A Ruptura Estética: Movementos e Autores Clave da Poesía de Vangarda Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
español con un tamaño de 3,37 KB
Poesía de Vangarda
Serie de movementos artísticos que, no primeiro terzo do s. XX, marcan a ruptura total coa tradición. Alén das diferenzas de escola, todos presentan trazos comúns:
- Antisentimentalismo.
- Uso poético do cotío.
- Deshumanización.
- Renovación da lingua.
- Busca da arte pura.
- Total liberdade creativa.
Tipos de Vangarda
Vangarda Pura
Rompe coa tradición. Obras que non teñen sentido inicial e que hai que llo dar. O pracer estético reside en darlle sentido ás obras.
(Exemplo: Manuel Antonio, asociado ao Ludismo e á Intranscendencia)
Vangarda Suavizada (ou Hilozoísmo)
Concilia a tradición (S. XIX) e as vangardas (S. XX). Escriben textos tradicionais aos que engaden metáforas. (Exemplo: Luís Amado Carballo).
O Hermetismo e as Novas Teorías
Destaca o Hermetismo, que consiste en darlle sentido ás obras. Aparecen novas teorías sobre a natureza humana (psicoanálise, marxismo...). A psicoanálise (ligada á imaxe surrealista) defende que o inconsciente irracional é o encargado de darlle sentido á obra a través do subconsciente.
Ismos da Literatura Occidental
- Dadaísmo: Obras que cambian a realidade co fin de provocar.
- Cubismo: Metáfora cubista, baseada na imaxe xeométrica da realidade.
Ismos Autóctonos da Literatura Galega
- Hilozoísmo: Costumismo con metáfora vangardista.
- Neotrobadorismo: Cantigas de amigo adaptadas ás vangardas.
Grupos Vangardistas Destacados
- Xeración 1936
- Xeración 1925
- Xeración Nós: Intelectuais nacidos entre 1880-1895.
Teñen en común o Partido Galeguista e o Seminario de Estudos Galegos.
Manuel Antonio Pérez Sánchez
- Vangardismo pleno.
- Existencialista (dor, soidade, baleiro existencial).
- Intelectualismo.
O motivo fundamental da súa poesía é o mar, que simboliza a aventura, a busca do ideal e a fuxida da vida burguesa.
A súa obra é debedora do futurismo, do creacionismo e do abismo (representa a realidade mediante figuras xeométricas, fragmentando as liñas e as superficies).
Obras Destacadas
- Máis alá (xunto con Álvaro Cunqueiro): Único manifesto vangardista galego da época, de carácter futurista. É fundamental nas vangardas galegas e ataca a poesía tradicional.
- De catro a catro: É un diario intimista, considerado o libro de vangarda máis importante.
Luís Amado Carballo
- Vangardismo suavizado.
- Creador da corrente hilozoísta (especialmente a partir do seu libro Proel).
- Impresionista intelectual.
Fermín Bouza Brey
- Principal fundador da escola neotrobadoresca.
- Dúas entidades simbólicas relevantes: o barco e o mar.
Como se pasa das Irmandades da Fala ás Vangardas?
Necesidade: Modernizar a literatura galega.
Ampliar a outros xéneros da literatura galega:
- Narrativa: Busca dun público lector (clase media e ilustrada).
- Narrativa breve: Relatos longos (un só tema) ou novelas breves (varios temas).