O Teatro Galego entre Séculos: Anos 80, 90 e Actualidade
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,88 KB
O Teatro Galego de Finais do Século XX e Comezos do XXI
O cambio de réxime vivido á morte do ditador Franco conlevou unha mudanza radical no terreo literario, reorientando e diversificando a oferta. O mesmo sucede no teatro, no que se produce unha revitalización que nunca tivera na nosa historia literaria, pero de todos os xeitos continúa a ser “a irmá pobre” da literatura, gozando dunha posición inferior á poesía ou á narrativa.
Fases do Teatro Galego Actual
Podemos distinguir tres fases no teatro actual:
- Formación de compañías profesionais (1978-1983). Grupos nacidos ao redor das Mostras de Ribadavia emprenden a aventura de facer do teatro a súa profesión, superando polo tanto a fase de afeccionados na que debían vivir doutro traballo. Podemos destacar Sarabela Teatro, en Ourense, como compañía exitosa que segue en 1ª liña na actualidade. No plano estético, as obras de intencionalidade política explícita ou alegórica van deixando paso a propostas máis diversificadas e máis complexas.
- Institucionalización (1984-1991). O primeiro fito é a creación do Centro Dramático Galego (1984), primeira compañía pública dependente da Consellería de Cultura, ademais da convocatoria de diversos premios amparados por outras institucións públicas. Xorden ademais novas compañías profesionais (Teatro do Morcego, Cangas, 1989).
- Desenvolvemento (ata a actualidade). Multiplícanse as compañías profesionais, e aparecen outras de teatro alternativo ou experimental; e ponse en funcionamento a Rede Galega de Teatros e Auditorios (1996) o que permite unha oferta máis estábel e descentralizada e no curso 2005/06 arranca en Vigo a Escola Superior de Arte Dramática, primeiro centro oficial para o ensino e aprendizaxe teatrais. Ao longo destes 30 anos van aumentando tamén as publicacións e coleccións de teatro, como os Cadernos da Escola Dramática Galega ou os Libros do Centro Dramático Galego publicados por Ed. Xerais, pero tamén neste campo o teatro é a “Cinsenta” da literatura.
Características e Tendencias
Ao contarmos cunha oferta moi diversificada, é difícil atopar unhas características comúns a todo o teatro desta época, pero a maioría dos estudosos sinalan catro liñas que con frecuencia se entrecruzan: a crítica, a irónica, a lúdica e a culta.
O teatro crítico, comprometido coa realidade, non vai ser tan directo e combativo como no final do franquismo, senón que botará man do humor e a sátira para reflectir diferentes aspectos da nova realidade. A corrente lúdica maniféstase nas comedias de enredo, musicais... Outra tendencia é a culturalista, caracterizada polo xogo do “teatro dentro do teatro” e a interrelación vida / escena;