Os Séculos Escuros en Galiza: Historia, Lingua e Literatura (s. XV-XIX)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,12 KB

Os Séculos Escuros: Período de Marxe Social e Cultural

Os Séculos Escuros é o período comprendido entre finais do século XV e o século XIX. Caracterizouse pola marxinación social do galego, debido á imposición do castelán, e pola ausencia case total de literatura culta escrita en galego.

Galiza baixo o Imperio dos Austrias (s. XVI-XVII)

Isabel a Católica trasladou a Galiza clases dirixentes e civís. Galiza converteuse nunha das 22 provincias da Coroa de Castela e dividiuse en 7 provincias. Galiza era densamente poboada e unha provincia de campesiños. O alto clero, a nobreza e a fidalguía estaban exentas de impostos e recibían rendas dos campesiños. A fidalguía era a clase emerxente. Xorde tamén a emigración.

A Imaxe de Galiza e dos Galegos

Galiza era vista como un pobo torpe e bruto. A consideración de Galiza de forma burlesca e despectiva está reflectida no refraneiro e na literatura española do Renacemento e do Barroco. Son poucos os textos con afán de defender a Galiza.

Orixes do Conflito Lingüístico

Durante os Séculos Escuros o castelán foise impoñendo no noso país e o galego pasou a ser só oral. O galego converteuse nun idioma desprestixiado, e a raíz diso comezaron a xurdir as seguintes consecuencias:

  • As distintas variedades dialectais do galego.
  • Progresiva castelanización do léxico.
  • Castelanización, ás veces ridícula, dos topónimos.
  • Auto-odio ou auto-desprezo na poboación galega.

Galiza baixo o Absolutismo dos Borbóns (s. XVIII)

As continuas guerras que librou a Coroa castigaron os portos galegos. Houbo levas. Naceu o Estado-Nación español e triunfou o absolutismo. O campesiñado estaba nunha situación de subsistencia. A mediados do século XVIII houbo unha fase de recesión económica.

Os Ilustrados Galegos

No século XVIII aparece a Ilustración. En Galiza supón a aparición de tres xeracións que buscan remedio á marxinación e ao atraso do país:

  • Críticos: Padre Feixoo e Padre Sarmiento.
  • Fisiócratas: Xosé Cornide.
  • Afrancesados: Raimundo Ibáñez e Marqués de Sargadelos.

Promoveron a creación de institucións como a Sociedade Económica de Amigos do País para velar polo progreso económico.

Literatura Popular-Oral

Foi infravalorada como produto dun grupo social considerado inferior e pobre. Caracterízase por:

  1. Ser de transmisión oral.
  2. Un mesmo texto presenta varias versións.
  3. Requirir a aceptación da comunidade que a emprega.
  4. Ser unha literatura anónima.
  5. Ter unha funcionalidade concreta, aceptada socialmente.
  6. Presentarse acompañada en moitas ocasións dunha melodía, no caso da poesía.

Divídese en dous grupos:

  1. Cancioneiro popular.
  2. A narrativa oral.

Literatura Culta nos Séculos Escuros

Apenas existen mostras literarias cultas entre os séculos XV e XIX. Utilizábanse en contextos privados ou cunha función de contraste, como rareza respecto da escrita en español.

Poesía Culta

  • Pranto da Frouseira
  • Soneto de Monterrei
  • Décimas ao Apóstolo Santiago
  • Villancicos

Teatro Culto

Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid a obra Contenda dos Labradores de Caldelas.

Prosa Culta

Consérvanse algunhas cartas en galego en Inglaterra.

Literatura Ilustrada

Os ilustrados redactaron a maior parte das súas cartas, ensaios, etc., en español. Non obstante, en coherencia coas súas ideas e coas reivindicacións favorables á lingua galega, destaca a obra:

  • Coloquio de 24 Gallegos Rústicos, do Padre Sarmiento.

Literatura Política da Guerra da Independencia

A Guerra da Independencia produciu un uso e cultivo escrito do galego cun marcado carácter utilitario: comentarios sobre a actualidade política. Un exemplo é:

  • Proezas de Galiza, de Xosé Fernández.

Entradas relacionadas: