Rexurdimento e Rosalía de Castro: Cantares Gallegos e Follas Novas — contexto e temas clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,21 KB
O Rexurdimento
1853, data de publicación de A gaita gallega de Pintos. Foi o gran salto cualitativo do renacer literario que se deu dez anos despois coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O Rexurdimento non é un fenómeno exclusivamente cultural que se poida abstraer das circunstancias: os escritores eran conscientes do proceso que protagonizaban. Denunciarán a miseria e a explotación dos labregos, asumirán a defensa de Galiza e irán na procura dunha orde social máis xusta.
Situación política e social
- Ten lugar un pronunciamento de signo progresista liderado polos xenerais Prim e Serrano e o almirante Topete, que destrona a Isabel II.
- Tras a abdicación de Amadeo, foi proclamada a Primeira República (1873–74). Os acontecementos do sexenio revolucionario supuxeron un cambio radical na dinámica política de toda España.
- No novo golpe militar de 1874 produceuse a formación dun goberno conservador e a Restauración (1875), co regreso da monarquía borbónica e Alfonso XII.
- As críticas ao sistema político da Restauración derivarán cara o nacemento do Rexionalismo. A figura de Manuel Murguía traerá consigo as primeiras organizacións políticas xa exclusivamente galegas.
Situación cultural
- Nacemento das primeiras gramáticas.
- Maior presenza do galeguismo na prensa xeral.
- Recuperación dunha prensa propia con publicacións integramente en galego.
Cantares Gallegos: estrutura e significado
Supón o pulo decisivo do Rexurdimento. Rosalía foi facendo glosas de cantares, refráns ou ditos populares ata compoñer 32 cantares na procura de reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo. A poesía folk responde aos postulados da Xeración do 68. A través dun exercicio de sororidade asistimos a unha verdadeira alegoría da identidade de Galicia.
1. Estrutura
A obra presenta unha estrutura de carácter circular. A modo de prólogo e epílogo aparecen postos en boca dunha 'meniña gaiteira', a quen a autora lle pide que cante en lingua galega.
2. Poesía folk
- Lirismo popularizante: composicións artelladas a partir de vivencias de personaxes do rural cotián, amosando elementos folclóricos como expresión da sociedade.
- Temática amorosa: Rosalía promove unha ollada en clave de voz de muller. As mulleres do rural aparecen reflectidas na complexidade da súa psicoloxía.
- Carga social e patriótica: presenza de temas como a emigración, a miseria e a marxinación.
3. Recursos estilísticos e métricos de Cantares Gallegos
Sinxeleza na forma. Abuso de comparacións e escaseza de metáforas. Abundan os paralelismos, anáforas, repeticións e antíteses. Predominan os versos de arte menor.
4. Temática
- Costumista e amorosa: inxustizas sociais, deshonras...
- Social: emigración, miseria, marxinación...
- Intimista: paso do tempo, tristeza...
Follas novas (1880): prosa poética e lirismo intimista
O prólogo ofrece un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, introducindo un lirismo existencial, de raíz intimista e de maior carga de solidaridade.
1. Estrutura da obra
Podemos distinguir dúas tendencias principais:
- Intensa subxectividade expresiva: presente en seccións como 'Vaguedás' e 'Do íntimo!', onde predomina o desconsolo e a soidade radical do ser humano.
- Concreción social: especialmente no final (por exemplo, 'Da terra' e 'As viudas dos mortos'), onde aparecen desgrazas colectivas.
- 'Varia' combina ambos tipos.
2. Temática
- Intimista: sentimentos de soidade e desamparo son compañeiros constantes. O amor aparece condenado ao fracaso; para Rosalía, o amor é unha ilusión que se destrúe co tempo. O repouso identifícase coa morte. Hai un sentimento de saudade vinculado ao conflito social. No poema 'Negra sombra' exprésase de forma simbólica a traxectoria espiritual ante a dor de vivir.
- Social: aborda a situación da muller escritora, constrinxida polos límites do sentimentalismo que impón a sociedade. Trátanse inxustizas e hipocrisías sociais, así como temas de emigración.
3. Métrica e recursos de Follas novas
Variedade e complexidade métrica. Estilo sinxelo e con poucos recursos expresivos. A escaseza de metáforas compénsase coa abundancia de comparacións, xunto con estruturas paralelísticas e o contraste. Un dos recursos que máis manexa son os símbolos, por exemplo 'Negra sombra'.