Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado na Literatura Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,13 KB

Biografía de Rosalía de Castro

  • Filla dunha fidalga e un crego.
  • Pasa os primeiros anos en Ortoño coa súa tía.
  • En 1850, vai vivir coa súa nai a Santiago.
  • Realiza os seus primeiros estudos e entra en contacto con mozos e mozas no Liceo de la Juventud (Eduardo Pondal).
  • Casa con Manuel Murguía e viven en diferentes localidades.
  • Ten 8 fillos (2 morren antes ca ela).
  • Criticada pola súa vida e obra (chegouse a cuestionar a autoría dalgunhas das súas pezas).
  • Enferma de cancro (morre en 1885).

Características de Rosalía como Escritora

  • Escribe nunha época na que as mulleres estaban destinadas ao traballo doméstico.
  • Escolle a lingua galega como vehículo de expresión.
  • Fixo unha defensa da muller e da súa dignidade.
  • Foi obxecto de desprezo por parte da sociedade patriarcal.
  • Hoxe considerámola unha icona da rebeldía contra a sociedade patriarcal (machismo).

A Obra de Rosalía

a) En Castelán escribiu:

  • La Flor (1857) - Poesía.
  • En las orillas del Sar (1867) - Poesía.
  • El caballero de las botas azules (1867) - Narrativa.

b) En Galego escribiu:

  • Cantares Gallegos (1863) - Poesía.
  • Follas Novas (1880) - Poesía.
  • Conto Galego - Narrativa.

Cantares Gallegos (1863)

a) Intencións:

  • Recoñecemento da lingua galega e da súa validez literaria.
  • Denunciar a situación de Galicia e os seus problemas.
  • Combater os prexuízos que se tiñan sobre Galicia e a súa xente.

b) Estrutura:

  • A estrutura é pechada ou circular (o primeiro e o último poema están relacionados pola voz poética).
  • Nos 34 poemas centrais, a voz poética é a da nena galega.

c) Temáticas:

  1. Poemas amorosos: exprésase o amor feliz ou desgraciado.
  2. Poemas costumistas: costumes, festas, tradicións, personaxes populares...
  3. Poemas intimistas: o suxeito lírico é a propia autora (saudade).
  4. Poemas social-patrióticos: referidos especialmente á situación de Galicia (a emigración).

Follas Novas (1880)

a) Motivacións:

  • Visión angustiada da vida e pesimista. Este cambio débese a motivos persoais (saúde, cansanzo anímico...) e motivos sociais (pesimismo pola situación de Galicia, a falta de solucións...).

b) Estrutura e Temas:

Divídense en 5 partes:

  1. Vaguedás.
  2. Do Íntimo.
    • Poesía metafísica, intimista, solitaria...
    • Poesía do EU.
  3. Varia.
    • Transición entre os dous bloques.
  4. Da Terra.
  5. As Viúdas dos Vivos e as Viúdas dos Mortos.
    • Poesía social, colectiva e solidaria.
    • Poesía do NÓS.

c) Intimismo, Dor e Saudade en Follas Novas:

  • Pregúntase a si mesma polo sentido da vida e da morte.
  • O seu é un mundo de angustias e soidade.
  • Sente nostalxia da dor (o cravo).
  • Soidade absoluta.
  • Visión desolada da vida.
  • Deus distante.
  • Desexo de morte (suicidio).
  • A autora pon a súa pluma ao servizo dos débiles.
  • Preocúpase pola emigración e as súas consecuencias:
    1. Perspectiva masculina: perden os seus bens e lánzanse á aventura sen esperanzas de regreso.
    2. Perspectiva feminina: as mulleres son as grandes prexudicadas (as viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos).
  • Tamén trata a hipocrisía social (Igrexa), a función social do matrimonio (carácter opresivo para a muller).

Entradas relacionadas: