Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado Literario

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,46 KB

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1834. Foi bautizada ás poucas horas e como filla de pais incógnitos. Filla do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871) e María Teresa de la Cruz Castro y Abadía (1804-1862), unha muller solteira e fidalga con escasos recursos económicos.

Naquela época non era tan raro que os sacerdotes tiveran fillos; non se miraba como algo dramático.

É de orixe social burguesa, por parte materna.

Viviu os 8 primeiros anos da súa vida cas súas tías paternas Teresa e Xosefa. O seu pai, pese a que non podía coidala, tivo sempre un gran interese por ela.

Nesa época comezou a tomar conciencia sobre a dureza da vida do labrego galego, dos costumes e vivenzas do mundo rural de Galicia e foi cando comezou a escribir Cantares Gallegos.

Ós 18 anos marcha soa para Madrid para tentar ser actriz, era unha muller con carácter.

Alí coñece ó que será o seu futuro marido, Manuel Murguía, un escritor e historiador galego, creador da Real Academia Galega xunto a Curros, e un dos escritores máis destacados do Rexurdimento polo seu importante papel nel. Casouse con Rosalía no ano 1863 e tivo 6 fillos con ela.

Os seus poemarios máis destacados son Cantares Gallegos, publicado no ano 1863 e nel redacta as costumbres de Galiza e a súa lingua, e logo Follas Novas, o seu último poemario publicado no ano 1880 e nel hai opinións persoais de Rosalía e tamén cousas íntimas.

O poemario Cantares Gallegos foi escrito como homenaxe e lírica popular porque todos os poemas comezan cunha estrofa, que é un fragmento da cantiga popular.

O último poemario foi publicado na Habana porque non se pensaba que unha muller puidese escribir co ton e dos temas que ela facía, por ese motivo só o publicaron no exterior.

Rosalía foi unha persoa moi culta, supuxo un ente indispensable no panorama literario. Estivo por riba da súa época. Carteouse con: Leopoldo Alas, Manuel Murguía, Armando Palacios e outros personaxes europeos xa que dominaba o francés.

"Se escribes mal, dirán que é o esperable; dunha muller que se pode esperar... Se escribes ben, dirán que é imposible que ti os escribises; debeu ser o teu marido".

A autora denuncia a marxinación do sexo femenino. Aquí denuncia o machismo, din que a muller non serve para escribir, só o home podería escribir algo con talento. Era unha época na que a condición femenina era considerada como minusvalía.

Foi unha autora claramente defensora das clases socias máis humildes que se demostra no poemario de Cantares Gallegos.

Rosalía morreu o 15 de xullo de 1885 na súa casa en Padrón. Faleceu a causa dun cancro. Ó longo da súa vida sempre tivo unha mala saúde e xa superara varias enfermidades graves ainda que houbo moitas inxustizas.

O día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio de cada ano porque foi cando se publicou en Vigo o primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e ahí foi cando comezou o inicio a época do Rexurdimento.

A obra desta autora pódese clasificar en tres grandes liñas temáticas:

  • Liña de meditación metafísica, intimista literaria
  • Realidade social, denuncia das inxustizas
  • Feminista; reflexión sobre a condición da muller


Rosalía é unha muller poeta: normalmente, como se esperaría que fose un poema escrito por unha muller? Os seus deste poemario van seguir esa liña?

Rosalía ao ser unha muller poeta o poema que se esperaría que se escribise seria de temática amorosa e familiar, mais no poemario de Cantares Gallegos non segue esta liña senón que utiliza temas contumistas.

Temas:

  • Contumista: explica a maneira de vivir da xente no mundo social, denuncia a marxinación a que esta sometida Galicia polo poder central.
  • Intimista: explica de maneira máis subxectiva as vivenzas máis fondas da autora.

Rosalía de Castro foi unha autora recoñecida en vida asi quedou demostrado no seu enterro que foi un acto intistucional e publico.

19. Poema ‘A xustiza pola man’: Quen é a protagonista da historia? Que se denuncia nela? Por que acode á violencia individual? Paréceche que nunha historia deste tipo é habitual no século XIX que a protagonista sexa unha muller? Argumenta a túa resposta.

Entradas relacionadas: