Teatro Galego Fin XX Comezos XXI: Promocións e Contexto

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,95 KB

O teatro galego de fin do XX e comezos do XXI

A aparición a finais dos 70 de novos autores que, ao abeiro dos últimos anos da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia, súmanse en 1980 á aprobación do Estatuto de Autonomía. Isto supón a posta en funcionamento de institucións autonómicas que facilitan a creación dun Centro Dramático Galego e o establecemento dunha política cultural que ha de influír sobre a produción e o consumo da literatura dramática en Galicia. Todos cun obxectivo común: a configuración dunha estrutura profesional e institucional para o teatro galego desde a posición iniciada polo teatro independente.

As promocións dos 80 e 90

No teatro na fin do século distínguense dúas promocións: a dos 80 e a dos 90. Aínda que se fale de dúas xeracións diferentes, non hai que esquecer a innegable continuidade temática e estilística nos seus escritores, que fan posible a convivencia de liñas e autores de promocións diferentes. Adoitan agruparse en dúas promocións baixo a etiqueta de "Xeración Postabrente" por conviviren nunhas mesmas coordenadas sociais e políticas a partir dos 80.

O marco no que se desenvolve a literatura dramática das últimas décadas vén lastrado pola falta dun público consumidor de textos teatrais e polas escasas iniciativas editoriais. Estes feitos provocan que os primeiros certames literarios cobren un papel decisivo de canonización e estímulo creativo.

Como referentes na normalización da vida teatral xorden as compañías estables. Ademais de Antroido e Troula, pódese sinalar o nacemento de Artello, Ítaca e, en 1978, a creación na Coruña da Escola Dramática Galega.

Entre mediados e finais dos oitenta tamén se poñen en marcha novas mostras e festivais que van consolidando a creación dun tecido teatral básico e un asentamento que vai callar en grupos como Chévere, Teatro de Morcegos e, como grupo institucional, o Centro Dramático Galego.

Liñas temáticas

En canto ás liñas temáticas, son:

  • Compromiso (como Xesús Pisón)
  • Culturalismo (Miguel Anxo Fernán Vello)
  • Neorruralismo (Cándido Pazó)
  • Comedia
  • Teatro posmoderno e intertextualidade de carácter lúdico (deste mesmo autor)
  • Teatro posmoderno (de Gustavo Pernas)

A promoción dos anos 80

A promoción dos 80 son autores nados arredor dos 50. A súa obra sitúase nos derradeiros anos do franquismo e no nacemento da Galicia autonómica, e dáse a coñecer a través dos soportes editoriais. Por esta canle chegarían ao público os textos gañadores do certame de teatro breve da Escola Dramática Galega entre 1979 e 1992.

Trazos xerais

Os trazos xerais desta promoción son:

  • O metateatro
  • O teatro culturalista cun forte compoñente simbólico e irónico
  • A presenza dun humor á beira do absurdo
  • Os procesos de abstracción e xeneralización que levan a unha práctica de anonimia dos personaxes

Autores destacados

Autores desta promoción son Fernán Vello, que viu publicadas todas as obras ben premiadas no concurso de teatro breve ou galardoadas co premio Biblioteca de Arlequín. A liña culturalista, como a obra A tertulia das máscaras. Outros autores son Antón Reixa ou Luisa Villalta.

A xeración dos anos 90

A xeración dos 90 son dramaturgos nados nos 60 e vai manter unha traxectoria máis continuada. En xeral, apréciase unha separación da liña estilizante anterior cara a propostas e linguaxes máis comunicativas. Tamén a relación co feito teatral é máis estreita, de feito que non é difícil atopar exemplos como os de Cándido Pazó, prototipo de autor, dramaturgo, director e tradutor.

Confírmase nesta década o compromiso profesional co teatro galego, cada vez máis favorecido polas axudas á normalización que emprenden as institucións galegas. A creación de novos premios, bolsas de formación, etc., favorecen a difusión do teatro e a consolidación de compañías estables.

Trazos xerais

Os trazos xerais desta xeración son:

  • A menor carga simbólica
  • O coidado na estrutura da peza
  • Introdúcense dúas tendencias: o neorruralismo e a intertextualidade
  • Primacía do carácter lúdico e cultivo da comedia e teatro histórico

Autores destacados

Autores, algún como Cándido Pazó, autor que constrúe as pezas tomando como partida obras ou personaxes clásicos, como a obra O rei nu. Miguel Anxo Murado coa obra A grande noite de Fiz, ambientada no XVIII, que parte dun Maquiavelo. A liña culturalista con Francisco Soto. É unha dramaturxia que bebe nas nosas propias tradicións, como a de Xavier Lama.

Entradas relacionadas: