Sociedade de Clases e Movemento Obreiro: Burguesía e Proletariado
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,97 KB
Sociedade de Clases e Hexemonía Burguesa
As Novas Clases Sociais: A Burguesía e o Proletariado
A burguesía estaba formada por aqueles que posúen os medios necesarios para producir bens e riquezas; eran propietarios dos medios de produción. Distínguense varios tipos:
- A alta burguesía estaba formada por unha minoría de persoas propietarias de grandes negocios industriais, comerciais ou financeiros, minas e latifundios. Eran os que tiñan maior influencia na política dos estados.
- A burguesía media estaba formada por persoas que tiñan unha posición económica desafogada, pero sen chegar a posuír enormes fortunas, como comerciantes importantes e profesionais liberais (médicos, etc.).
- A pequena burguesía estaba formada por funcionarios, pequenos comerciantes que levaban persoalmente o seu negocio familiar, artesáns ou empregados con certa cualificación.
O proletariado ou clase obreira estaba formado polos traballadores que non tiñan medios propios para manterse e tiñan que ofrecer o seu esforzo físico, o seu traballo, a cambio dun salario.
As relacións que se establecen entre uns, que traballan a cambio dun salario, e outros, que posúen os medios para producir, son as relacións propias do capitalismo.
O Movemento Obreiro
Para loitar polas melloras das súas condicións de vida e traballo, os obreiros organizáronse e levaron adiante unha serie de accións. O ideal dunha nova sociedade sen explotadores e explotados foi o motor das súas mobilizacións.
As Condicións de Vida e Traballo
As condicións de vida do proletariado foron extremadamente duras: prolongadas xornadas de traballo de 14-16 horas, salarios moi baixos e un severo réxime de disciplina.
Os barrios obreiros eran lugares insalubres onde as familias vivían amoreadas.
Os rapaces eran maltratados e estaban mal alimentados. Tamén se incorporaron ao traballo nas fábricas tanto os nenos e nenas como as mulleres, que cobraban ata un 50% menos que os varóns.
As Orixes do Movemento Obreiro
O Luddismo: A Destrución das Máquinas
A mecanización supuxo para moitos a perda do emprego e para outros un descenso dos ingresos. Botábanlle a culpa das súas desgracias ás novas máquinas, polo que en moitos lugares houbo revoltas nas que se destruíron máquinas.
O Inicio da Acción Política e Sindical: O Cartismo
Os traballadores tiveron prohibida a asociación para loitar pola mellora de salarios e a redución da xornada laboral.
A conquista dos dereitos socioeconómicos e do sufraxio universal masculino converteuse nun dos primeiros obxectivos da clase obreira.
As primeiras asociacións obreiras foron as Sociedades de Socorros Mutuos, creadas para auxiliar as familias obreiras en caso de enfermidade, accidente ou morte.
Despois formaron os sindicatos ou Trade Unions.