Rosalía de Castro e o Rexurdimento: Obra, Compromiso Social e Legado na Literatura Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 14,96 KB

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Contexto Histórico

Biografía

Naceu en Santiago, o 23 de febreiro de 1837, filla dunha fidalga e dun sacerdote. A infancia pasouna coa súa nai, criada e madriña en Padrón (lugar que evocaría na súa poesía como un paraíso da infancia). Marchou logo a Compostela, onde recibiu unha boa educación, inusual nas rapazas da época, e entrou en contacto cunha mocidade rebelde e progresista.

Marchou a Madrid (1856). Alí coñeceu a Manuel Murguía, con quen casou en 1858, estando ela embarazada.

Principais Publicacións

  • 1861: Publica o seu primeiro poema en galego, "Adiós, ríos; adiós, fontes".
  • 1863: A súa obra máis importante, Cantares gallegos.
  • 1880: O seu último libro en galego, Follas novas.
  • 1884: A súa derradeira obra publicada, En las orillas del Sar.

Por motivos de traballo e penurias económicas constantes, cambiaron frecuentemente de localidade e pasaron tempadas separados. Morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885 (aos 48 anos), nunha situación de pobreza, torturada polo cancro, e atacada e marxinada por case toda a intelectualidade do momento.

A Singularidade da Figura de Rosalía

Rosalía de Castro (1837-85) é a figura máis importante e universal da literatura galega. Despois da súa morte, deuse unha imaxe distorsionada dela, promovendo estereotipos como:

  • Unha "santiña", "chorona", unha labrega pouco culta que escribía porque llo mandaba o seu home, Murguía.
  • Unha imitadora de Bécquer, unha romántica rezagada.
  • Unha autora inconsciente do papel que xogaba e da importancia das súas obras.
  • Unha versificadora espontánea sen coñecementos de arte poética.

O Día das Letras Galegas celébrase cada 17 de maio desde 1963, conmemorando a aparición, en 1863, de Cantares gallegos. En vida, Rosalía padeceu enormes dificultades para publicar, debido á situación de penuria económica, á súa condición de muller e ao seu pensamento avanzado.

Compromiso Social e Feminismo na Obra Rosaliana

Compromiso Social

Rosalía foi testemuña da marxinación, inxustiza e opresión. O seu compromiso social maniféstase en varios eixos:

  • A defensa da cultura e do galego: Presenta unha imaxe de Galiza e da súa xente digna e normal, fronte aos prexuízos.
  • A defensa de valores sociais e morais: Defende os valores dos galegos fronte aos novos valores da burguesía.
  • A identificación cos problemas populares: Identifícase cos sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas mulleres campesiñas, as "viúvas de vivos".
  • A denuncia das inxustizas: Denuncia os insultos e abusos cometidos con Galiza e cos galegos, en especial no drama da emigración e as súas gravísimas consecuencias.
  • A reivindicación dos dereitos da muller (incluíndo o dereito a escribir).

O Feminismo

Cando Rosalía comeza a escribir, o contexto era o seguinte:

  • Máis do 90% das mulleres galegas eran analfabetas.
  • As escasas escritoras, escribían en español e sobre temas considerados "de muller": paisaxe, amor romántico, relixión, etc.

Na súa obra, Rosalía reivindicou os dereitos da muller nunha sociedade dominada pola desigualdade e a marxinación. Considérase unha adiantada ao movemento feminista (desde 1880) e a primeira feminista galega.

Se aínda hoxe falamos de marxinación da muller, podemos imaxinar o que suporía que unha muller do século XIX quixese vivir de ser escritora en galego. A incomprensión que padeceu provocoulle un desasosego emocional, convertendo o eu-poético nunha alma atormentada disposta a morrer.

As Obras Capitais do Rexurdimento

Cantares Gallegos (1863)

É o primeiro libro publicado integramente en galego. Consta de 36 poemas. As fontes vinculadas son:

  • A lírica popular e tradicional: crea a súa poesía glosándoa a partir dun texto popular.
  • Segue o modelo formal usado por Antonio Trueba en Libro de los cantares.

A obra ten unha estrutura circular, onde o final ten relación co inicio. A raíz dun artigo, Rosalía recibiu críticas, o que fixo que ela se replantexase a súa carreira ata deixar de escribir temporalmente.

Estrutura e Obxectivos

A obra componse de 36 poemas e un prólogo en galego pretextando non ser boa escritora (captatio benevolentiae). Pide desculpas polos posibles defectos do libro, contando as súas intencións. Ten un triplo obxectivo:

  1. Reivindicar a validez do galego para todo tipo de poesía.
  2. Denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos, mulleres e emigrantes galegos.
  3. Combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza.

Temática

  • Prólogo e Epílogo: O Prólogo ("Has de cantar") e o Epílogo ("Eu cantar, cantar cantei") serven de introdución e despedida.
  • Costumista: Describen cuestións da vida cotiá (romarías, devocións, festas e traballos na aldea) e a relación entre campesiños (con protagonismo masculino e feminino).
  • Social: Tratan a situación de penuria e marxinación que viven os galegos. A denuncia social do drama da emigración aparece en poemas como "Adiós ríos, adiós fontes".
  • Intimista: Expresa vivencias e sentimentos persoais. Séntese unha persoa marcada pola soidade e a desgraza. Pertencen a esta sección "Campanas de Bastabales" ou "Como chove miudiño".

Follas Novas (1880)

Boa parte dos poemas xa os tiña escritos (entre 1868 e 1870 en Simancas), mais pensaba non publicalos, pero ela sentía que "debía algo". En conxunto, trátase dunha obra máis persoal e filosófica que Cantares, cun ton pesimista, xa que non estaba pasando por unha boa época.

A obra consta dun prólogo en prosa (onde agradece aos emigrantes da Habana por axudar a publicar o libro) e 137 poemas, clasificados en 5 "libros".

Clasificación dos "Libros"

A lírica intimista (sempre presente a dor):

  • Vaguedás: Prólogo poético e 20 poemas. Reflexiona sobre a escrita feminina a xeito de autopoética. Manifesta o seu estado anímico (pesimismo, soidade, etc.).
  • ¡Do íntimo!: 36 poemas. Reflexións filosóficas sobre o paso da vida, a actitude da Igrexa católica nalgúns temas como o suicidio ou o matrimonio.
  • Varia: 40 poemas. Reflicte a realidade complexa que rodea o "eu" anterior. Destaca o sufrimento da xente (mulleres) e problemas sociais (miseria, emigración).

A lírica social:

  • Da Terra: 9 poemas. Quere deixar clara a súa plena identificación co pobo galego, os seus valores, costumes, cultura e idioma.
  • As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos: 31 poemas. Céntrase na emigración e nas causas que a provocan.

Moitos escritores da época dedicáronlle poemas tras a súa morte, aínda que non era apoiada por moitos intelectuais en vida. Os que a consideraban amiga demostrárono nos poemas. Foi unha gran fonte de inspiración para os seguintes escritores.

Principais Traxos Lingüísticos de Follas Novas

Rosalía emprega a lingua popular, o galego falado en Santiago-Padrón, espontáneo e coloquial, cun léxico onde abundan castelanismos e vulgarismos. Fai uso do seseo. Escribe en galego sen gramática nin regras. A súa poesía aséntase en procedementos e temas de inspiración popular.

Recursos Estilísticos e Métrica

  • Recursos típicos: Repeticións, paralelismos, comparacións e anáforas.
  • Métrica en Cantares gallegos: Abundan formas de arte menor e rima asonante.
  • Métrica en Follas novas: Causa unha revolución, combinando versos de arte maior e menor.

O Rexurdimento e a Lingua Galega

O Rexurdimento Pleno: A Escola Rosaliana

Rosalía dos Cantares gallegos creou unha auténtica "escola poética". Numerosos autores continuaron o seu camiño, prestando atención á beleza da paisaxe e á orixinalidade dos costumes. Destaca Valentín Lamas Carvajal, cultivador da poesía e do xornalismo. Fundou os primeiros xornais escritos integramente en galego, como O Tío Marcos da Portela.

Obras de Lamas Carvajal

  • Unha das súas obras máis importantes foi Saudades gallegas (1880).
  • A obra cume de Lamas é o Catecismo da doutrina labrega, un libro anticaciquil que, a través das preguntas e respostas do catecismo católico do Padre Astete, reflicte a situación de miseria que padece o campesiñado galego no século XIX.

Outras figuras destacadas son Filomena Dato Muruais (poesía) e Francisca Herrera Garrido (poesía), a primeira en escribir unha novela longa en galego.

A Guerra contra os Franceses e a Lingua

Durante este período prodúcese un uso escrito do galego, contando cunha serie de textos (prosa e verso) que pretenden imitar a fala popular. Este cultivo ten carácter instrumental e propagandístico (busca a colaboración da xente cunha lingua popular). Aínda así, segue existindo a diglosia coa aparición do castelán.

Axentes da Castelánización

O galego, a finais do século XIX, era o idioma usado polo 85% da poboación. Prodúcese un incremento do proceso de imposición do castelán, especialmente no ámbito urbano, derivado da aparición de axentes que reforzan os prexuízos contra o galego:

  • Os medios de comunicación escritos: Excluíron o galego.
  • O incremento no número de escolas: A partir da entrada da "Lei Moyano". O castelán aparece así no ámbito educativo como a única lingua lexítima, a única que conta con gramática e con libros.
  • O tipo de formación pola Igrexa católica nos seus Seminarios: Buscaba que o futuro párroco se desprendese do idioma que traía da casa e empregase o castelán como un símbolo da súa superioridade.
  • O reforzo do aparello administrativo estatal: As autoridades impoñen a obriga de empregar o español en ámbitos concretos. As novas entidades do Estado marxinaron o galego.
  • O establecemento de burgueses de orixe foránea: (Cataláns, maragatos e cameranos, etc.), que reforzaron a identificación entre riqueza e progreso co castelán.
  • O influxo da emigración: As clases populares (que eran as que falaban galego) marchan.

Fenómenos Contrapostos da Lingua Galega

  • O galego perde falantes en favor do castelán, sobre todo nas capas medias urbanas.
  • Recupera a categoría de lingua literaria e de cultura da man de escritores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, etc.
  • Recibe atención e resulta reivindicado e prestixiado por unha minoría culta, que funda en 1906 a Academia Galega.
  • Aumentan as interferencias lingüísticas entre galego e castelán. Os dous "castrapos" gañan presenza.

Fenómenos que Caracterizan o Rexurdimento

  • Definitiva recuperación da escrita literaria do galego.
  • Aparición dun movemento político-ideolóxico: Provincialismo e Rexionalismo.

Períodos do Rexurdimento

Período Precursor: 1833-1862

A obra máis destacada dese período é A gaita gallega (1853), de Xoán Manuel Pintos. Tamén hai que salientar a celebración dos Xogos Florais da Coruña (1861), que estimula a produción literaria en galego, posteriormente publicada no Álbum de la Caridad (1862).

Período do Rexurdimento Pleno: 1863-1888

Este período está marcado pola publicación de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro, o primeiro libro escrito integramente en galego. En 1880 coincide a edición de tres das mellores obras da nosa literatura:

  • Follas novas, de Rosalía de Castro.
  • Saudades gallegas, de Valentín Lamas Carvajal.
  • Aires da miña terra e O Divino Sainete (1888), de Curros Enríquez.

Período da Depresión Finisecular: 1889-1914

Período de decadencia onde se perde interese. A Revista Gallega é a publicación máis importante. Destaca tamén a fundación da Academia Galega en 1906. Esta etapa chega ao seu fin co nacemento en 1916 das Irmandades da Fala.

Obxectivos do Rexurdimento

  • Mudar a consideración negativa do galego: Empregaron argumentos de prestixio (figura do Rei Sabio, que utilizaba o galego), utilidade e identidade, como base de cultura e lingua.
  • Ampliar os ámbitos de uso do idioma galego: Recuperando a literatura, introducíndoo tamén na prensa periódica e demandando o recoñecemento oficial do galego.
  • Estudar e depurar o idioma galego: Primeiras gramáticas e dicionarios.
  • Reivindicar o pasado histórico.

Precursores do Rexurdimento

Son todos os que publicaron antes de 1863. Destacan:

  • Francisco Añón Paz: Participou na revolución galega de 1846 e, a consecuencia da represión do levantamento, exiliouse en Portugal. Foi premiado nos "Xogos Florais" de 1861.
  • Xoán Manuel Pintos: Autor de A gaita gallega (1853), que promove a defensa da lingua e cultura. Esta é unha obra miscelánea (combina temáticas diversas), en prosa e verso, con fragmentos en castelán, galego e latín. Concibida como método de aprendizaxe e exaltación do galego. Presenta dous personaxes principais: o gaiteiro galego e o tamborileiro foráneo.

O Infinitivo Conxugado Galego

O infinitivo conxugado (INF conx) posúe valores temporais e aspectuais específicos:

Valores Temporais

FormaValor Temporal
AndarFuturidade xeral
AndaresFuturidade inmediata

Valores Aspectuais

FormaValor Aspectual
AndarmosIncognitivas: Comezo de acción
AndardesImperfectivas: Acción non rematada
AndarenPerfectiva: Acción rematada
Reiterativas: Repetición de acción
Terminativas: Proximidade a acabar unha acción

Entradas relacionadas: