Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado na Literatura Galega

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,64 KB

Aspectos biográficos

Rosalía de Castro (Santiago, 1837 - Padrón, 1885) foi filla de María Teresa de Castro e do sacerdote Xosé Martínez Viojo. As leis da época prohibían que ningún fillo de sacerdote puidese vivir con algún dos seus pais; por esta razón, a pequena Rosalía pasou os seus primeiros anos cunha tía en Ortoño. Alí viviu no mundo rural que logo Rosalía recollería nos seus poemas.

Primeiros anos e formación

Aos 15 anos trasladouse a Santiago, onde viviu coa súa nai. Alí coñeceu a Eduardo Pondal e a Aurelio Aguirre, e participou en veladas literarias e musicais.

Vida persoal e dificultades

No ano 1856 trasladouse a Madrid, onde coñeceu a Manuel Murguía. Casaron dous anos despois e tiveron sete fillos, dos cales dous morreron moi novos. A vida da parella estivo chea de dificultades de todo tipo: laborais, económicas e familiares. Esta vida foi difícil porque Rosalía estaba enferma e morreu pronto, cando só tiña 48 anos.

Carácter e influencia social

O carácter de Rosalía influíu de xeito significativo no seu profundo pesimismo social, derivado en boa medida de ter que asumir a súa situación con mágoa e rebeldía.

Percorrido pola súa obra

Rosalía de Castro non asumiu o seu traballo de escritora como algo esporádico; ao contrario, tratou de desenvolver unha obra literaria plena.

Novelas publicadas

Publicou catro novelas en castelán:

  • La hija del mar
  • Flavio
  • El caballero de las botas azules
  • Ruinas

Poesía: Cantares gallegos e Follas novas

A súa faceta máis destacada é a poesía en galego, con obras fundamentais como Cantares gallegos e Follas novas.

Rosalía: Muller e escritora no seu tempo

Foi a primeira autora galega moderna que sufriu as dificultades que supuña desempeñar o rol de muller e escritora no seu tempo.

Significado da súa obra en galego

Na súa obra en galego, vai cantar a beleza das paisaxes e dos costumes da xente. Mostra un claro compromiso con Galicia e coas súas xentes, sobre todo coas máis humildes, e coa dignificación dunha lingua marxinada.

Análise das obras principais

Cantares gallegos (1863): Clave do Rexurdimento

Cantares gallegos é unha obra fundamental da literatura galega contemporánea. Editouse en Vigo o 17 de maio de 1863; en lembranza desta data, cada ano homenaxeamos un autor ou autora das nosas Letras (Día das Letras Galegas). É un libro escrito en clave reivindicativa que presenta unha poesía de signo folclórico. Parte da idea de que o folclore dun pobo expresa a maneira de concibir o mundo que este ten. O libro consta de 35 poemas. É un símbolo de Galicia e nel declara a súa intención de cantar a beleza do noso país.

Follas novas (1880): Intimismo e denuncia social

Follas novas publicouse en 1880, dezasete anos despois da aparición de Cantares gallegos. Está dividido en cinco seccións, percorridas por unha liña que parte do individual e progresivamente vai achegándose a unha dimensión social:

  1. Vaguedás
  2. Do íntimo
  3. Varia
  4. Da terra
  5. As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos

As dúas primeiras seccións (Vaguedás e Do íntimo) inclúen composicións de carácter persoal nas que Rosalía se achega aos grandes temas como o paso do tempo, o sentido da vida, a dor da morte... Xa ao comezo ironiza co título do libro e anúncianos a dureza dos poemas que imos atopar.

Entradas relacionadas: