Temas e Estilo no Rexurdimento Galego: Rosalía de Castro e Curros Enríquez

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,36 KB

A Obra de Rosalía de Castro: Temas e Estilo

A Poesía Subxectiva (Follas Novas)

Recolle os apartados I (“Vaguedás”) e II (“¡Do íntimo!”), onde Rosalía expresa reflexións sobre a escrita feminina, o sentido da súa obra e un estado anímico marcado polo pesimismo, a saudade, a melancolía e o desexo de liberación.

Os temas centrais desta sección inclúen:

  • A insolidariedade humana.
  • O paso do tempo.
  • O desamor.
  • A morte e o suicidio como fuga do sufrimento.

Parte de Transición: O Apartado "Varia"

O apartado III, “Varia”, funciona como ponte entre os dous bloques, participando tanto da perspectiva subxectiva como da obxectiva.

Manuel Curros Enríquez: Compromiso e Sátira

Aires da miña Terra (1880)

Nesta obra publicada en 1880, Curros Enríquez recompila toda a súa poesía galega escrita ata ese momento, ampliándose nas seguintes edicións (17 poemas na primeira, 23 na segunda e 32 na terceira). Está encabezada por un poema-prólogo titulado “Introdución”, no que o autor xustifica e reivindica o uso do galego como lingua digna da creación literaria.

Temática Cívica e Social

É a máis predominante na obra. Curros defende que a poesía debe ser unha arma de loita contra as inxustizas, denunciando:

  • A tiranía e a falta de liberdade.
  • O fanatismo relixioso e a intransixencia da Igrexa.
  • O caciquismo e a desigualdade no reparto da terra.
  • A ignorancia, a superstición e a miseria.

Tamén enxalza o progreso tecnolóxico como camiño cara ao avance da sociedade.

Temática Intimista

Inclúe os poemas de contido máis persoal e emocional, onde se tratan temas da esfera familiar, como:

  • A morte dun fillo (“Ai!”).
  • A morte da nai (“Na morte da miña nai”).
  • O nacemento dun fillo (“Ben chegado”).

Temática Costumista

Presente especialmente nos tres poemas premiados en 1877 no certame literario de Ourense:

  1. “Unha voda en Einibó”.
  2. “A Virxe do Cristal”.
  3. “O gueiteiro de Penalta”.

Nestes poemas recrean escenas tradicionais da vida rural galega con riqueza de detalles e autenticidade popular.

O Divino Sainete (1888): Sátira e Crítica Social

É un longo poema narrativo, con “Introdución” e oito “Cantos”, que marca o inicio da liña satírica na literatura moderna galega. Parodiando á Divina Comedia de Dante, pero con ton burlón, Curros fai unha crítica mordaz á sociedade da súa época, con especial atención aos poderosos, os seus inimigos persoais e a Igrexa católica.

Tamén aparecen aludidos de forma satírica personaxes e institucións políticas e culturais da Galicia do momento.

Argumento e Estrutura Satírica

O argumento parte dunha peregrinación ficticia a Roma, que o autor realiza guiado polo poeta Francisco Añón, co pretexto de celebrar o xubileu do papa León XIII. A viaxe realízase nun tren composto por sete vagóns, cada un representando un dos sete pecados capitais:

  • Preguiza
  • Envexa
  • Gula
  • Ira
  • Luxuria
  • Avaricia
  • Soberbia

Dentro viaxan figuras satirizadas como o xuíz e o bispo que perseguiron a Curros por Aires da miña terra, frades obscenos, hipócritas e lambóns, ou mesmo escritoras conservadoras contrarias ao galeguismo como Pardo Bazán.

Unha vez en Roma, os dous poetas reúnense co papa e recomendan que a Igrexa abandone a súa riqueza e volva a unha vida máis humilde e sinxela, pechando así a mensaxe de crítica social e relixiosa da obra.

Características Lingüísticas e Estilísticas

Lingua e Estilo en Curros Enríquez

Rexisto: Galego popular (Celanova), con presenza de dialectalismos, vulgarismos e castelanismos.

Estilo: Caracterizado pola claridade e a sinxeleza.

Recursos Retóricos:

  • Anáfora, retruécano, polípote.
  • Uso de simbolismo inverso (ex.: a locomotora como a Virxe).

Trazos Lingüísticos e Estilísticos en Rosalía de Castro

Rexisto: Galego coloquial e espontáneo (Santiago-Padrón), con castelanismos, seseo e vulgarismos.

Estilo: Sinxelo, de inspiración popular, e uso frecuente de:

  • Comparacións e paralelismos.
  • Anáforas e antítese.

Símbolos Clave:

  • A negra sombra (dor existencial).
  • O cravo (dor concreta e nostalxia).

Entradas relacionadas: