Tema 6: Estado e nación na Restauración
O réxime da Restauración borbónica é un sistema canovista que estaba baseado nunha constitución que establecía a monarquía constitucional doutrinaria, dobre confianza formada pola Coroa e as Cortes, a quenda pacífica e o transaccionismo. Este réxime é favorable ás clases burguesas e aristocráticas e tiña unha reacción conservadora ao Sexenio.
1. Reinado de Alfonso XII (1875-1885)
É un réxime político deseñado por Cánovas que funcionou sen grandes dificultades. Establecía un modelo político chamado Monarquía constitucional doutrinaria conservadora:
A Constitución de 1876
A Coroa compartía a soberanía coas Cortes, Cortes bicamerais (Congreso e Senado), dereitos e liberdades recollidos dunha forma xeral e catolicismo do Estado.
Pacificación do reinado
Estas finalizan en dúas guerras (a guerra carlista e a de Cuba).
Establecemento dun Estado unitario e centralizado
Imposto polos conservadores e apoiado polos liberais con medidas como a abolición dos privilexios forais vascos e o control dos concellos polo goberno.
Os gobernos de Cánovas e o inicio da quenda
O cambio de goberno non podía quedar nas mans dunhas eleccións e, como solución, creouse o sistema da quenda pacífica. En 1875-1881 producíronse os gobernos de Cánovas, que eran conservadores. En 1881-1884 deuse o inicio da quenda co goberno de Sagasta, que eran liberais.
Reorganización e división republicana
O fracaso da Primeira República supuxo a división dos republicanos:
- Republicanos federais (Pi i Margall): actividade centrada na definición e concreción da futura república federal. En Galicia impulsouse a constitución para o futuro Estado galaico.
- República progresista (Ruiz Zorrilla): eran defensores da república unitaria. Buscaban o afundimento da monarquía mediante pronunciamentos militares e conseguiron concelleiros.
2. A rexencia de María Cristina (1885-1902)
Pacto do Pardo: coa morte de Alfonso XII, os partidos dinásticos acordan garantir a permanencia do réxime e da quenda, a dimisión de Cánovas e a formación do goberno de Sagasta.
As reformas de Sagasta
Introduciu a Lei de Asociacións en 1887 coa legalización e desenvolvemento das organizacións obreiras. Nova lei electoral en 1890 con sufraxio universal masculino para os maiores de 25 anos.
Fraude electoral, oligarquía e caciquismo
Para poder gobernar en maioría recorríase ao falseamento permanente dos procesos electorais. O sistema funcionaba de arriba abaixo: a oligarquía (na cúspide) elixía os candidatos; o gobernador civil colocaba en cada distrito electoral os nomes dos candidatos que o goberno estaba disposto a tolerar, e necesitábase a colaboración do alcalde e da Garda Civil. O cacique tiña unha gran influencia sobre autoridades e veciños, e o control caciquil era unha peza básica do funcionamento da quenda.
Conflictividade social e rexionalismos
Deuse un aumento de folgas e protestas obreiras (sobre todo os xornaleiros do campo), atentados anarquistas; e en Cataluña, Galicia e o País Vasco cobraron forza os movementos rexionalistas e nacionalistas.
O desastre de 1898
A principal crise da rexencia de María Cristina foi a insurrección de Cuba e Filipinas, que amosou as grandes carencias do exército español. En 1898 produciuse a explosión do cruceiro dos Estados Unidos. En poucos días sufriuse unha rápida e contundente derrota; España cedeu Cuba polo Tratado de París.
Rexeneracionismo
A finais dos séculos XIX e XX xorde o rexeneracionismo, unha corrente que analizou os males do país e criticou o sistema da Restauración. Os problemas derivaban dun Estado ineficaz e dunha clase política corrupta, máis un deficiente desenvolvemento económico. Joaquín Costa é o máis destacado representante, coñecido como o «cirurxián de ferro».
Intentos fracasados de unión republicana
O sufraxio universal alimentou esperanzas nos republicanos, pero só obtiveron éxitos parciais. A principios do século XX, os republicanos eran un grupo minoritario nas Cortes que non tiñan capacidade para alterar as bases do réxime.