Situación lingua séculos escuros
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,62 KB
5ª ETAPA: PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX.
(Ata 1936)
1.- Contexto histórico-social.
* Importantes cambios sociais:
- Desaparición da fidalguía (eliminación dos foros, acceso do
campesiñado á propiedade das terras).
- Consolidación da burguesía industrial e financeira (industria
conserveira, construcción naval e comercio do gando).
- Éxodo rural (aumento da poboación urbana) e emigración cara
América.
* Agrarismo: movemento de masas no que participa o campesiñado a través de
sociedades agrarias e sindicatos agrícolas (Solidaridad Gallega e a Liga Agraria
de Acción Gallega fundada por Basilio Álvarez. Logros:
- a abolición dos foros en 1926.
- derrubamento definitivo da fidalguía que deixou de percibir as rendas
agrarias.
- melloras agrícolas.
-formación cultural e ideolóxica do campesiñado, estimulando a súa
conciencia política.
* Rexionalismo (idea de que Galicia é unha rexión diferenciada dentro do
Estado Español) derivará no nacionalismo trala I Asemblea Nacionalista da
cidade de Lugo.
2.- Situación da lingua.
- Recuperación e avance da lingua no uso literario e científico grazas ás
Irmandades da Fala e á Xeración Nós (revista Nós).
- Publicacións maioritariamente en castelán por:
+ poboación analfabeta ou alfabetizada en castelán.
+ castelanización da Igrexa, do ensino e dos medios de comunicación.
+ partidos políticos empregan o castelán (agás o Partido Galeguista).
- O galego continúa a ser maioritario mais se produce unha aceleración do
proceso de castelanización e unha diminución do número de falantes. Causas:
+ aumento da urbanización.
+ aparición da radio.
+ maior índice de alfabetización en castelán.
- Emerxe o galeguismo que potencia a exaltación da enxebreza do galego.
- Características da lingua escrita:
+ Non hai un modelo único de lingua. Intentos de elaborar unha
normativa.
+ Para solventar as carencias léxicas acódese ao portugués ou ao galego
medieval.
+ Afastamento do castelán (arcaísmos, lusismos, estranxeirismos,
hiperenxebrismos e vulgarismos).