Teatro Galego na Posguerra e o Teatro Independente
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,59 KB
O teatro galego entre o 36 e o 76: a xeración dos cincuenta e o grupo Ribadavia
Como consecuencia da Guerra Civil e da inmediata posguerra, o réxime ditatorial triunfante provocou unha paralización de todas as actividades culturais de signo galeguista. A creación dramática na nosa lingua converteuse nun exercicio realizado na intimidade e afastado do contacto co público. Resulta difícil falarmos de xeracións, grupos ou tendencias, pero a historia da dramaturxia galega nos anos de posguerra é a historia de autores que escriben illadamente.
A partir do 60, as novas circunstancias sociais, económicas, etc. van propiciar un rexurdimento da actividade teatral coa aparición do teatro independente constituído por afeccionados. Ese esforzo de moitas persoas vai dar como resultado a celebración da primeira Mostra de Ribadavia.
A situación do teatro na posguerra
Durante a década dos corenta, a presenza do teatro galego dentro da propia Galicia viuse reducida ás representacións que levaban a cabo as agrupacións folclóricas, que eran pezas de carácter costumista. Bos Aires aparecía ao lonxe como a única posibilidade de manter unha actividade teatral en galego digna. Xente de alí como Manuel Varela, con textos como O Ferreiro de Santán, ou Blanco Amor, con Farsas para Títeres, son desta etapa. Cara a finais dos corenta abandonaron as representacións de carácter costumista.
De todos os xeitos, malia feitos singulares, o certo é que a actividade teatral en Galicia ata mediados dos 60 vai ser moi reducida. A creación dramática vai ser unha actividade realizada por autores illados e diferéncianse dúas liñas: a da continuación do teatro de preguerra, como Pedrayo, e a creación de novas fórmulas que enlazan os intentos de renovación de antes da Guerra Civil co esforzo das novas promocións do teatro independente.
Autores destacados
- Carballo Calero: En 1963, tirou do prelo A Farsa das Zocas, situada na liña de aplicar as técnicas de farsa que traballaran Pedrayo e Castelao.
- Xenaro Mariñas del Valle: Neste autor non existe ningunha coincidencia entre a data de redacción e a súa publicación. Nos 60, a súa dramaturxia leva adiante fórmulas nas que os apartados sociais cobran verdadeira dimensión, mesmo ata o punto de que algúns historiadores o consideran como o verdadeiro iniciador do teatro social. Ten títulos como No Palleiro.
- Álvaro Cunqueiro: No 59, tivo lugar na Coruña a estrea de O Incerto Señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. Pero ademais desta importante obra, tamén é autor de A Noite Vai Coma un Río, outra fantástica obra. Esta presenta un forte carácter lírico que entronca co teatro que explora a potencialidade dos mitos e, ao mesmo tempo, as dimensións e límites da propia condición humana.
O teatro independente e a Mostra de Ribadavia
Se durante a década dos 50 non podemos falar de verdadeiras publicacións dedicadas ao mundo do teatro, será a partir do 63 cando a revista Grial comece a dar a luz con certa frecuencia textos dramáticos.
Polo que se refire ás actividades teatrais propiamente ditas, o 65 constitúe unha data existencial; nese ano ten lugar na Coruña a fundación do grupo teatral O Facho, dirixido por Manuel Lourenzo. Dous anos máis tarde, Manuel Lourenzo funda o Teatro Circo. Este novo grupo estreará obras clásicas e novas. O exemplo desta iniciativa vai propiciar outras varias ao longo de todo o país.
Todos estes feitos significan a constitución en Galicia do que se vén denominado teatro independente. Este funcionou como unha actividade cultural e, doutra banda, propiciou unha renovación estética e temática do teatro galego.
- Daniel Cortezón: Iniciou o seu labor coa publicación de Nicolás Flamel e unha etapa como dramaturgo historiador.
- Manuel María: Deu a coñecer a súa primeira farsa, Barriga Verde, en 1968, coa que vai incidir nunha concepción do teatro popular e revindicativo como unha arma de axitación e propaganda social, e foi vencedor dun certame.
No 73, é convocada pola Asociación Cultural Abrente en Ribadavia a Primeira Mostra Abrente. Estas significaron unha verdadeira inxección de vitalidade para a escena teatral galega. Son o primeiro grupo de dramaturgos galegos, entre os que están Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño.