TEMA 3. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB

Lexislación autonómica e estatal


. Os documentos legais de maior rango son a Constitución Española (1978) e o Estatuto de Autonomía de Galicia (1981). A ratificación da Constitución -que recoñece a cooficialidade nos distintos territorios das linguas peninsulares diferentes da española-supuxo o punto de inicio para a elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia, que no seu artigo 5 recolle o seguinte: 1. A 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua. -O recoñecemento do galego A Lei de Normalización Lingüística recoñece as dificultades históricas que atravesou o noso idioma ao longo da súa historia e regula o dereito de uso para os/as falantes, sanciona a discriminación motivos de lingua, lexisla a respecto do idioma en que deben aparecer os topónimos e fixa o papel que deben exercer a Administración Pública, o ensino e os medios de comunicación na normalización lingüística.
Art. 3. Os poderes públicos de Galicia adoptarán as Art. 4.1. O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma. Art. 10.1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Art. 12.1. O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.


Art. 13.1. Os nenos teñen dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna. Art. 18. O galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma. -As medidas xerais recollidas nesta lei concretáronse no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), que foi aprobado por unanimidade no Parlamento galego. Este documento pretendía garantir o dereito da cidadanía a vivir en galego e mellorar a presenza social da nosa lingua en todos os ámbitos; porén, a maior parte das medidas que se propuñan nel non chegaron a ser aplicadas. A institución encargada de protexer o galego e promocionar o seu uso é a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia. Este departamento asinou en 2007 o Protocolo Xeral entre o Goberno Vasco, a Generalitat de Catalunya e a Xunta de Galicia en materia de política lingüística, en que se explícita a necesidade de desenvolver de forma conxunta medidas que impulsen a normalización lingüística do éuscaro, do catalán e do galego.

Lexislación internacional


Pola súa parte, a Declaración universal dos dereitos lingüísticos, que ten como fin promover as linguas minorizadas e protexer os dereitos dos/das falantes, conta co apoio da UNESCO e foi asinada por varias ONG, diferentes agrupacións do Pen Club e expertos/as en lexislación lingüística.

Entradas relacionadas: