O Sistema da Quenda Pacífica: Bipartidismo e Fraude na Restauración Borbónica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 4,09 KB

O Bipartidismo e a Quenda Pacífica na Restauración

O Sistema Bipartidista de Cánovas

Cánovas baseaba a estabilidade política na existencia de dous grandes partidos monárquicos, un no Goberno e outro na oposición. Na tarefa de aglutinar ás forzas dinásticas contou con Práxedes Mateo Sagasta. En torno a eles foron configurándose os dous principais partidos de finais do século XIX e principios do XX:

Partidos Dinásticos

  • O Partido Conservador: Aglutinou aos sectores máis conservadores, os antigos moderados e a Unión Liberal.
  • O Partido Liberal: Reuniu a antigos progresistas, demócratas, monárquicos radicais e republicanos moderados.

Estes partidos eran denominados dinásticos, por teren en común a defensa da monarquía borbónica, da Constitución, da propiedade privada e da consolidación do sistema establecido. Tamén se lles chamou partidos gobernamentais, por seren os únicos que formaron Goberno durante a Restauración, e partidos da quenda, por se alternaren no Goberno do Estado.

A súa extracción social era homoxénea e nutríase basicamente das elites económicas e das clases medias acomodadas. En canto á súa actuación política, as diferenzas eran mínimas: os conservadores amosábanse máis proclives ao inmobilismo político e á defensa da Igrexa e da orde social, mentres que os liberais inclinábanse cara a un reformismo máis progresista e laico. Na práctica, a súa actuación non difería moito.

O Funcionamento do Turnismo e a Fraude Electoral

Para o exercicio do Goberno, argallaron o sistema de “turnismo”, tamén coñecido como “quenda pacífica” ou “alternancia” no poder.

Cando un destes partidos tiña dificultades para gobernar ou sufrira un forte desgaste político, o rei nomeaba como presidente do Goberno o xefe do partido que estaba na oposición e concedíalle tamén o decreto de disolución das Cortes. Dende o poder, o novo Goberno convocaba e preparaba as eleccións que necesariamente tiña que gañar. Isto era posible grazas á fraude nos resultados e aos mecanismos caciquís empregados.

A Evolución da Quenda (1875-1923)

O turnismo funcionou con regularidade ata o ano 1898, cando o impacto da crise erosionou os partidos dinásticos, rompéndose o monopolio. Con todo, conseguiu sobrevivir ata o ano 1923.

O Partido Conservador mantívose no Goberno desde o ano 1875 ata o ano 1881, cando os liberais accederon por primeira vez ao poder, o que significou o inicio da quenda. O programa de reformas de Sagasta tivo a súa oportunidade no chamado “Goberno Longo”, que se estendeu entre os anos 1885 e 1890, despois da morte de Afonso XII.

O Pacto do Pardo (1885)

A morte prematura do monarca a finais de 1885 provocou unha grande incerteza. Os líderes dos partidos dinásticos acordaron garantir a permanencia do réxime e a vixencia da quenda pacífica no Goberno, agardando a proclamar o herdeiro por se a criatura que ía nacer fose un varón. Este acordo coñécese como o Pacto do Pardo.

1885-1890: As Reformas de Sagasta

A estabilidade política e social permitiu aos gobernos presididos por Sagasta introducir importantes reformas que afectaron os principios básicos do sistema e que, na práctica, resultaron viciadas polo poder do caciquismo. As reformas clave foron:

  • Lei de Asociacións.
  • Abolición da escravitude.
  • Lei de Xuízos por Xurado.
  • Código Civil.
  • Lei do Sufraxio Universal Masculino (para maiores de 25 anos).

1890-1902: A Crise da Quenda

Despois de establecerse o sufraxio, ambos os líderes alternáronse sucesivamente no poder, pero as dificultades aumentaron e cobraron forza:

  • Movementos rexionalistas e nacionalistas.
  • Folgas e protestas obreiras frecuentes nas cidades.
  • Axitacións dos xornaleiros do campo.
  • Numerosos atentados anarquistas, alterando gravemente a orde pública.

Entradas relacionadas: