Romanticismo Musical: Análise de Schubert e Brahms

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,18 KB

O Romanticismo Musical: Características e Contexto

Encóntrase dentro do período histórico do Romanticismo, movemento cultural orixinario en Alemaña e Reino Unido a finais do século XVIII como reacción á Ilustración e o clasicismo, e desenvolveuse na primeira metade do século XIX. A súa característica principal é a ruptura coa tradición baseada nun conxunto de regras estereotipadas, xunto coa procura da auténtica liberdade, polo que o seu trazo revolucionario é incuestionable. O Romanticismo estivo marcado pola Segunda Revolución Industrial (s. XIX), que supuxo o asentamento do capitalismo, e polo estoupido do liberalismo económico. En canto á música romántica, tentaba expresar as emocións, os sentimentos e as intuicións a través da música; en definitiva, estaba caracterizada pola procura persoal da novidade, polo predominio do elemento subxectivo sobre a forma.

Franz Schubert e "Margarida na roca"

A presente audición corresponde á obra Margarida na roca de F. Schubert. Esta peza foi composta en 1814, cando só tiña 17 anos, e foi un dos seus primeiros éxitos musicais.

Franz Peter Schubert, nado en Viena e falecido ibídem, foi un compositor austríaco considerado introductor do Romanticismo musical á vez que continuador da sonata clásica, seguindo o modelo de Beethoven, a quen admiraba. Levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante dos ambientes populares, o que desencadeou o famoso termo de Schubertiadas, reunión de artistas procedentes de tódolos ámbitos adicados á música e á lectura. En canto á súa obra, compuxo máis de 600 lieder (breves composicións para voz e piano), así como música de cámara e orquestral. Non foi recoñecido en vida; despois da súa morte comezou a atraer admiradores.

"Margarida na roca": Contexto e Análise Musical

En canto ao xénero, é profano descritivo, pois tenta transmitir unha historia: Fausto, un mago, invoca o demo e véndelle a súa alma a cambio da sabedoría ou da xuventude eterna, mentres que tenta namorar a Margarida. É unha peza vocal, que presenta un acompañamento instrumental.

A súa textura é de melodía acompañada, xa que destaca unha melodía sobre un acompañamento, o cal non se detén en ningún momento, agás no momento de clímax, que se reforza cun cambio rítmico.

O timbre encóntrase composto polo piano e a voz ou voces solistas, e a súa forma é de Lied (breve canción lírica), cuxa estrutura preséntanos unha forma de Rondó (ABACADA).

Para finalizar, dicir que o texto está en alemán e provén da obra Fausto de Goethe.

Johannes Brahms e o seu "Cuarteto con piano"

A presente audición corresponde á obra Cuarteto con piano en Sol menor, opus 25 de J. Brahms, estreada en Viena en 1862 co propio Brahms ao piano.

Johannes Brahms, nado en Hamburgo e falecido en Viena, foi un pianista e compositor alemán do Romanticismo, considerado o máis clásico dos compositores románticos, influenciado por Haydn, Mozart e Beethoven.

No seo dunha familia pobre, comezou a estudar piano aos sete anos á par de compoñer, e aos vinte deu xa a súa primeira xira musical. En canto á súa obra, é frecuentemente asociada coas emocións da melancolía e nostalxia e coa natureza. Caracterizada pola súa grandiosidade, compuxo máis de 50 exercicios para piano, en torno a cen cancións populares, sonatas, concertos, etc.

"Cuarteto con piano": Análise Musical Detallada

En canto ao xénero da peza, é profano e constitúe unha peza instrumental pura.

A súa textura é multitextural e obsérvase un claro predominio da homofonía, posto que as notas móvense simultaneamente cos mesmos valores rítmicos pero con distintas notas.

O timbre encóntrase composto por un cuarteto de corda con piano, integrado por violín, viola, violoncello e o piano como instrumento de percusión. Esta combinación permítelle a Brahms unha intimidade especial entre instrumentos. Adopta a forma de rondó (é o retrouso).

Para finalizar, dicir que é unha peza dinámica, chea de adornos e cun uso exquisito do contrapunto; non ten texto.

Entradas relacionadas: