Sociolingüística: funcións e contacto de linguas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,99 KB

Sociolingüística: As funcións sociais da lingua

O encontro de dúas linguas nun mesmo espazo xeográfico denomínase contacto lingüístico e ten repercusión tanto social e cultural como individual e psicolóxica. As sociedades que presentan estas características son bilingües, e os individuos tamén. O bilingüismo é unha consecuencia directa do contacto de linguas, pero hai bilingüismo social e individual.

Bilingüismo individual

É a persoa que, ademais da súa primeira lingua, ten unha competencia semellante noutra e que é quen de usar unha e outra en calquera situación. A lingua inicial é aquela que os nenos aprenden a falar e adquírese de forma espontánea. Cando o individuo aprende a falar dúas linguas á vez, chámase bilingüismo inicial. Esta última pode adquirirse por aprendizaxe formal ou informal.

Tamén debemos valorar a competencia comunicativa, que abrangue:

  • A competencia lingüística: a utilización correcta das regras que conforman o código lingüístico.
  • A competencia discursiva: o emprego adecuado de cohesión, destinados a articular os significados de xeito coherente.
  • A competencia sociolingüística: correspóndese co uso axeitado da lingua nos diferentes contextos.
  • A competencia estratéxica: implica o dominio para compensar os fallos de comunicación.

Tamén cómpre diferenciar as destrezas activas das pasivas. Unha persoa pode ter capacidade para entender calquera mensaxe expresada nunha lingua, aínda que non teña a competencia necesaria para expresarse nela; estamos a falar, neste caso, de competencia pasiva. Coa activa referímonos a poder construír enunciados intelixibles.

Bilingüismo social

Os factores que debemos ter en conta para describir unha situación de bilingüismo social son tres:

  1. Demográficos: Segundo o número de falantes e a distribución destes dentro do territorio.
  2. Status:
    • Político: refírese á oficialidade das linguas desde un punto de vista lexislativo.
    • Simbólico: o recoñecemento polos falantes das linguas.
    • Social: fai referencia ao lugar que ocupan os distintos grupos de falantes na sociedade.
    • Económico: depende do poder económico dos grupos lingüísticos.
  3. Apoio institucional: Pódese dividir en apoio formal e informal.

A análise global destes tres factores permite que poidamos distinguir cal delas é a lingua forte e cal a débil. A esta situación aplicóuselle a denominación de diglosia, polo que este termo acabou equiparándose ao de bilingüismo social. O concepto clásico de diglosia refírese unicamente a aquelas comunidades que presentan dúas linguas ou variedades lingüísticas, de xeito que só unha delas se utiliza nas situacións formais, mentres que a outra se restrinxe ás situacións informais.

Conflito Lingüístico

Cando se altera a estabilidade diglósica e unha lingua se introduce nos ámbitos reservados á outra, pasamos a falar de conflito lingüístico, que pode evolucionar en dúas direccións opostas: ben cara á normalización ou ben cara á substitución pola dominante. Para comprender o tipo de bilingüismo que se dá nunha sociedade, é fundamental analizar os estereotipos e prexuízos existentes.

Os prexuízos van sempre acompañados de sentimentos de rexeitamento e dunha tendencia de discriminación. Estes cumpren sempre unha función defensiva, xa que se utilizan co fin de xustificar e manter a posición dominante de certos grupos sobre outros. Os prexuízos son aprendidos; apréndense ao longo do proceso de socialización do individuo, e os principais axentes de transmisión son os pais, profesores, amigos e medios de comunicación.

Entradas relacionadas: