O Sector Secundario: Materias Primas, Enerxía e Industria
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 9,75 KB
O sector secundario e as súas actividades
- Minería
- Fontes de enerxía
- Industria
- Construción
As materias primas
As materias primas son recursos naturais que a industria transforma en produtos elaborados. Hai tres orixes:
- Animal
- Vexetal
- Mineral
Tipos de minerais
Os minerais poden ser:
- Enerxéticos (ex: carbón)
- Non enerxéticos
- Metálicos (ex: ferro)
- Non metálicos
- De construción (ex: caliza)
- Industrial (ex: fosfato)
Fontes de enerxía
As fontes de enerxía son recursos naturais que proporcionan a forza e o transporte que cobren as necesidades cotiás.
Localización dos minerais
Os minerais encóntranse nos xacementos, en minas a ceo aberto ou en minas subterráneas.
Clasificación dos recursos minerais
- Renovables (que non se esgotan). Ex: o vento.
- Non renovables (que se esgotan). Ex: o petróleo.
- Reciclables (que se volven usar). Ex: o papel.
- Non reciclables (que non se volven usar). Ex: o carbón.
Minerais non enerxéticos importantes
- O ferro: emprégase para producir aceiro.
- A bauxita: de onde se extrae aluminio.
- O cobre: que é a base dos cables para conducir electricidade.
- O coltán: que é a base dos móbiles.
A electricidade
A electricidade é a forma de enerxía máis estendida porque se transporta con facilidade, é limpa e convértese noutros tipos de enerxía. Para producila necesítase:
- A enerxía térmica (o carbón)
- A enerxía nuclear (a fisión do uranio)
- A enerxía hidroeléctrica (a auga)
Enerxía eléctrica térmica
A enerxía eléctrica térmica consiste en queimar combustible. A calor quenta a auga e fai vapor, que move turbinas conectadas a xeradores eléctricos. O combustible máis usado é o carbón, pero tamén, e cada vez máis, o gas natural. Os maiores produtores son China e EE. UU.
Enerxía eléctrica nuclear
A enerxía eléctrica nuclear consiste na fisión de minerais radioactivos, principalmente o uranio. Esta fisión desprende calor que quenta a auga que move unhas turbinas xerando electricidade. Ten importancia en EE. UU. e Francia.
Enerxía hidroeléctrica
A enerxía hidroeléctrica consiste en empregar a forza da auga para obter electricidade. A auga acumúlase en encoros e constrúense presas; logo a auga pasa polas turbinas que producen electricidade ao xirar as aspas. É a enerxía renovable máis utilizada. Os grandes produtores son Canadá, EE. UU., Brasil e China.
Problemas ambientais das enerxías
- No uranio: é moi contaminante.
- Na hidroelectricidade: os encoros e presas teñen impacto paisaxístico.
- Nos combustibles fósiles: provocan o cambio climático.
Enerxías alternativas
- Eólica: Consiste na forza do vento que move as aspas do aparello conectado a un xerador eléctrico e require vento constante.
- Solar: Consiste na radiación do sol e produce enerxía eléctrica. Hai dous tipos:
- Térmica: Consiste nuns paneis solares que quentan tubos polos que hai auga que quenta.
- Fotovoltaica: Consiste nuns paneis solares que producen enerxía eléctrica directamente.
- Biomasa e biogás: Consiste na queima de residuos orgánicos; os gases e a calor úsanse para mover as aspas e producen electricidade.
- Xeotérmica: Consiste en usar a calor interna da terra e así xera electricidade.
- Mareomotriz: Consiste en aproveitar as mareas da auga.
Problemas e solucións das enerxías alternativas
Os problemas das enerxías alternativas son: dependen da natureza, necesitan elevados investimentos, teñen menor rendemento e é difícil acumular a enerxía que xeran. A súa solución é combinar sistemas de xeración renovables.
Fontes de enerxía en España
España é deficitaria en fontes de enerxía. Por exemplo:
- Co petróleo: dependemos de Rusia, México, Irán, etc.
- Co gas natural: de Alxeria.
- Coa electricidade nuclear: en España hai 7 centrais en funcionamento.
- Coa electricidade mediante carbón: polo seu alto custo.
- Coa electricidade da enerxía hidroeléctrica: os maiores encoros están nas concas dos ríos Douro, Texo e Ebro.
- Coas enerxías alternativas:
- Da eólica: España é o 3º produtor mundial.
- Da enerxía solar fotovoltaica: que pode ter bo futuro.
- Da biomasa.
A actividade industrial
A actividade industrial é calquera proceso que transforma as materias primas en produtos elaborados de maneira masiva.
Os primeiros obradoiros
Os primeiros obradoiros necesitaban poucos traballadores e eran domésticos. Realizaban produtos ata o final con ferramentas simples, por iso o proceso era lento e non había dous artigos iguais.
A industria moderna
A industria moderna apareceu en Inglaterra a finais do S. XVIII. As primeiras fábricas modernas caracterizáronse por:
- Máquinas: Realizan parte do proceso da produción, permitiron reducir o tempo de fabricación, facer produtos iguais pero de máis calidade e menor custo, e esixiron un maior investimento de cartos.
- Novas fontes de enerxía: O carbón, a electricidade e o petróleo.
- A división do traballo: Mellorou o rendemento, pero empeorou as condicións de traballo.
A Revolución Industrial
A Revolución Industrial é o proceso polo que se pasou dunha economía tradicional a outra, apoiada na industria e nas máquinas. Hai tres etapas:
- Primeira Revolución Industrial: cara a 1780.
- Segunda Revolución Industrial: cara a 1870.
- Terceira Revolución Industrial: cara a 1970.
A actual Revolución Industrial
A actual Revolución Industrial utiliza alta tecnoloxía, poucos traballadores pero cualificados e tarefas mecánicas feitas por robots.
A globalización da economía
A globalización da economía maniféstase da seguinte maneira:
- A produción está destinada ao mercado mundial, producindo unha concentración empresarial en grupos industriais.
- As empresas multinacionais están presentes en moitos países.
- Os procesos de produción son globais porque usan a delocalización, que consiste en que cada tarefa para elaborar un produto se desenvolva onde é máis conveniente, grazas á facilidade e inmediatez da comunicación, o abaratamento dos transportes e a mellora da circulación de produtos.
- Algunhas empresas subcontratan servizos e produción.
Tipos de industria
- Pesada
- Tipos: Siderúrxica (elabora ferro), Metalúrxica (transforma minerais metálicos), Petroquímica (transforma petróleo) e Cementeira (transforma rochas).
- Características: Necesitan grandes cantidades de materias primas e enerxía, son contaminantes e localízanse preto dos portos.
- Lixeira
- Tipos: Alimentaria, Química lixeira, Electrónica, Automóbil e Textil.
- Características: Necesitan menos materia prima e enerxía, son menos contaminantes e localízanse en grandes cidades.
A industria nos países desenvolvidos e subdesenvolvidos
Nos países desenvolvidos
- As industrias máis estratéxicas encarécese co transporte ou pola alta tecnoloxía.
- Diminúe a poboación empregada no sector secundario.
- A súa localización é na periferia urbana.
- Comparten servizos reducindo os gastos nos:
- Polígonos Industriais: espazo destinado á instalación de fábricas e almacéns fóra das cidades, pero ben comunicado.
- Parques Tecnolóxicos: espazo para fomentar a creación de empresas.
Nos países subdesenvolvidos
- Dependen das multinacionais que quedan cos beneficios, pero impulsan actividades económicas, traen técnicas máis avanzadas e crean postos de traballo, polo que aumenta a poboación.
- Localízanse nas grandes cidades e portos.
- As súas consecuencias son que a ausencia de autoridades que protexan os traballadores e procuren o beneficio empresarial deron lugar á explotación laboral e á economía somerxida.
Nota: Os recursos son todos os bens existentes na terra.
Nota: A OPEP é a Organización de Países Exportadores de Petróleo, formada por 13 estados.