O Rexurdimento Galego: Contexto Social e Autores Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,92 KB
Sociedade Galega e o Rexurdimento
En Galiza, o poder central vaise valer da rede caciquil para impor os seus intereses, consolidando un sistema de dominio que se mantén ao longo do século XIX: o inxusto sistema foral que regulaba a propiedade da terra. A emigración é o auténtico drama da sociedade galega. Quen se beneficiou deste sistema social de base agraria foron o clero e mais a fidalguía. Nestes anos, unha escasa burguesía industrial de orixe foránea comeza un limitado proceso de industrialización.
Curros Enríquez
Denunciou a situación de privilexio dos caciques fidalgos e do clero, e o abasallamento ao que estaban sometidos os labregos. Sufriu persecución por expresar as súas crenzas. Nado en Celanova en 1851, alí transcorreu a súa infancia, pero co seu pai mantivo numerosos conflitos, polo que marchou a Madrid. Estudou algúns cursos de Dereito. Escribe o seu 1º poema en galego: "Cántiga". En 1880 publica Aires da miña terra; en 1888 publica O divino sainete. Viviu os seus últimos anos en Cuba. En 1904 volveu a Galiza para ser homenaxeado na Coruña. Faleceu na Habana en 1908.
Eduardo Pondal
Creou un universo literario singular, marcado por un lirismo épico, no que salientan a exaltación das raíces celtas de Galiza e unha inquebrantable defensa do galego. Nado en Ponteceso en 1835, estudou o bacharelato en Santiago de Compostela. Tras licenciarse en Medicina e exercer a profesión durante uns anos en Ferrol, retorna á súa casa natal. Alí viviu a maior parte dos seus anos, alternando longas tempadas na Coruña, onde participou en numerosas sociedades literarias (Cova Céltica) e era coñecido co sobrenome de "O Bardo". Publicou A campana de Anllóns; en 1886 publica Queixumes dos pinos; nos seus últimos anos traballou na redacción dun poema épico denominado Os Enoas. Pondal amosouse na defensa da fala.
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885). Aos 15 anos trasládase a vivir coa súa nai a Santiago. Coñece a Eduardo Pondal. En 1856 marcha a Madrid onde coñece a Manuel Murguía. Casa con el dous anos despois, con quen ten sete fillos. A parella tivo moitas dificultades laborais, familiares e económicas. Rosalía morre aos 48 anos en Padrón. No carácter de Rosalía influíu certa inclinación ao apartamento social e o seu profundo pesimismo. Publicou 4 novelas: El caballero de las botas azules, La hija del mar, Ruinas e Flavio. Destacou máis como poeta, onde publicou Cantares Gallegos (1863) e Follas Novas (1880). Tamén publicou En las orillas del Sar. En Cantares Gallegos e Follas Novas hai un claro compromiso con Galiza e coas súas xentes.
Prexuízo (Definición)
Idea preconcebida, que ten a súa orixe nun erro (deliberado ou non) na categorización da realidade.