Sinais, Información e Transmisión

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,79 KB

Os sinais

Un sinal é unha magnitude física variable co tempo que leva asociada unha determinada información. A orixe do sinal está nun emisor físico e ordinariamente ten por destino un receptor capaz de captalo. Os sinais poden ser de diversos tipos: visuais, acústicos, térmicos, etc., pero os máis usados son os eléctricos. Os seres vivos posúen órganos para recibir e procesar algún tipo de sinais. Pola súa orixe podemos dicir que existen dous tipos de sinais: os producidos por elementos inertes, como a luz do sol, e os producidos por organismos, como o ladrido dun can. Ao recibir sinais do primeiro tipo pode deducirse algunha característica do corpo que emite o sinal. Estes son sinais simples con mensaxe directa.

A información

Os organismos intelixentes desenvolveron mecanismos para modificar os sinais que emiten. Por exemplo, o ladrido dun can son modificacións do son que teñen como obxectivo enviar unha mensaxe. O son é un sinal simple, pero cando este se modifica coa intención de enviar unha mensaxe convértese nun sinal composto. As modificacións dun sinal simple para convertelo en composto utilízanse uns criterios chamados código. É dicir, o sinal composto = sinal simple + código. A mensaxe que leva asociado un sinal é información. Posto que hai dous tipos de sinais, tamén hai dous tipos de información: directa e codificada.

Frecuencia e período

A frecuencia é un valor que indica a rapidez con que varía un sinal ao longo do tempo. Este sinal pódese expresar mediante a suma de ondas sinusoidais. A amplitude é o desprazamento máximo da onda. O período é o tempo que tarda en repetirse un sinal sinusoidal. A ese tempo denomínaselle T. A frecuencia F é o número de veces que se repite o sinal nun segundo. A unidade de medida da frecuencia é o hertz. Un sinal de frecuencia igual a 1 hertz é aquel que cambia unha vez por segundo.

Lonxitude de onda

É a distancia que percorre un sinal durante o tempo que dura o seu período. Os sinais electromagnéticos pódense clasificar en función da súa lonxitude de onda ou frecuencia. A esta clasificación coñecémola co nome de espectro electromagnético.

Sinal analóxico

Un sinal é analóxico cando pode ter calquera valor entre un mínimo e un máximo. Os equipos informáticos usan sinais electromagnéticos para enviar información a distancia. Estes sinais poden viaxar polo aire ou a través de cables a gran velocidade.

Transmisión de sinais

Para enviar sons ou imaxes a distancia é preciso convertelos en sinais electromagnéticos. Esta conversión realízase con convertedores de sinal, dispositivos capaces de converter un tipo de sinal noutro. Unha vez convertido o son en sinal electromagnético, pode enviarse polo aire ou por cable a gran velocidade. Cando o sinal electromagnético chega ao seu destino, é preciso convertelo outra vez en son para que as persoas poidan escoitalo. O encargado deste cambio é o convertedor.

Modulación de ondas

Debido á atenuación que sofren as ondas, para que a transmisión de información sexa eficiente requírese a presenza combinada de dous sinais: o sinal portador e o sinal base. O sinal portador é un sinal electromagnético que se usa para transportar o sinal base. Sobre o sinal portador colócase o sinal base que se desexe transmitir. O sinal resultante é o chamado sinal modulado. O sinal portador ten que ser máis potente que o sinal transportado, de non ser así non podería con el.

Entradas relacionadas: