O Salario e as Condicións Laborais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,15 KB
O Salario
O salario é a prestación básica do empresario. É toda percepción económica dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación dos servizos laborais por conta allea.
O pagamento do salario é unha das obrigas básicas do empresario.
Non todas as cantidades económicas que recibe o traballador teñen a consideración de salario, como é o caso de indemnizacións ou suplidos.
O salario é fixado polo empresario e polo traballador e é unha cantidade bruta á que posteriormente hai que deducir as cotizacións á Seguridade Social e a retención do IRPF.
O SMI (Salario Mínimo Interprofesional) no ano 2018 é de 735,9€ ao mes.
Por último, respecto a este punto, saber que o empresario debe ser puntual á hora do pagamento do salario ao traballador, xa que de non ser así, terá que aboar un interese por demora no pagamento do salario dun 10% do debido, en cómputo anual.
Estrutura do Salario
O salario base é a percepción económica que recibe o traballador pola súa forza de traballo.
Os complementos salariais son aquelas cantidades de diñeiro que se adicionan ao salario base, que o aumentan e se fixan en relación a circunstancias relativas a condicións persoais do traballador, ás características do propio traballo a realizar ou pola situación ou resultados da empresa.
Tipos de Complementos Salariais
- Complementos relativos ás condicións persoais do traballador:
- Antigüidade
- Titulación, idiomas, coñecementos especiais, etc…
- Complementos relativos ao tipo de traballo ou ás condicións nas que se desenvolve o traballo:
- Penosidade, toxicidade e perigosidade.
- Turnicidade.
- Nocturnidade: comprendido entre as 22:00h e as 06:00h.
- Complementos relativos á cantidade ou calidade do traballo:
- Primas e incentivos.
- Asistencia, puntualidade e asiduidade.
- Comisións.
- Complementos de vencemento periódico superior ao mes:
- Pagas extraordinarias.
Clases de Salario
- Segundo o criterio seguido para calcular o salario:
- Salario por unidade de tempo.
- Salario por unidade de obra.
- Segundo o medio que se utilice para o seu pagamento:
- Salario en metálico.
- Salario en especie.
Garantía do Salario → FOGASA
O Tempo de Traballo
A Xornada de Traballo
É o tempo que cada día, cada semana ou cada ano ten que dedicar o traballador á execución do contrato de traballo, o tempo de traballo diario, semanal ou anual.
Características da Xornada Laboral:
- Pasarán 12 horas desde que o traballador finaliza unha xornada e comeza outra.
- Descanso interrompido de 1,5 días á semana. No caso de ser menor de 18 anos, serán 2 días.
- Xornada máxima legal: 40 horas semanais – 9 horas diarias.
- Os menores de 18 anos, só poderán traballar 8 horas diarias e non poderán realizar horas extraordinarias.
- Por cada 6 horas de traballo, 15 minutos mínimo de descanso.
- Os menores de 18 anos, por cada 4 horas e media ou máis, 30 minutos de descanso.
As Horas Extraordinarias
Son horas de traballo que se realizan por riba da xornada máxima ordinaria legal.
Tipos de Horas Extraordinarias:
- Horas extraordinarias por forza maior: horas necesarias para previr ou reparar un dano que poida producirse sobre as persoas ou sobre o patrimonio da empresa.
- Horas extraordinarias estruturais: horas de carácter voluntario para o traballador. Horas coas que a empresa pretende facer fronte a un aumento da actividade.
- Resto de horas extraordinarias: non responden a ningunha necesidade excepcional da empresa, senón que serven para evitar contratar a máis traballadores. Son voluntarias.
As horas extraordinarias poden pagarse en diñeiro ou compensarse en tempo de descanso dentro dos 4 meses seguintes á súa realización.
Os traballadores nocturnos non poderán realizar horas extraordinarias.
As Vacacións
É a interrupción periódica de carácter anual, dado que o traballador por cada ano de prestación de servizos ten dereito a un período de descanso retribuído.
O tempo de vacacións será de 30 días naturais do ano.
Poderán fraccionarse en dúas quincenas e a data pactarase entre o empresario e o traballador.
O tempo de maternidade, doenza, accidente ou ausencia do traballo por motivos independentes da vontade do traballador ten que ser computado como servizo para acumular dereito ás vacacións.
As vacacións son obrigatorias e o traballador ten dereito a saber a data das súas vacacións con 2 meses de antelación.
A remuneración ten que ser a normal ou a media do traballador en época de actividade.
Traballo Nocturno, Quendas e Ritmo de Traballo
Os horarios de traballo poden determinar que un traballador teña que realizar o seu traballo durante a noite.
A xornada dun traballador nocturno (22:00 a 06:00h) non poderá exceder de 8 horas diarias de promedio nun período de 15 días.
O traballo nocturno terá unha retribución específica.
O traballo a quendas surxe nas empresas que traballan 24 horas ao día, posto que ningún traballador pode realizar 24 horas de traballo continuado.
Ningún traballador poderá estar máis de 2 semanas continuadas no turno de noite, agás que el mesmo o queira.
Se o traballador cursa con regularidade estudos para a obtención dun título académico ou profesional ten preferencia para a elección de quenda.
O Descanso Laboral
Todo traballador terá dereito ao descanso.
O descanso pode ser:
- Diario: 12 horas ininterrompidas entre o final dunha xornada e o inicio da seguinte.
- Semanal: dereito a un descanso mínimo de 36 horas ininterrompidas sendo este descanso acumulable por períodos de ata 14 días.
- Anual: 30 días naturais por cada ano de servizo.
A ausencia non xustificada en horas de traballo implica a perda proporcional da retribución correspondente ao descanso semanal.
Festas
Son festas que se recoñecen anualmente aos traballadores nun número máximo de 14 días que teñen carácter retribuído non sendo recuperables.
Permisos
Todo traballador ten dereito a uns permisos retribuídos:
- Por matrimonio do traballador: 15 días.
- Por doenza grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días, ampliables a 4 se hai desprazamento.
- Por paternidade: 8 semanas ampliables 2 días máis a partir do 2º fillo.
- Por traslado do domicilio habitual: 1 día.
- Por cumprimento dun deber de carácter público e persoal, como pode ser o dereito a sufraxio activo: o tempo indispensable.