Os Séculos Escuros: Decadencia e Resistencia da Lingua e Literatura Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,23 KB
1. Que entendemos por Séculos Escuros?
Os Séculos Escuros son unha etapa de **decadencia da literatura galega** en canto á súa dimensión cultural e científica. Tamén é un período no que a lingua e a literatura galega, faltas de normalidade e apoio social, quedan practicamente reducidas á **expresión oral**.
2. Que período abranguen os Séculos Escuros?
Do **século XV a mediados do XIX**, aínda que a partir do século XVIII entramos no período da **Ilustración**, no que se sentan as bases para unha consideración importante da lingua.
3. Cales foron as causas que propiciaron a crise da literatura galega escrita?
Entre as causas políticas, poderiamos destacar:
A **Guerra civil polo trono de Castela**, da segunda metade do século XIV, entre Pedro I o Cruel e Henrique de Trastámara. A nobreza galega apoiou ao primeiro e a súa derrota significou a morte ou desterro, así como a súa substitución por unha **nobreza castelá**.
A **derrota de Xoana a Beltranexa** (século XV) no conflito que a enfrontou a Isabel polo dereito á Coroa de Castela, que significou tamén a intensificación da **política centralista** e a redución da nobreza laica galega, partidaria da Beltranexa.
Por outra parte, estes foron séculos de gran **desvertebración social** e desorganización do campesiñado e da pequena nobreza, vencidos nas **Guerras Irmandiñas** de finais do século XIV e comezos do XV.
4. Testemuños de poesía culta que conservamos dos Séculos Escuros.
O tema do **Mariscal** (O Pranto da Frouxeira), temas históricos ou de circunstancias (como o **Saqueo de Cangas polos turcos**), composicións barrocas e das **Festas Minervais**.
5. Testemuños de poesía popular e tradicional dos Séculos Escuros.
Poesía tradicional anónima recollida en **cancioneiros casteláns do século XVI**. Poesía popular: **cantigas de amor, de romaría, de oficios, de sátira, de berce, de maios**.
6. Cal é a primeira peza teatral conservada desta época?
O entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de 1671, de **Gabriel Feixoo de Araúxo**.
7. Que manifestación literaria gozou de máis vitalidade nos Séculos Escuros?
Os **cantares populares**.
I. Por que o galego deixou de ser a lingua dos documentos que se redactaban en Galicia? Por que lingua foi substituída? En que século os escribáns comezaron a abandonar o uso do galego?
Porque a partir do reinado dos **Reis Católicos** (finais do século XV), acentúase o proceso de **unificación e uniformización** no ámbito político, relixioso e lingüístico. Isto traerá como consecuencia a **expansión territorial do castelán** e o conseguinte retraemento dos outros romances peninsulares que quedaron baixo a órbita do reino de Castela. Foi substituída polo **castelán**. No **século XV**.
II. Describe o comportamento lingüístico dos diversos sectores ou estamentos da poboación galega durante os Séculos Escuros.
Nos **séculos XVI, XVII e XVIII**, o castelán esténdese por todo o segmento superior da pirámide social, un sector de poboación minoritario pero dominante, que impón os seus gustos e modas sobre o resto, que ten acceso á cultura e que ocupa os postos de responsabilidade na política, na igrexa, na administración de xustiza, na milicia, na universidade etc. Falar e escribir en galego non era rendible socialmente; pola contra, o castelán era un instrumento que proporcionaba **prestixio social e outros beneficios**. Tamén certa nobreza autóctona seguiu mantendo o galego como lingua vehicular, cun comportamento presumiblemente **diglósico**.
III. Sintetiza os datos sobre Pedro Pardo de Cela (a historia e a lenda).
Historia:
Pertencente a unha liñaxe galega, unha das máis ilustres e poderosas do seu tempo. Figura controvertida, capaz de inspirar todo un poema épico xurdido a principios do século XVI e de fascinar a literatura galega, sempre dentro do esquema mental dun nobre do seu tempo: astuto, feroz, amigo do propio e do alleo, ambicioso e cruel.
O Mariscal e a guerra entre Isabel e a Beltranexa: No preito sucesorio provocado pola morte de Henrique IV (1474), en Galicia hai dúas posturas: o arcebispo de Santiago (**Alonso de Fonseca II**) recoñece a Isabel como nova soberana. Pardo de Cela mantiña boas relacións con Fonseca, quen defendía os dereitos con maiores posibilidades de vencer; o Mariscal apoia a Isabel e esta confírmao no seu cargo de alcalde de Viveiro. Aínda sen finalizar a contenda sucesoria, Isabel envía a Galicia como xustiza maior do reino a **Fernando de Acuña**, entre outros, que esixen de Fonseca a entrega da catedral e as súas fortificacións. A este chamamento non acode **Pardo de Cela** quen, temeroso de represalias, pide a **Isabel a Católica** unha carta de seguro de amparo. Sen embargo, en pouco tempo, vese cercado por Fernando de Acuña na **Frouxeira**. Destruída a Frouxeira, Acuña atacouno e, tras unha dura pelexa, foi preso e levado a Mondoñedo, onde foi degolado aos 10 días e soterrado na catedral.
A nobreza coa que loitara durante moitos anos o Mariscal (os **Soutomaior, Andrade, Altamira e Lantaño**) puideron moi ben influír no ánimo de Fernando de Acuña para darlle morte, pois Pardo de Cela, tras a morte do Conde de Lemos, acababa de converterse nun dos nobres máis poderosos de toda España.
Lenda:
Segundo a lenda, era un señor feudal dos máis poderosos de Galicia. Hostil co bispado de Mondoñedo, á fronte dos Irmandiños, partidario da Beltranexa ou aspirante a unha hipotética coroa de Galicia. Por calquera destes motivos, os **Reis Católicos**, inducidos polo bispo de Mondoñedo, enviaron tropas para reducilo. Traizoado polos seus criados, foi condenado a morte xunto co seu fillo e parente Pedro Miranda. A súa dona **Isabel de Castro** non puido chegar co indulto da raíña, pois, enteirado o bispo, na ponte de Mondoñedo tres cóengos disfrazados entretivérona (na coñecida dende entón como “**Ponte do Pasatempo**”).