Técnicas Avanzadas de Confección de Carillas de Cerámica no Laboratorio Dental

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,32 KB

Carillas de Cerámica

As carillas de cerámica son unhas láminas moi finas que se pegan ao dente grazas a uns sistemas de adhesión que conseguen a unión esmalte-cerámica. Con elas conséguense restauracións estéticas con mínima destrución dentaria. O clínico tallará aproximadamente entre 0,5-0,8 mm por vestibular e de 1-1,5 mm en incisal. O grosor da carilla será aproximadamente como mínimo de 0,8 mm e máximo de 2 mm. Algúns técnicos matizan que o grosor mínimo de cerámica será de 1 mm.

Indicacións

As carillas están indicadas para modificar a cor dos dentes debido a:

  • Tincións por endodoncias, por tetraciclinas, coloración debida a traumatismos, fluorose, etc.
  • Malposicións moderadas.
  • Modificacións na forma das pezas dentarias.
  • Modificacións incisais, por desgaste ou fracturas coa conseguinte perda da guía anterior.
  • Envellecemento e desgaste fisiolóxico, por atrición e cepillados incorrectos.
  • Diastemas.
  • Bruxismo.
  • Maloclusións dentarias.

Contraindicacións

  • Alteracións do esmalte:
    • Pouca superficie de esmalte.
    • Dentes moi pequenos.
    • Graves hipoplasias do esmalte.
    • Bruxismo con grandes desgastes e perda importante da dimensión vertical.
  • Falta de hixiene oral.
  • Alteracións oclusais:
    • Mordidas cruzadas.
    • Grandes diastemas no grupo anterior.
  • Policaries.
  • Práctica de deportes de contacto (requírese o uso de protectores no caso de ter carillas).

Clasificación das Carillas

Segundo a composición do material

  • Resinas (composite).
  • Porcelanas.

Segundo o método de confección

  • Resinas compostas: directas ou indirectas (sobre o modelo).
  • Porcelanas: indirectas no laboratorio (con espesores de 0,1 a 0,7 mm).

Técnicas de Laboratorio

Existen diversas metodoloxías para a súa elaboración:

  • Técnica do toco refractario.
  • Técnica da lámina de platino.
  • Núcleo interno de disilicato (mediante inxección) e recubrir con cerámica de carillas.

Técnica da Lámina de Platino

Vantaxes

  • Uso de tocos desmontables de xeso estándar.
  • Rapidez en comezar a confección da carilla xa que a lámina de platino é adaptada moi facilmente.
  • Control do grosor da carilla durante a súa confección.
  • As carillas poden recortarse no dente preparado antes de proceder ao glaseado.

Inconvenientes

  • Son de fácil distorsión.
  • Cor difícil de conseguir.
  • Custo elevado da lámina.

Técnica do Toco Refractario

Vantaxes

  • Mellor axuste.
  • Menor dificultade na súa confección por parte do técnico de laboratorio.
  • Máis fácil de conseguir a cor desexada.

Inconvenientes

  • Débese de facer duplicado de tocos.
  • Débese de retirar o revestimento que queda adherido á carilla.
  • O axuste debe de realizarse sobre os tocos de xeso.
  • Difícil control do grosor da carilla.

Primeiro método: Duplicado de toco mediante Accutrac

Debemos de facer dous tocos: un de xeso para verificar o axuste da carilla e outro de revestimento refractario para confeccionala. Os pasos son:

  1. Individualizar os tocos desmontables, pintar as marxes e aplicar separador que simulará a cantidade de cemento.
  2. Facemos unha chave de silicona pesada na zona da carilla e dentes contiguos.
  3. Retiramos os tocos do Accutrac.
  4. Volvemos a posicionar a chave de silicona e recheamos con revestimento refractario cun coeficiente de expansión similar ao da cerámica. O revestimento vértese pola parte exterior do Accutrac.
  5. Desmontamos os tocos refractarios e marcamos as marxes con lapis.
Desgasificación dos tocos

O toco refractario débese someter a un tratamento para evitar que os derivados amoniacais e sulfurosos contaminen o forno de cerámica. O proceso é:

  1. Colocalo no forno de prequentamento en frío e subilo ata 700°C para evaporar o líquido.
  2. Colocar os tocos no forno de cerámica no programa de desgasificación (ata 1000°C con baleiro ou 1100°C durante 1h 30min).
  3. Arrefriar a temperatura ambiente e somerxer en auga destilada para eliminar burbullas e hidratar.
Cocción de Wash e Modelado
  • Cocción de Wash: Capa fina de dentina ou transparente clear para evitar que o toco absorba auga.
  • Colocación de dentina e incisal, modelado e secado con papel absorbente.
  • Cocción segundo o fabricante (adoita subirse 30°C máis xa que o revestimento absorbe calor).
  • Repasado de marxes con fresa de diamante e puntos de contacto.
  • Axuste pola cara palatina e limpeza con vapor de auga.
  • Segunda cocción, glaseado e cocción final.
  • Retirada do revestimento e areado interno con perlas de vidro ou óxido de aluminio (50 micras).
  • Gravado con ácido fluorhídrico e lavado.

Segundo método: Duplicado mediante muñón mestre

Tras o tallado clínico (0,5-0,8 mm vestibular e 1-1,5 mm incisal), trabállase coa impresión:

  • Modelo 1: Baleirado da impresión, chave de silicona e encerado da carilla.
  • Modelo 2: Segundo baleirado só da zona de traballo. Recórtanse os tocos e enuméranse.
  • Duplicado con silicona líquida e baleirado con revestimento de carillas.
  • Desgasificación, hidratación e cocción de wash.
  • Colocación de masas de cerámica (grosor 0,5 mm) e coccións sucesivas.
  • Axuste no modelo de escaiola, areado interno e gravado ácido.

Detalles da Técnica de Lámina de Platino

Permite carillas moi delgadas e máis transparentes, xa que a cerámica non atrapa gases do revestimento. Ten o chamado efecto chumbo (adaptación perfecta ao toco).

  1. Uso de modelo con tocos desmontables e separador.
  2. Adaptación da lámina de platino brunindo sobre o toco cun pau de madeira.
  3. Pregues na cara palatina e soldadura con mecheiro ou soprete.
  4. Recortar 1 mm máis alá das marxes.
  5. Aplicación de cerámica (dentina, incisal, efectos).
  6. Maquillaxe e glaseado antes de retirar a lámina.
  7. Para retirar a lámina, somerxer en auga fría e tirar con pinzas (adoita saír en varios anacos).
  8. Protexer con cera antes do gravado con ácido fluorhídrico.

Técnica de Núcleo Interno de Disilicato

Consiste en encerar un núcleo interno de 0,3-0,4 mm, inxectar a cerámica de disilicato e recubrir con cerámica de carillas (ex: e.max Ceram).

  • Uso de Holding Gel para suxeitar o núcleo.
  • Uso de pasta Object Fix Flow para a cocción no forno.

Toco Cerámico

Existen dúas formas principais de realizalo:

  1. Toco de ouro prefabricado: Moi custoso, a cerámica pégase mediante vibración.
  2. Pilar calcinable: O máis fino posible, seguido de coado, repasado, areado e aplicación de cerámica.

Entradas relacionadas: