Sociolingüística Galega: Evolución e Funcións Sociais no Século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,36 KB

Sociolingüística: O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

A Recuperación do Galego e a Súa Normalización

O século XX comezou co noso idioma moi recuperado a nivel cultural e literario, mais cun forte retroceso a nivel oral debido á súa non normalización. Por iso, ao longo do primeiro terzo deste século, buscouse a súa unificación e normalización.

Eventos Clave para a Normalización do Galego

Entre os acontecementos máis significativos que marcaron este período, destacan:

  • A Real Academia Galega (1906)

    O primeiro acontecemento significativo nesta liña foi a fundación da Real Academia Galega en 1906, un paso fundamental para a institucionalización do idioma.

  • As Irmandades da Fala (1916)

    En 1916, apareceron as Irmandades da Fala, sendo a primeira delas fundada na Coruña. Tiñan como obxectivo a defensa, dignificación e normalización do idioma galego; e para esa tarefa crearon o xornal A Nosa Terra.

  • A I Asemblea Nazonalista Galega (1918)

    En 1918, celebrouse a «I Asemblea Nazonalista Galega», na que se falou por primeira vez de nacionalismo, e nela sentáronse as bases deste movemento.

  • O Grupo Nós e a Revista Nós (1920)

    Ademais, os membros do Grupo Nós crearon a súa revista, Nós, a cal, publicada por primeira vez en 1920, contaba coa colaboración de intelectuais estranxeiros e seguía a liña desta xeración de normalizar e unificar o galego.

  • O Seminario de Estudos Galegos (1923)

    Tamén hai que destacar a creación do Seminario de Estudos Galegos en 1923, a mans dun grupo de universitarios de Santiago, que se dedicou a investigacións sobre Galicia e o galego, que logo foron expostas en ensaios escritos na nosa lingua.

  • Avances Políticos: Partido Galeguista e Estatuto

    Tamén se realizaron grandes avances na política, como a fundación do Partido Galeguista en 1931, que logrou, grazas a Castelao, a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936.

Conclusión: Un Período de Avances Freou

En definitiva, nestes anos realizouse un gran avance no galego, que se unificou e adquiriu moito prestixio (de aí que este período sexa denominado enxebrista ou diferencialista); mais a Guerra Civil e a posterior ditadura frearon todos estes avances.

Sociolingüística: Funcións Sociais da Lingua

Definición e Conceptos Fundamentais

A sociolingüística é a disciplina que se encarga de estudar as relacións entre unha lingua e unha sociedade, sendo o resultado dun traballo interdisciplinar entre a socioloxía e a lingüística.

Conceptos Básicos da Sociolingüística

Os seus conceptos básicos son os seguintes:

  • Competencia lingüística: a capacidade de comunicación dun individuo nunha lingua determinada. Pode ser activa ou pasiva, e oral ou escrita.
  • Lingua familiar: lingua do contorno do individuo no que este adquiriu a linguaxe.
  • Lingua materna: é a lingua inicial dun individuo, aquela na que é educado.
  • Lingua propia: lingua de uso cotián dun individuo ou comunidade.
  • Funcións matrices: funcións que pode desempeñar unha lingua en diferentes niveis e ámbitos. Son a de identidade, a familiar, a laboral, a local, a institucional, a cultural e a internacional.

Coexistencia de Linguas e Diglosia

Aínda que o normal é que nun territorio haxa unha única lingua, pode darse o caso de que coexistan nel dúas linguas. Isto pode deberse a procesos de expansión e unificación política, a movementos migratorios ou aos contactos internacionais.

No caso de que unha lingua predomine sobre a outra, estarase ante un caso de diglosia (conflito lingüístico); como en Galicia, no que o emprego dunha ou outra lingua vén determinado polos ámbitos sociais de uso, os espazos xeográficos e os interlocutores.

Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos

Un último elemento a destacar son os estereotipos ou prexuízos lingüísticos, xuízos de valor discriminatorios contra unha lingua.

Entradas relacionadas: