A Sociedade e os Movementos Sociais na España do Século XIX

Enviado por Alan y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,71 KB

Demografía e Sociedade na España do Século XIX

Crecemento Demográfico (s. XIX)

O crecemento da poboación en España foi limitado respecto a outros países con Revolución Industrial.

Causas do Crecemento Demográfico

  • Desaparición dalgunhas epidemias.
  • Melloras na dieta.
  • Novos cultivos: millo e pataca.

Características Demográficas

  • A poboación medra na costa.
  • A taxa de mortalidade segue alta debido a guerras, epidemias, crises de subsistencia e mala sanidade.
  • Alta mortalidade infantil.
  • Baixa esperanza de vida.
  • A pesar de que no s. XIX medra a poboación, é un crecemento insuficiente. Ata principios do s. XX, España segue no Réxime Demográfico Antigo.

Éxodo Rural e Urbanización

Hai movementos migratorios do campo ás cidades, especialmente desde mediados de século. Os homes emigran para traballar en industrias e as mulleres nos servizos domésticos.

Crecemento Urbano

O crecemento urbano foi limitado a causa do escaso peso da industria e do atraso agrícola. Foi un proceso lento pero constante ao longo do século. Destaca o crecemento de Madrid e Barcelona.

Cambios nas Cidades

  • Tíranse as murallas.
  • Novos barrios (ensanches, con amplas avenidas).
  • Novos servizos (estacións, alumeado, auga corrente, etc.).

Migracións Transoceánicas

O crecemento económico do s. XIX foi inferior ao crecemento demográfico, non sendo quen de dar traballo a toda a poboación. Moitas persoas víronse obrigadas a emigrar fóra de España.

  • Focos de emigración: Galicia, Asturias, Cantabria e Canarias.
  • Lugares de emigración: América Latina (Arxentina, México, Cuba, Brasil).

Os galegos foron o continxente máis importante. Este proceso gañou importancia segundo foi pasando o século.

Da Sociedade Estamental á Sociedade de Clases

Sociedade Estamental (Antigo Réxime)

É o modelo de organización social baseado no nacemento e na función. Hai dous grandes grupos: privilexiados e non privilexiados, que se agrupan en tres estamentos: nobreza, clero e traballadores (ou Terceiro Estado).

  • Cada estamento ten leis propias.
  • A mobilidade social é moi escasa.
  • Os estamentos privilexiados están exentos de pagar impostos.

Sociedade de Clases (Idade Contemporánea)

É o modelo de organización social baseado na igualdade xurídica e na desigualdade da riqueza, pero tamén de cultura e xénero. A propiedade privada é o elemento principal para facer diferenciacións sociais:

  • Clase burguesa: posúe as riquezas.
  • Clase traballadora: non posúe as riquezas.

As clases son grupos abertos, que permiten a mobilidade social. Este modelo segue vixente na nosa sociedade.

A Disolución dos Estamentos Privilexiados na España do S. XIX

As novas leis impuxeron a igualdade xurídica e decretaron o fin dos privilexios.

A Nobreza

  • Perde privilexios (leis propias).
  • Debe pagar impostos.
  • Conserva as terras e a preeminencia económica.
  • Conserva o prestixio social e a influencia na corte.
  • Intégrase no sistema de clases na clase alta ou oligarquía.

A pequena nobreza (fidalgos) non sae ben parada, foise diluíndo como grupo e está descontenta co liberalismo, polo que apoia o Carlismo.

O Clero

  • Perde privilexios, terras, riquezas e o décimo.
  • Perde membros pola exclaustración (recupéranse na Restauración).
  • Conserva poder e influencia social e na corte.
  • Conserva o poder que lle dá o ensino (clases altas e medias).
  • Conserva certos privilexios nas leis (foro eclesiástico) e na exención de impostos.

Nova Organización Social: As Clases

Clases Altas ou Burguesía (Oligarquía)

A Alta Burguesía ou Oligarquía é a elite do diñeiro. Está composta pola elite do exército, xerarquía da Igrexa, terratenentes, industriais, banqueiros, grandes comerciantes, grandes propietarios inmobiliarios, construtores do ferrocarril e propietarios de minas.

Mediana e Pequena Burguesía

Teñen propiedades (vivenda, terras, negocios). Composta por propietarios de terras, profesionais liberais, comerciantes, pequenos artesáns, funcionarios e oficiais do exército.

Clase Baixa ou Traballadora (Proletariado)

Non posúen propiedades, só teñen o produto do seu traballo. Composta por artesáns, campesiños arrendatarios, xornaleiros agrícolas, obreiros de fábrica, traballadores do servizo doméstico e mineiros.

  • Nace o termo proletariado para se referir aos oficios nacidos co proceso de industrialización, pero pode empregarse para toda a clase traballadora.
  • O movemento obreiro será a manifestación de descontento desta clase.

Conclusións sobre a Sociedade Española do s. XIX

A sociedade española do século XIX é unha sociedade de clases, pero con características específicas:

  • Os obreiros de fábrica teñen escaso peso.
  • Hai moitísimo campesiñado e moitísimo servizo doméstico.
  • É unha sociedade na que teñen moito peso demográfico grupos propios do Antigo Réxime (AR).
  • É unha sociedade moi polarizada: os ricos son moi ricos e os pobres moi pobres.
  • As clases medias son febles e pouco influíntes.
  • O prestixio da antiga nobreza e o poder da Igrexa e do Exército seguen sendo moi fortes.

Entradas relacionadas: