Século XVIII en España: Borbóns, Economía, Arte e Goya
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,31 KB
O obxectivo da política interior dos Borbóns españois era lograr a unificación total de España. Para iso, estableceron unha nova administración única e centralizada mediante os "Decretos de Nova Planta".
Economía no Século XVIII
No século XVIII, xurdiron novas teorías económicas:
Mercantilismo
Teoría que defende que un país é rico e poderoso cando:
- Posúe moitos metais preciosos (ouro e prata).
- Vende (exporta) moito e compra (importa) pouco.
O principal representante do mercantilismo foi o francés Colbert, ministro de Facenda do rei Lois XIV de Francia.
Librecambismo ou Liberalismo Económico
Teoría económica formulada polo inglés Adam Smith no século XVIII, que defende que a riqueza das nacións reside na liberdade de comercio e na "lei da oferta e da demanda".
Arte no Século XVIII: Barroco, Rococó e Neoclasicismo
A arte do século XVIII estivo marcada por diversos estilos:
Barroco
Reflicte nas súas obras as ideas do absolutismo. As características da arte barroca son:
- Arquitectura: edificios grandiosos, fachadas con abundante decoración, columnas retorcidas con forma de espiral (columnas salomónicas).
- Escultura: estatuas con posturas esaxeradas.
- Pintura: fortes contrastes de luz e sombra (claroscuro).
Rococó
É unha estética de acumulación de elementos decorativos no interior dos edificios barrocos (palacios), predominando as liñas curvas e asimétricas (rocalla) que se enrolan sobre si mesmas. Destacan tamén os abundantes espellos, porcelanas, tapices e pezas de pequeno tamaño.
Neoclasicismo
Estilo de arte que nace en Francia a mediados do século XVIII e que copia a serenidade da arte clásica dos gregos e romanos. Características:
- Arquitectura: constrúense edificios imitando os templos gregos e con escasa decoración.
- Escultura: estatuas de mármore ou bronce sen pintar. Destaca Canova.
- Pintura: predomina o debuxo e os temas históricos. Destaca Jacques-Louis David.
Exemplos de obras neoclásicas:
- Arco do Triunfo en París
- Museo do Prado (Juan de Villanueva)
- A Porta de Alcalá (Francesco Sabatini)
- Paulina Bonaparte (Canova)
- O xuramento dos Horacios (Jacques-Louis David)
Francisco de Goya (1746-1828): Mestre da Pintura Española
Francisco de Goya (1746-1828) foi un pintor español que viviu entre os séculos XVIII e XIX, considerado un dos máis importantes de todos os tempos. Naceu en Fuendetodos (Zaragoza) e, tras instalarse en Madrid, converteuse nun destacado retratista cortesán e nun cronista pictórico da sociedade do seu tempo. Foi un excelente retratista, pero a súa obra é difícil de clasificar porque ao longo da súa vida pintou cadros de diferentes temas e estilos.
As súas obras pódense agrupar en:
Escenas Costumistas do Pobo
Exemplos: A pradeira de San Isidro, A pita cega, O Parasol.
Retratos da Familia Real e da Aristocracia
Carlos IV, Godoy, Duquesa de Alba, Condesa de Chinchón, Fernando VII, Jovellanos... Goya prestaba especial atención non só á fisionomía do retratado, senón tamén á súa actitude e personalidade.
Traxedias da Guerra da Independencia
Cadros moi dramáticos onde narra os momentos do inicio da guerra, como A carga dos mamelucos e Os fusilamentos do 3 de Maio.
Gravados
Series como Tauromaquia (escenas taurinas) e Os desastres da guerra (da Independencia).
Goya sufriu unha enfermidade que o deixou xordo, o que transformou a súa pintura, volvéndose máis pesimista. Estas obras, coñecidas como as Pinturas Negras, foron realizadas sobre as paredes da súa casa, por exemplo, Dous vellos comendo sopa.
Desilusionado coa situación política de España, abandonou o país para instalarse na cidade francesa de Bordeos, onde morreu en 1828.