Sintaxe Galega Esencial: Comprender Complementos e Oracións Subordinadas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés
Escrito el en español con un tamaño de 3,26 KB
Funcións Sintácticas Esenciais
Predicado
É o termo co que designamos o verbo no seu aspecto funcional.
Suxeito
A pelota tirouna o neno. As pelotas tirounas o neno (o verbo non varía; logo, esa secuencia non é suxeito). A pelota tirárona os nenos (o verbo cambia, polo que este é o suxeito).
Complemento Directo
A palabra ou grupo de palabras que desempeña a función de CD pode ser substituída polos pronomes átonos o, a, os, as, que adoptan sempre o xénero e o número dos seus referentes. Ex: Busco o lapis → Búscoo.
Complemento Indirecto
É todo complemento representado ou conmutable por un pronome átono de dativo (lle/lles). Ex: Entreguei o libro a María → Entregueille o libro.
Atributo
É a función sintáctica esixida por un número reducido de verbos chamados copulativos (ser, estar, parecer, semellar).
Complemento Circunstancial
Este complemento pode indicar diversas circunstancias:
- Lugar (CCLugar)
- Tempo (CCTempo)
- Modo (CCModo): Conmútase por adverbios de modo: así, ben, mal...
- Instrumento (CCInstrumento)
- Materia (CCMateria)
- Compañía (CCCompañía)
- Finalidade (CCFinalidade)
- Causa (CCCausa)
- Cantidade (CCCantidade)
Complemento de Réxime
Ex: Ceder ás tentacións ou Abusar da súa autoridade.
Complemento Axente
É unha función presente na construción pasiva. Representa o suxeito semántico da construción pasiva e pode ser elidido.
Oracións Subordinadas
Subordinadas Substantivas
Subordinadas Substantivas de Suxeito
Ex: Gústame que o Aldán lea moitos libros.
Subordinadas Substantivas de Complemento Directo
Ex: Contoume que esquecera todo na casa.
Subordinadas Adxectivas ou Relativas
Subordinadas Adxectivas Especificativas
Especifican e restrinxen o significado. Ex: Os nenos que non trouxeron a merenda que se poñan a este lado.
Subordinadas Adxectivas Explicativas
Non restrinxen o significado, explican e normalmente van entre comas. Ex: Os nenos, que estaban cansos, pediron a merenda.
Subordinadas Adverbiais
Subordinadas Adverbiais en Función de Complemento Circunstancial
Subordinada Adverbial de Tempo
Indican unha circunstancia temporal. Nexos: cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres... Ex: Pecha a porta cando saias ou mentres quentas o caldo frega a louza.
Subordinada Adverbial de Lugar
Indican unha circunstancia espacial. Nexos: onde... Ex: O Aldán puxo as chaves onde lle dixen.
Subordinadas Adverbiais que Non Son Complemento Circunstancial
Subordinada Adverbial Comparativa
Indica comparación de inferioridade, superioridade ou igualdade coa principal. Nexos: ca, que, coma, como... Ex: O Aldán come mellor do que eu pensaba.
Subordinada Adverbial Causal
Indica a causa, a orixe lóxica da principal. Nexos: porque, dado que, posto que, xa que... Ex: Marchei porque estaba cansa.