Tempos verbais en galego: presente, copretérito, pretérito, antepretérito, futuro, pospretérito, subxuntivo e imperativo

Inglés5,04 KB

Tempos verbais en galego

Presente

Acción simultánea ao momento de fala: Pecho a fiestra.

Atemporal ou permanente: para presentar acontecementos de validez universal e ilimitada: A auga ferve a cen graos. Os gatos son animais felinos.

Habitual: expresa accións habituais, que se repiten con regularidade: Os sábados imos ao teatro.

Histórico: é un valor que, no presente, narra ou presenta situacións pasadas, co que se concede maior expresividade aos feitos ocorridos: Castelao morre en Bos Aires en 1950.

  • Valor de futuro: o presente posúe un valor prospectivo, para marcar un feito que probablemente se vai realizar: Mañá imos ao cine.
  • Valor imperativo: expresa accións non iniciadas que se van realizar no futuro: Ti pídeo e dáo-mo.

Copretérito

  • Coincidencia cun tempo pasado: Cando chegamos, xa estabas alí.
  • Valor habitual: indica accións usuais ou repetidas no pasado: Antes estabamos todos os xoves.
  • Valor de cortesía: Quería preguntarlle...
  • Valor de futuro desde o pasado: Dixo que marchaba mañá. Prometeume que hoxe estaba aquí.
  • Valor narrativo ou literario: é o tempo empregado na acción narrativa: Había unha vez dúas rapazas...

Pretérito

  • Acción anterior ao momento de fala: Onte mercou o coche.
  • Anterioridade no pasado, equivalente a un antepretérito: Naquel momento non souben se rompera a perna ou o xeonllo.
  • Valor de pretérito no futuro: indica unha acción situada nun momento anterior a outros que van vir no futuro: Cando veñan os bombeiros, xa arderá todo. Cando volvas, seguro que xa fixen iso.

Antepretérito

  • Acción anterior a outra pasada: Cando chamou, xa marcharas.
  • Valor de cortesía: Quixera preguntarlle...
  • Valor desiderativo: Quen puidera marchar convosco de viaxe.

Só con este último valor é posible a substitución polo pretérito de subxuntivo.

Futuro

  • Acción posterior ao momento en que se fala: Mañá sairemos ás tres.
  • Valor de obriga: Levarás as cousas que che dixen.
  • Valor de probabilidade ou dúbida: Valerán dez euros.
  • Valor de cortesía: Quererá facerme un favor?
  • Valor de pasado: Coa chegada de Franco, serán castigados os opostos ao réxime.

Pospretérito

  • Posterioridade con respecto ao pasado: Onte dixo que sairían ás tres da tarde.
  • Valor de cortesía: Querería dicirme a hora?
  • Valor imperativo: Deberías ser máis coidadoso.
  • Valor de probabilidade ou dúbida referida a un momento pasado: Andaría polos vinte anos cando soubo que a música era o seu destino.
  • Valor de pasado: Coa chegada de Franco, serían castigados os opostos ao réxime.
  • Futuro do pretérito: pónse de manifesto unha acción que pode ocorrer no presente ou no futuro se se reunisen as condicións necesarias: Sería rico se aforrase.

Presente de subxuntivo

Acción posterior ou simultánea ao momento de fala:

  • Quero que marches despois de comer.
  • Deixa que entre (agora).
  • Desexo, rogo, maldición: Queira Deus que non estean os cristais rotos! O demo te leve!
  • Dúbida: Poida que non me crea.
  • Valor imperativo: Que saian todos de aquí agora mesmo.

Pretérito de subxuntivo

  • Anterioridade con respecto a un feito pasado: Sinto que non che desen as axudas.
  • Coincidencia con respecto a un feito pasado: Parecía como se soubese o que tiña que facer.
  • Futuridade con respecto a un feito pasado: Dixenlle que me trouxese iso mañá.
  • Condición ou suposto nos enunciados condicionais e concesivos: Se chamases, iriámoste buscar antes.

Futuridade de subxuntivo

  • Eventualidade no futuro: Non entrarán os que chegaren tarde.
  • Valor modal: Onde fores, fai como vires.

Imperativo

  • Mandato temporalmente coincidente co momento da enunciación: Chama a túa irmá e dille que veña.

Descargar

PDF Word HTML