O Rexurdimento e a Gramática Galega: Rosalía, Pondal e Curros

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,65 KB

Rosalía de Castro

Vida e contexto

  • Marcado compromiso social e cultural.
  • Apuros económicos, mudanzas e viaxes continuas.
  • Tráxicos sucesos persoais: morte de dous fillos, morte da súa nai e un cancro.

Cantares Galegos (1863)

Responde ao compromiso explícito da autora coa terra e a xente de Galicia e o desexo de contribuír á dignificación do galego.

Temas principais

  • Costumista: Retrata a sociedade galega rural da época.
  • Amorosa: Coitas amorosas.
  • Intimista: (2 poemas).
  • De denuncia: Poesía social e patriótica (emigración, marxinación, situación dos labregos).

Forma e Estrutura

  • Forma: Glosas de cantares populares. Modelos métricos tradicionais (versos de arte menor e rima asonante).
  • Estrutura: Circular.

Follas Novas (1880)

É considerada a obra máis importante de Rosalía.

Poesía intimista

  • A dor: Tema principal. Sentimento dorido da vida (para Rosalía, vivir significa sufrir).
  • A soidade: Agudiza o sufrimento (Rosalía séntese soa na vida).
  • A saudade: Sentimento de melancolía e nostalxia pola infancia. Entraña unha certa depresión.
  • A relixiosidade: Non cristiá. Os mortos interveñen na vida dos vivos.
  • O complexo de Polícrates: A infelicidade crea infelicidade.

Poesía de denuncia

Denuncia o drama da emigración dende unha perspectiva feminina.

Estrutura da obra

  • "Vaguedás" e "Do Íntimo": Intimista, subxectividade.
  • "Varia": Social e intimista, obxectiva e subxectiva.
  • "Da Terra" e "As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos": Social e costumista, obxectividade.

Eduardo Pondal

Os Eoas

Poesía épica narrativa, inspirada na obra Os Lusíadas de Camões.

Queixumes dos Pinos

Poesía Cívica

Celtismo

Pondal segue os historiadores románticos (os galegos procedemos dos celtas), inventa o pasado celta e visita pobos que conservan a cultura celta.

  • Ossianismo: Fala dun home idealizado, libre, que vive en comuñón coa natureza.
  • Bardismo: Na cultura celta, o bardo é o depositario das memorias do pobo. En Pondal, o bardo é o guía espiritual do pobo. A súa misión é despertalo, interpretar a linguaxe da terra e da natureza, e transmitila ao pobo. O bardo é un ser incomprendido e tamén ten funcións proféticas.
Helenismo

Toma dous pobos da cultura helenística (ilotas e espartanos). O pobo galego debe ser como os espartanos. Exalta a virilidade rexa e forte e o ánimo guerreiro.

Outros temas cívicos
  • Iberismo.
  • Defensa da Lingua Galega.

Poesía Lírica

  • Tema da paisaxe: É o marco onde se desenvolven as aventuras dos heroes. É agreste e salvaxe, reproduce a paisaxe de Bergantiños.
  • Simbolismo:
    • Árbore: Ascensión, fala da terra, voz da nación.
    • Aves: Liberdade.
  • Tema da muller: Perspectiva platónica, erotismo natural e concepción do amor animalizado.

Estilo e Fontes

  • Estilo: Dicotomía forza-febleza. Épitetos e marcada intención ética.
  • Fontes: Virxilio e Horacio, Dante e Luís Camões, e James Macpherson.

Pondal esforzouse por crear un modelo de lingua que se adecuase ao seu tipo de poesía, buscando a depuración de enxebrismos e cultismos gregos e latinos.


Manuel Curros Enríquez

Vida e contexto

Marcado pola morte da súa nai, do seu fillo e de Rosalía de Castro.

Aires da miña terra

  • Poesía Cívica: Temas de progreso e liberdade, forte anticlericalismo.
  • Poesía Social: Denuncia da situación dos labregos, ideoloxía progresista.
  • Poesía Costumista: (3 poemas).
  • Poesía Intimista: Poemas moi intensos.

A obra expón o seu ideario político.

O Divino Sainete

Parodia da Divina Comedia. Obra de carácter satírico que entronca coa nosa tradición satírica, cunha intencionalidade burlesca e crítica.

Tipos de Sátiras

  • Anticlerical.
  • Literaria.
  • Social.
  • De costumes.

O Infinitivo Conxugado

Sempre se usa cando é preposición + infinitivo, excepto se é imperativo.

Casos nos que non se usa

  • Cando o infinitivo forma parte dunha perífrase.
  • Cando o infinitivo non se refire a ningún suxeito.
  • Cando está rexido por un verbo modal.
  • Cando ten o mesmo suxeito que o verbo principal.
  • Cando está rexido por un verbo causativo ou sensitivo.

Perífrases Verbais

Temporais

  • Futuro: ir + infinitivo // haber + (de) + infinitivo.
  • Inminencia: estar + para + infinitivo // querer + infinitivo // haber (pretérito perfecto) + de + infinitivo.

Modais

  • Obriga: ter + que + infinitivo // deber + infinitivo // haber + infinitivo.
  • Hipótese: deber + de + infinitivo // poder + infinitivo // haber + de + infinitivo.

Aspectuais

  • Imperfectivas (Durativas): estar + a + infinitivo // ir + xerundio // estar + xerundio // andar + a + infinitivo // andar + xerundio // seguir + a + infinitivo // seguir + xerundio.
  • Perfectivas (Resultativas): acabar + de + infinitivo // deixar + de + infinitivo // dar + participio // ter + participio.
  • Incoativas (Inicio): comezar + a + infinitivo // botar + a + infinitivo // pór + a + infinitivo // dar + en + infinitivo // romper + a + infinitivo.
  • Reiterativas: volver + (a) + infinitivo // voltar + (a) + infinitivo // ter + participio.
  • Terminativas (Final): acabar + por + infinitivo // chegar + a + infinitivo // vir + a + infinitivo.

Entradas relacionadas: