Rosalía de Castro: Biografía, Obras e Legado Literario Galego
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,98 KB
Rosalía de Castro: Biografía
Naceu en 1837. Hai aspectos da súa vida que cómpre destacar, xa que puideron influír nas súas obras co paso do tempo. Foi filla de pais incógnitos. A súa nai era unha fidalga, e o seu pai, aínda que non está confirmado, un sacerdote. Rosalía formouse en Santiago, tanto social como intelectualmente. Gustáballe o francés e a música. Presenciou numerosas representacións líricas e teatrais. Casou con Manuel Murguía, pero co paso do tempo botouno moito de menos, xa que era un home de viaxes e ela sufría por estas ausencias. Tamén tivo numerosos problemas económicos e de saúde.
Cantares Gallegos
É unha obra que marca o inicio do Rexurdimento.
Prólogo
Confesa terse inspirado noutros libros, como os de Antonio Trueba. Son frecuentes as glosas de cantares, tamén os refráns ou as lendas populares. Baséase en reproducir o espírito do pobo galego. Rosalía viviu marxinada por ser escritora, galega e muller. Esta obra convértese nunha obra clave para o recoñecemento do idioma galego na literatura. A súa intención é destacar a fermosura da terra galega e do pobo que nela vive. Por iso, esta obra pódese considerar como unha maneira de representar a nosa propia terra.
Estrutura
No libro está presente un prólogo e un epílogo, que están baseados na aldea e na xente que nela vive. A eles diríxese Rosalía para que canten en lingua galega en representación do pobo. Está presente tamén o folclore popular e os protagonistas próximos aos desacougos íntimos. Por último, o libro remata coa voz da moza lamentándose.
Temática
Costumista
Están presentes temas como o folclore e os costumes solidarios. A vida cotiá adquire temas como o feminismo, por iso vemos reflectida unha muller rural. Rosalía emprega un ton de desenfado mediante glosas.
Tema Amoroso
O tema amoroso vén representado mediante cantares en forma de monólogos ou diálogos. Expóñense as queixas dos namorados.
Carga Social e Patriótica
Está presente a emigración, a marxinación dos galegos ou a incomprensión dos casteláns. Por parte das mulleres, está presente un maltrato por parte do castelán. Como símbolo a destacar aparece a gaita galega. Foron momentos de denuncia dos males que afectaban a Galicia.
Intimismo
Tamén aparece a voz do autor mediante poemas intimistas, cunha visión pesimista do amor. Destacan poemas como o de Adeus, ríos; adeus, fontes ou Campanadas de Bastabales.
Recursos Estilísticos e Métricos
Cómpre destacar que esta obra foi bastante sinxela en todos os seus sentidos. Os recursos empregados son de orixe popular. Rosalía ten presentes sempre comparacións, deixa no descoido a metáfora. Cómpre destacar que fai uso frecuente do paralelismo, anáforas, etc. Entre os seus versos cómpre destacar as décimas, as oitavas reais e as redondillas.
Follas Novas
Obra que agradece o apoio dos galegos da Habana.
Prólogo
Ofrece un mundo poético lonxe do vitalismo e da sinxeleza, introduce un romanticismo filosófico. O libro ten presente a tristeza. Rosalía non se descoida do contorno no que vive.
Estrutura
Está formado por 5 libros e 136 poemas. Rosalía baséase na existencia humana. Na súa estrutura propiamente dita, cómpre destacar a intensidade subxectivista na que destaca o desconsolo e a soidade radical do ser humano. A concreción social do final, mediante problemas relacionados con desgrazas colectivas. Tamén hai unha combinación de ambos mediante a obra Varia.
Temática
Visión Intimista
Ten presentes a angustia e os sentimentos de soidade ou desamparo. Rosalía vai gañando conciencia mediante a fonte de dor.
Tema Amoroso
Como xa ocorre coa vida en xeral, o amor está condenado ao sufrimento e ao fracaso.
Voz Interiorizada
A partir da angustia, tamén ten protagonismo o odio, o resentimento e a vergoña.
Morte
O repouso identifícase coa morte. Residen enigmas turbadores e preguntas sen resposta.
Saudade
Explica a saudade de forma clara, referíndose a ela como un propio sentimento. Destaca o poema de Negra Sombra, onde expresa a súa vida espiritual ante a vida, desde a esperanza de escapar dela ata darse conta de que a vida sempre está presente.
Visión Social
Situación da Muller
A Rosalía non lle importaban as modas e as tendencias, o que ás veces lle ocasionou numerosas hostilidades e ofensas. Tivo que queimar os seus libros antes de morrer. A voz de Rosalía fustrigou con dureza as inxustizas e as hipócritas doutrinas, o que ocasionou e incitou á rebelión e á vinganza. Tamén ten presente o tema da emigración. A emigración creou un país de orfos. Rosalía mostrou un gran tema de emigración mediante mulleres desgrazadas, vítimas do éxodo forzoso, coa esperanza de poder recuperar os seus homes.
Métrica e Recursos
Está presente unha variedade e complexidade na métrica. Aparecen o romance, a cuarteta ou a redondilla. Prodúcense numerosas combinacións polimétricas con versos longos en estrofas mixtas que crean un ritmo entrecortado e disonante.
Estilo
É sinxelo e con poucos recursos expresivos. Escasean as metáforas e abundan as comparacións, que son recursos moi empregados por Rosalía.
A Lingua que Emprega Rosalía
A maior parte da súa lingua é sacada do galego sudoccidental. Aparecen o seseo e a gheada, e tamén os castelanismos e vulgarismos. Fai uso de grafías como 'y' e 'c', e emprega numerosos acentos gráficos sen normas de acentuación, e usando o apóstrofo mediante castelanismos. En resumo, a lingua empregada por Rosalía é utilizada para intentar recuperar o galego como categoría de lingua literaria, a través de Cantares Gallegos e Follas Novas.
A Prosa de Rosalía
Rosalía achega o conto á prosa narrativa. Aínda que hoxe en día se dubide de Rosalía como autora dos contos. Rosalía afástase da idea da súa autoría, encádrase como un relato oral que habería de reproducir sen variar os seus trazos populares. Os seus prólogos empregados son obras poéticas como Cantares Gallegos, que se contrasta co campo galego, e o de Follas Novas, dedicadas ás mulleres galegas.
Importancia de Rosalía
Rosalía foi a precursora da poesía cívica en Galicia. A defensa da Galicia explotada e marxinada engadiuse á comuñón total coa voz dos seus compatriotas, falando desde os rexistros do seu pobo coa lingua vivamente expresiva e popular. Cantares Gallegos marcou o punto de partida para o Rexurdimento. Follas Novas marca unha corrente innovadora tanto pola métrica como pola temática. Todo isto marca o camiño da poesía moderna do século XX. A lírica de Rosalía conta coa admiración de Juan Ramón. Rosalía sentiríase allea ao mundo da falsa feminidade no que se move a literatura feminina.