Tecnoloxías Web: Aplicacións, Servidores e Linguaxes Fundamentais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en español con un tamaño de 4,41 KB
Que é unha aplicación web?
As principais características dunha aplicación web son distribuír información por Internet.
Unha aplicación web pode xerar contido dinámico, construíndo páxinas web sobre a marcha a partir de fontes de datos que poden ser alimentadas polos usuarios.
Unha aplicación web pode incluír seguridade.
Unha aplicación web pode conectarse a unha base de datos de xeito que os seus contidos poidan almacenarse de xeito persistente e ser recuperados.
Unha aplicación web utiliza os servizos transaccionais dunha base de datos de modo que as súas actualizacións sexan fiables e consistentes.
Unha aplicación unifica os servizos do hardware e do software subxacente á súa infraestrutura para executar a mesma aplicación en distintas máquinas, permitindo a escalabilidade do sistema.
Servizos web 1.0 e servizos web 2.0
Os servizos web 1.0 son os servizos que ofrecían os sitios web clásicos.
Os servizos web 2.0 son as páxinas web que ofrecen servizos orientados ao usuario.
Aplicacións na nube (Cloud Computing)
- Discos duros virtuais: por exemplo, Dropbox.
- Aplicacións de ofimática web: por exemplo, Google Docs.
- Copias de seguridade en liña: por exemplo, un disco virtual.
- Calendarios: Permiten a dispoñibilidade permanente dos datos da axenda persoal.
- Sistemas operativos web: por exemplo, EyeOS ou TribalOS.
- Servizos VPN: por exemplo, Tunnelbear.
- Redes sociais: por exemplo, Facebook, Instagram.
- Bibliotecas multimedia: por exemplo, YouTube, Flickr.
- Marcadores en liña: por exemplo, Digg ou del.icio.us.
Tipos de páxinas web
Páxinas estáticas
Diremos que unha páxina é estática cando os seus contidos non poden ser modificados nin dende o servidor que a aloxa nin dende o cliente.
Páxinas dinámicas
Chamaremos dinámicas ás páxinas que poden ver modificados os seus contidos.
Servidores e clientes
La arquitectura cliente-servidor es un modelo de aplicación distribuida en el que las tareas se reparten entre los proveedores de recursos o servicios, llamados servidores, y los demandantes, llamados clientes. Un cliente realiza peticiones a otro programa, el servidor, quien le da respuesta.
Servidor e cliente nunha mesma máquina
A diferenza substancial sería que agora non é necesario o servidor de DNS para buscar a dirección IP. Utilizaríase unha IP (habitualmente a 127.0.0.1).
Servidores de aplicacións web
Son servidores web, pero que teñen capacidade de almacenar e xestionar aplicacións web.
Servidores de aplicacións web comerciais
Apache
Trátase dun software de código aberto que utiliza unha licenza de tipo Apache License, que é unha variante da licenza GPL de Linux.
Nginx
Servidor web cada vez máis popular. Moi lixeiro, pero con algún problema. Pódese ampliar con módulos que permiten servir aplicacións web.
Linguaxes
Linguaxes do lado do cliente
Diremos que unha linguaxe é do lado do cliente cando o intérprete que vai executar os seus scripts é accesible dende o cliente sen facer ningunha petición ao servidor.
Linguaxes do lado do servidor
Unha linguaxe é do lado do servidor cando a execución dos seus scripts se efectúa, por instancia do servidor, antes de dar resposta á petición.
Exemplos de linguaxes
Do lado do cliente
- DHTML
- JavaScript
- VBScript
Do lado do servidor
- PHP
- JSP
- Perl
- ASP