O Teatro Galego a Finais do Século XX e Comezos do XXI: Autores e Tendencias

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,09 KB

O Teatro Galego de Finais do Século XX e Comezos do XXI

Unha ollada aos temas, autores, dramaturgos, tendencias e compañías máis relevantes das décadas dos 80 e 90.

Contexto Inicial: A Década dos 70

Un dos momentos máis importantes do teatro galego de finais do século XX vén da man da posta en marcha da Mostra de Teatro de Ribadavia (1973), que crea un festival que serve de referente e un premio que servirá de plataforma aos autores.

A finais da década, Manuel Lourenzo e Francisco Pillado fundan a Escola Dramática Galega co obxectivo de formar autores e facilitar a representación. Para a publicación dos textos dos autores novos crean os Cadernos da Escola Dramática Galega. O remate desta década vén marcada polo esmorecemento do teatro profesional.

A Década dos 80: Novos Proxectos e Profesionalización

A década dos 80 caracterízase pola aparición de novos proxectos teatrais como a creación da Compañía Luís Seoane e dúas salas de representación: a Sala Luís Seoane na Coruña e a Sala Caritel en Ourense.

O Centro Dramático Galego (CDG)

O momento de referencia desta década vai ser o ano 1984, data da creación do Centro Dramático Galego (CDG), que nace co obxectivo de:

  • Favorecer o desenvolvemento do teatro profesional.
  • Normalizar o teatro a partir da representación de autores galegos e estranxeiros.
  • Publicar textos teatrais.

Publicacións e Premios

Malia a proliferación de coleccións teatrais como Os libros do CDG, a Biblioteca do Arlequín e os Cadernos da Escola Dramática Galega, segue sen existir un tecido editorial estable para a publicación. Non se pode esquecer a aparición de premios como o Álvaro Cunqueiro ou o Rafael Dieste, que posibilitan a publicación e facilitan a representación.

Autores Destacados dos 80

Veteranos Vencellados a Ribadavia

Os autores máis vellos da década dos 80 están moi vencellados ás Mostras de Teatro de Ribadavia e terán un papel moi destacado dentro do panorama teatral galego. É o caso de:

  • Manuel Lourenzo (Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca)
  • Euloxio Ruibal (Zardigot)
  • Roberto Vidal Bolaño (Laudamuco, señor de ningures)
A Promoción dos 80

Os autores máis novos formarán o que se coñece como promoción dos 80. As súas obras caracterízanse por:

  • Dimensión simbólica.
  • Culturalismo.
  • Afastamento da realidade inmediata.
  • Reflexións metateatrais.
  • Crítica, humor e ironía.

As voces máis destacadas deste grupo son:

  • Miguel Anxo Fernán-Vello (A casa dos afogados)
  • Xesús Pisón (Ei, Feldmühle!)
  • Manuel Guede (O nome dos disfraces)

Compañías Profesionais dos 80

A década vaise caracterizar pola aparición de compañías teatrais profesionais como:

  • Sarabela Teatro
  • Teatro do Morcego
  • Teatro do Atlántico

A Década dos 90: Consolidación e Novas Voces

A década dos 90 caracterízase pola maior implicación dos autores teatrais co xénero. As súas obras caracterízanse pola intertextualidade, a revisión da tradición autóctona e a revisión dos modelos xenéricos.

A Promoción dos 90

Destacan dentro da promoción dos 90 dramaturgos como:

  • Miguel Anxo Murado (A grande noite de Fiz)
  • Cándido Pazó (Raíñas de pedra)
  • Raúl Dans (Lugar)
  • Manuel Núñez Singala (Comedia bífida)
  • Teresa Moure (Unha primavera para Aldara)

Entradas relacionadas: