Rosalía de Castro: poesía galega e denuncia social

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,92 KB

ROSALIA:

Rosalía trata, con frecuencia nos ensaios e en menor medida nos poemas a problemática das escritoras do seu tempo, revelándonos as dificultades, a rabia e amargura que padecían as que como ela desafiaban aos reles da muller na sociedade.

Na súa obra non hai unha actitude escapista

Destaca a denuncia social e a sensibilidade para os distintos problemas da xente, principalmente das mulleres campesiñas galegas.

O ton de sinceridade está moi lonxe do finximento

Trata temas como a morte, o suicidio, o desengano…

A obra poética de Rosalía consta de dous libros: Cantares gallegos 1863, Follas Novas 1880

Cantares gallegos 1863:

Marca o inicio do Rexurdimetno, consta de 36 poemas con estructura circular. Os poemas son glosas de cantares populares, que se sitúan ao inicio e ao remate da composición, e que Rosalía desenvolve ao longo dos seus versos. O obxetivo principal son:

  • Dignificación e exaltación de Galicia
  • Defensa do idioma galego
  • Denuncia das inxustizas e marxinación que padecen

Podemos agrupar os poemas nas seguintes liñas temáticas:

  • Temática costumista: poemas que describen a paisaxe, costumes, creenzas…
  • T. amorosa: reflicte de forma monologada ou dialogada a maneira de vivir, o sentimento amoroso de diferentes personaxes do pobo en distintas circunstancias e situacións
  • T. intimista: só un par de poemas onde a autora expresa os seus sentimentos
  • T. social-patriótica: trata o tema da emigración, qué leva aos galegos fóra da súa terra e as consecuencias que provoca.

Follas Novas 1880

No prólogo reflicte os pesares propios (liña intimista) e os alleos (liña social). O ton pesimista de Cantares dá paso agora a unha temática grave e pesimista. Diferenciamos 2 liñas temáticas:

  • T. intimista: presenta as súas inquietudes persoais
  • T. social: afonda nas inxustizas que padece o noso país. Continua na liña reivindicativa, solidarízase coa xente traballadora do país pero sobre todo coas mulleres dobremente víctimas da situación decimonónica.

A elas exclusivamente vai dedicada a última parte do libro. O libro divídese en 5 seccións, que podemos relacionar coas liñas temáticas deste xeito: P. intimista subxectiva (vaguedás, do íntimo, varia). P. social obxectiva (varia, da terra, as viúvas dos vivos e dos mortos). Outros méritos é a orixinalidade métrica: realizou combinacións métricas innovadoras coas que se anticipa á gran renovación levada a cabo tempo despois polos modernistas.

Entradas relacionadas: