A Segunda República Española: Constitución de 1931 e o Goberno da Fronte Popular
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,66 KB
A Constitución de 1931
Os debates parlamentarios que orixinou a elaboración desta **Constitución** foron moi intensos e tiveron un amplo eco na opinión pública; un dos temas máis controvertidos foi o do **voto das mulleres**. As Cortes aprobaron a nova Constitución, pero non foi sometida a referendo, o que impediu coñecer o grao de identificación cidadá e outorgou argumentos á dereita para rexeitala.
A Constitución definía a España como unha **República de traballadores de toda clase** e como un **Estado integral**. Como fórmula política de goberno foi establecida a **República parlamentaria**. As Cortes, que eran unha única cámara, tiñan o **poder lexislativo** e o control dos orzamentos e do Goberno. O **Presidente da República** era elixido polos deputados para un **mandato de seis anos**, e tiña a facultade de nomear e cesar o Presidente do Goberno, así como a facultade de suspender e disolver as Cortes. O **Presidente do Goberno** e os seus ministros exercían o **poder executivo** e eran responsables ante as Cortes.
O sistema económico combinaba o dereito de **propiedade privada** (que podía ser expropiada con indemnización) co dereito do Estado a intervir en **asuntos económicos**. A Constitución deseñaba así un modelo de **economía mixta**, moi avanzado para a época, que provocou a oposición das dereitas, dos **propietarios** e dos industriais; no entanto, os sectores máis radicais do movemento obreiro esixían máis.
A Fronte Popular (Febreiro - Xullo de 1936)
As eleccións do 16 de febreiro deron o triunfo á **Fronte Popular**. O seu obxectivo era retomar as reformas emprendidas no primeiro bienio. En abril, o Presidente da República, Niceto Alcalá Zamora, foi destituído polas novas Cortes. No seu lugar foi elixido **Manuel Azaña**, mentres que **Santiago Casares Quiroga** foi nomeado Presidente do Goberno.
O **Goberno da Fronte Popular** iniciou a posta en práctica do seu programa de forma inmediata: decretou unha **amnistía** que afectou a uns 30.000 presos; restableceu as leis derrogadas no bienio de dereitas e modificou o exército.
A pesar da rapidez na aplicación das reformas, para os sindicatos e os partidos obreiros crían chegado o momento de **poñer en práctica** a esperada **revolución social**. Pola contra, **Falanxe** incrementou a súa afiliación e puxo en práctica a *dialéctica dos puños e a pistola*. A violencia foi en aumento; os atentados dun e outro signo eran continuos e as folgas e os disturbios crecentes. O problema da **desorde pública** foi empregado polos grupos de dereitas para desacreditar o réxime republicano e o Goberno da Fronte Popular.