Que son as VLANs? Guía completa en galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,59 KB

Que é unha VLAN?

É un método que crea unha rede lóxica dentro dunha rede física.

Características das VLANs

  • Reducen o custo real e administrativo da xestión da rede.
  • Segmentan os dominios de difusión; cada VLAN forma un dominio de difusión (broadcast) independente.
  • Reducen o tráfico da rede (pola segmentación da rede en dominios de difusión).
  • Melloran a seguridade da rede (separan a rede en grupos que non poden compartir información directamente).
  • Aumentan a flexibilidade da rede (varios hosts conectados poden pertencer a diferentes redes).
  • Aumentan a escalabilidade da rede.
  • A comunicación entre VLANs acádase mediante routers ou dispositivos de capa 3.
  • Cada VLAN queda identificada por un identificador único (ID de VLAN).

Tipos de Switches con Soporte para VLAN

Non Xestionables: Adoitan ofrecer funcionalidades básicas que non requiren procedementos de configuración ou xestión.
Xestionables: Ofrecen unha serie de características adicionais que requiren configuración e xestión. Son máis caros. É importante asegurarse de que inclúan soporte para o estándar IEEE 802.1Q.

Tipos de VLANs

Estáticas: Nestas VLANs defínense os portos de cada conmutador que pertencen a unha VLAN determinada. A non ser que haxa un cambio na configuración, cada porto sempre se refire á mesma VLAN.
Dinámicas: Os portos do switch asígnanse a unha VLAN automaticamente, en función dalgún parámetro da rede:
  • Baseada en Dirección MAC: Os membros da VLAN especifícanse nunha táboa pola súa dirección MAC.
  • Baseada en Protocolo: Asígnase a VLAN en función do protocolo. O switch encárgase de derivar as tramas á VLAN correspondente en función do protocolo que transporte a trama.
  • Baseada en Dirección IP: Baseado no encabezado da capa 3 do modelo OSI. Asigna as VLANs ás direccións IP, organizando así polas IPs as diferentes VLANs.
  • Baseada en Nome de Usuario: Realizan a asignación ás VLANs segundo algún sistema de autenticación de usuario.
A configuración dinámica achega a vantaxe de que permite a mobilidade sen perda da funcionalidade VLAN.

Estándar IEEE 802.1Q

Define o protocolo de encapsulamento empregado para implementar o mecanismo de VLANs.
Para implementalo utiliza un proceso chamado Trunking. Consiste en engadirlle ao encabezado da trama orixinal unha etiqueta na que se identifica a VLAN á que pertence a trama.

Tipos de Portos en VLANs

  • Portos de acceso (access): Son aqueles aos que se conectan directamente os equipos terminais (ordenadores ou periféricos).
  • Portos troncais (trunk): Son aqueles polos que circulan tramas de unha ou máis VLANs. Para distinguir o tráfico das distintas VLANs é necesario etiquetar as tramas indicando a que VLAN pertencen.
Os enlaces troncais ou trunks son enlaces capaces de transportar o tráfico de máis dunha VLAN e adoitan utilizarse para interconectar dous switches, ou un switch e un router.
Un enlace troncal (trunk) pode ser un único enlace físico ou estar conformado por varios deles empregando a técnica de agregación que permite combinar varios enlaces físicos nun enlace lóxico que funciona coma un único porto de maior ancho de banda.

Entradas relacionadas: