivencia que sexan respectadas por todos: nisto consiste a teoría do contrato social.
No seu pensamento político, Locke parte dun concepto básico: o estado da natureza. Os homes gozan de total liberdade, dirixen as súas accións e fan un uso das cousas/bens como consideran máis oportuno. O único límite é a lei natural.
No Renacemento hai unha contraposición entre dúas concepcións do ser humano: o optimismo humanista (o ser humano é bo por natureza) e o pesimismo humano (o ser humano é malo por natureza).
No Renacemento moderno mantéñense esas dúas concepcións: Rousseau defenderá a bondade natural e Hobbes mantén a maldade natural do ser humano.
Locke rexeita estas dúas posicións que considera extremas. Pensa que os seres humanos podemos violar os dereitos dos demais, pero tamén somos capaces de solucionar problemas de convivencia.
O límite que pon a razón é o que Locke denomina Lei Natural, que di que non todos temos dereito a todo. Esta lei obriga con independencia de quen teña o poder. Considérase que esta lei natural é un anticipo do que no século XVIII se denomina Dereitos Humanos.
Os propios dereitos naturais son o dereito á vida e o dereito á propiedade, porque o dereito á vida tamén inflúe nos dereitos aos bens necesarios para conservala.
O traballo para Locke deixa de ser unha actividade de escravos ou servos. Ninguén ten dereito a apropiarse dos bens que produce o traballo (dereito á propiedade). O dereito á propiedade inflúe en todo o que necesitamos para vivir, o que producimos co noso traballo, pero non nos dá dereito a ter máis bens dos que necesitamos nin máis propiedades das que podemos traballar.
O ser humano agrúpase en familias e tribos. Como non todos os seus membros respectan o dereito á vida, á liberdade e á propiedade dos demais, é necesario formar unha sociedade na que todos teñen que cumprir unha lei escrita para manter a paz.
As características fundamentais desta sociedade teñen que ser:
  • A sociedade política non pode ser sobrenatural, é dicir, non pode ir en contra da Lei natural porque ten que asegurarse de que os cidadáns desfruten dos dereitos naturais.
  • A sociedade política ten que estar baseada no consentimento dos cidadáns.
Polo contrato social, os individuos renunciamos a unha parte da nosa liberdade para desfrutar dos nosos dereitos. Ademais, aceptamos a vontade da maioría. A lei ten que obrigar a todos por igual e seguir a Lei Natural.

Entradas relacionadas: