Sinonimia, polisemia e homonimia: guía de vocabulario en galego

Español4,93 KB

Sinonimia, polisemia e homonimia

Sinonimia: palabra que ten o mesmo significado que outra. (bagoa, lágrima; pena, mágoa; comprar, mercar; tépedo, morno)

Polisemia: cando unha palabra ten varios significados (acordar: traer á memoria, espertar, chegar a un acordo).

Homonimia: dúas palabras teñen o mesmo significante pero distinto significado (doce: dozura ou o número 12).

Campo semántico e hiperónimos

Campo semántico: conxunto de palabras que comparten trazos semánticos, que son as unidades significativas mínimas (asento: cadeira, sofá, banco, taburete).

Hiperónimos e hipónimos

  • Flor: margarida, pensamento, rosa, cravo...
  • Paxaros: corvo, pardal, papuxa, xilgueiro, canario...

Prefixos

Prefixos de orixe latina

  • a, ad (aproximación)
  • con, com (contigüidade ou compañía)
  • circun (arredor de)
  • in, im, i (negación ou privación)
  • sub, su, so (inferioridade)
  • ultra (posición máis alá de)

Prefixos de orixe grega

  • a (negación ou privación)
  • anti (posición contraria)
  • hiper (posición superior, exceso)
  • hipo (posición inferior, escaseza)
  • macro (tamaño superior)
  • micro (tamaño inferior)
  • orto (correcto)
  • sin, sim (simultaneidade, compañía)
  • tele (lonxe)

Sufixos apreciativos

  • Diminutivos: -iño, -iña, -elo, -ela, -ella, -ello, -ete, -eta
  • Aumentativos: -on, -ona, -azo, -aza
  • Despectivos: -acho, -acha, -allo, -alla, -echo, -echa, -ote, -ota

Os sufixos apreciativos poden facer referencia ao tamaño do designado, pero por regra xeral afectan a alteracións semánticas máis imprecisas, como matices afectivos, despectivos, enfáticos ou intensificadores.

Palabras patrimoniais, semicultas e cultismos

Patrimoniais

Palabras que evolucionaron desde o latín de forma natural, fronte aos cultismos (PeTaKa, culto; BoDeGa, patrimonial). Exemplos: aluma, artello, chaga, chama, chan, chantar, chavella, cheirar, cheo, chorar, cobado, creto, dereito, enteiro, luar, ouro, rella, xear, xenro.

Semicultas

Palabras con evolución fonética irregular, como as formadas por PL-PR ou PL-CH: artigo, caravilla, cravo, crego, praga, preamar, regra.

Cultismos

iluminar, articular, flamíxero, prano, planta, clavícula, clero, pleno, implorar, cúbito, crédito, director, íntegro, lunar, aurífero, regular, conxelar, xeneralidade.

Lingua estándar e desviacións

  • Síncope de n ou l intervocálica: escea, ordear, abandoar, condear.
  • Redución de diptongos: ambente, consciente, inconveniente.
  • Alteración de sufixos: humán, urbán, medicina, sincero, primaveira.
  • Alteración de consoantes ou grupos consonánticos: reflexo, hino, sempre, dirección, absoluto, ignorante.
  • Asimilación e disimilación vocálicas: harmonización, labialización; disimilación (andoriña, pedir; lavar, semana; miña, telefano).
  • Adición ou supresión de fonemas: prótese, epéntese, síncope, paragoxe, apócope (amoto, arradio; a ialma, admirar; mullere, facere; vran espranza; virtú, verdá).
  • Metátese: probe, Carlos.
  • Redución ou vocalización de grupos consonánticos: aito, aluno, perfeuto, inorante.
  • Préstamos: necesarios (cando ocupan un espazo necesario que aínda non estaba cuberto) e innecesarios (cando se impón un termo propio doutra lingua, pese a existir un vocábulo en galego para nomear unha realidade).

Descargar

PDF Word HTML